Creación de bases de datos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 17:42 11 ene 2013 de Veiga (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Para a realización das probas sobre PHP con acceso a base de datos eliximos a base de datos MySQL por ser libre e por ser tamén a mais empregada en contornos UNIX, para o que o servidor onde temos aloxadas as páxinas tennos que proporcionar ferramentas para creala ou acceso ao Telnet para que a cremos por nós mesmos.

O comando para crear unha base de datos MySQL dende o shell do sistema é o seguinte:

mysqladmin -u root create base_datos

Con este comando conseguimos crear a unha base de datos no servidor de bases de datos
do noso servidor.

No noso caso conectarémosno ó servidor de dominios https://www.hospedaxe.local:8080, entraremos no noso panel de control, logo a Sitios e posteriormente en Bases de Datos e engadiremos unha nova base de datos.

Unha vez conseguido isto debemos crear as táboas na base de datos, a descrición das táboas conteñen a estrutura da información que almacenaremos nelas.

Para o que usaremos en linguaxe de consultas SQL común para todas as bases de datos relacionales.

Para poder crear as táboas farémolo dende o phpmyadmin dende a dirección: https://www.hospedaxe.local:8080/phpmyadmin/ introducindo os datos do usuario da base de datos e o contrasinal para ese usuario.

Neste exemplo creamos unha táboa chamada proba con 3 campos:

  • un campo identificador, que nos servirá para identificar unívocamente unha fila co valor de devandito campo,
  • outro campo co nome dunha persoa e para rematar
  • un campo co apelido da persoa.

Para crear a táboa pode usar a ferramenta de administración de MySQL (phpmyadmin) do seu servidor web ou ben si dispón de acceso via shell, pode escribir un ficheiro de texto co contido da sentenza SQL equivalente e logo dicirlle ao motor de base de datos que a execute coa seguinte instrución (dende a shell):

mysql -u root base_datos < proba.sql
--- proba.sql ---

CREATE TABLE proba ( 
IDE_Proba int(11) NOT NULL auto_increment, 
Nome varchar(100), 
Apelidos varchar(100), 
PRIMARY KEY (IDE_Proba) 
);

--Veiga 19:22 23 oct 2012 (CEST)