Curso POO PHP Comentarios

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:57 26 jul 2013 de Vlourido (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Comentarios

Nunha páxina web os comentarios ao HTML van entre os delimitadores <!-- e -->. Dentro do código PHP, hai tres formas de poñer comentarios:

  • Comentarios dunha liña utilizando //. Son comentarios ao estilo da linguaxe C. Cando unha liña comeza polos símbolos //, toda ela se considera que contén un comentario, ata a seguinte liña.
  • Comentarios dunha liña utilizando #. Son similares aos anteriores, pero utilizando a sintaxe dos scripts de Linux.
  • Comentarios de varias liñas. Tamén iguais aos da linguaxe C. Cando nunha liña aparezan os carácteres /*, considérase que aí comeza un comentario. O comentario pode estenderse varias liñas, e rematará cando escribas a combinación de carácteres oposta: */.

--Víctor Lourido 14:40 25 jun 2013 (CEST)