Curso POO PHP Membros estáticos da clase

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 01:58 13 jul 2013 de Vlourido (discusión | contribuciones) (Membros estáticos da clase)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Membros estáticos da clase

En PHP5, unha clase pode ter atributos ou métodos estáticos, tamén chamados ás veces atributos ou métodos de clase. Defínense utilizando a palabra clave static.

class Produto {
    private static $num_produtos = 0; 

    public static function novoProduto() {
        self::$num_produtos++;
    }
    
}

Pode accederse aos atributos e métodos estáticos públicos utilizando o nome da clase e o operador de resolución de ámbito.

Produto::novoProduto();

Se é atributo ou método é privado, só se poderá acceder a el dende os métodos da propia clase, utilizando a palabra self. Da mesma forma que $this fai referencia ao obxecto actual, self fai referencia á clase actual.

self::$num_produtos ++;

Os atributos estáticos dunha clase utilízanse para gardar información xeral sobre esta, como pode ser o número de obxectos que teñen instanciado. Só existe un valor do atributo, que se almacena a nivel de clase. Os métodos estáticos adoitan realizar algunha tarefa específica ou devolver un obxecto concreto. Por exemplo, as clases matemáticas adoitan ter métodos estáticos para realizar logaritmos ou raíces cadradas. Non ten sentido crear un obxecto se o único que queremos é realizar unha operación matemática.


--Víctor Lourido 14:00 30 jun 2013 (CEST)