Creación de dispositivos iSCSI en FreeNAS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Obxectivos

  • Neste apartado veremos todos os pasos para crear en FreeNAS un destino (target) iSCSI. Desta forma, FreeNAS poderá actuar como sistema de almacenamento nunha rede SAN.
  • Comprobaremos que FreeNAS permite exportar como destino iSCSI distintos tipos de almacenamento: un disco físico, un volume ZFS ou simplemente un ficheiro nun volume ZFS.
  • Configuraremos a autenticación CHAP para impedir o acceso ao dispositivo a equipos non autorizados.

Definir os volumes e discos a exportar por iSCSI

Neste momento, no servidor FreeNAS temos definido un pool de volumes ZFS datos que se compón de tres discos físicos de 10 GB (e temos un disco libre que usaremos agora para exportar por iSCSI), e dentro del temos definido o conxunto de datos comunalumnos. Sobre este escenario, imos crear un volume ZFS para poder así dispoñer de diferentes opcións para configurar destinos iSCSI.

Configurar o servizo iSCSI e os destinos (targets)

Iniciar o servizo iSCSI

Unha vez configurado o servizo e os destinos, só resta inicialo. Picamos na pestana Servicios:

Borrar dispositivos iSCSI en FreeNAS

  • Cando se desexe eliminar a configuración iSCSI dun equipo FreeNAS, aínda que se eliminen os volumes ou discos aos que estean asociados non se borra completamente a configuración iSCSI e iso pode facer que se no futuro lle engadimos novos discos a FreeNAS a configuración iSCSI non eliminada nos interfira na configuración dos novos volumes/discos.
  • Imos ver que teríamos que eliminar para borrar por completo a configuración iSCSI, aínda que realmente non nos interesa borrar ningún dos destinos iSCSI definidos, xa que os imos utilizar en escenarios posteriores.
  • Por iso imos sacarlle partido ás instantáneas de VirtualBox para poder facer os cambios que queiramos e volver poñer a máquina no estado inicial despois de feitas as probas que nos interesan.




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --