Crear unha carpeta por parte dun usuario calquera e observar os seus permisos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 19:54 1 mar 2016 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Iniciando sesión como Anxo, ou dende calquera outra conta pertencente ó grupo Usuarios, pódese crear unha carpeta no interior de datos. Pero, que permisos ten por defecto esa carpeta creada? Neste momento seguro que calquera o podería adiviñar pero, non hai mellor modo de sabelo que probándoo.

Crear unha carpeta chamada DeAnxo no interior de datos. Acceder á ficha Seguridade e comprobar qué permisos por defecto ten esa carpeta. Na seguinte imaxe vemos a saída do comando get-acl executada sobre esa carpeta C:\DATOS\DeAnxo

ACL DeAnxo

Parece que non cambia nada con respecto aos permisos da carpeta C:\DATOS feita por un usuario do grupo Administradores. Pero, se nos fixamos nos permisos efectivos sobre este directorio para o usuario Anxo:

Permisos efectivos para Anxo en DeAnxo

E nos permisos efectivos sobre este directorio para outro usuario, como por exemplo Andres:

Permisos efectivos para Andres en DeAnxo

Vemos que si cambian, pois Andrés non pode cambiar permisos e, como vemos Anxo si que podería. Esto débese a que Anxo é o propietario do directorio DeAnxo e así se ve reflexado nos permisos efectivos. A verdade, non me parece o mellor xeito de ter que "descubrir" os permisos efectivos do usuario Anxo sobre o seu directorio. Sería moito máis sinxelo que aparecese o nome da súa conta na lista da ACL (unha ACE có usuario Anxo).


Volver