Curso POO PHP Extensións

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:00 26 jul 2013 de Vlourido (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Extensións

Coa distribución de PHP inclúense varias extensións. O directorio no que figuran as extensións configúrase no ficheiro php.ini mediante a directiva extension_dir.

extension_dir = "\xampp\php\ext"

Para poder usar as funcións dunha extensión, tes que asegurarte de activala mediante o uso dunha directiva extension no ficheiro php.ini.

Moitas outras extensións non se inclúen con PHP e antes de poder utilizalas tes que descargalas. Para obter extensións para a linguaxe PHP podes utilizar PECL (PHP Extension Community Library). PECL é un repositorio de extensións para PHP. Xunto con PHP inclúese un comando pecl que podes utilizar para instalar extensións de forma sinxela:

pecl install nome_extensión

Outra opción é empregar o repositorio de extensións PEAR (PHP Extension and Application Repository). A principal diferencia entre PECL e PEAR é que o primeiro contén extensións desenvolvidas na linguaxe C que poden ser empregadas dende PHP, e o segundo contén extensións en código PHP que podes incluir nas túas aplicacións.

Para instalar unha extensión dende PEAR terás que facer:

pear install nome_extensión

E posteriormente para empregala na aplicación, terás que incluíla do mesmo xeito que calquera outro arquivo con código PHP, facendo referencia á súa ubicación, por exemplo:

require_once "Net/POP3.php";


--Víctor Lourido 12:56 15 jul 2013 (CEST)