Copias de seguridade: datos, música, ficheiros comprimidos e backups

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Nesta sección imos ver distintas formas de facer copias de respaldo dos datos/música/vídeos/etc. do usuario. A forma máis sinxela sería copiar de forma manual cada certo tempo os documentos a un disco externo USB ou a un CD/DVD, pero imos ver como usar algunha ferramenta específica para facer copias de xeito periódico das carpetas que nos interese.


CD-ROM/DVD

Comezarase manipulando os soportes de CD-ROM/DVD, tanto de música como de datos. Tamén se verá como xestionar imaxes ISO. (Unha imaxe ISO é un ficheiro que contén unha copia exacta dun contido dun CD-ROM/DVD).

Todo canto se explique para un CD-ROM é aplicable a un DVD.

CDs de datos

Gravar un CD a partir dunha imaxe ISO

Inserir un CD-ROM en branco

Copiar un CD-ROM ou facer imaxe .ISO

Dun CD de datos pódese realizar unha copia ou crear unha imaxe .ISO. No primeiro caso se só se ten unha unidade lectora/gravadora o sistema fará unha copia intermedia no disco duro e logo pedirá que se insira o CD en branco no que facer a copia final.

CDs de son

Un disco de son é o CD de música de toda a vida, o que se merca nas tendas. Ollo, que non sería un CD con ficheiros MP3; este último sería o mesmo que un CD de datos só que os ficheiros no canto de ser fotos, documentos, etc. son ficheiros MP3.

Copiar un disco de son

Extraer cancións

Consiste en crear ficheiros que conteñan cada unha das cancións dun CD-Audio. Existen varios formatos aos que se pode extraer, pero o máis usado por agora é MP3 (Un formato privativo).

Para poder extraer a ese formato é preciso instalar o paquete: gstreamer0.10-plugins-ugly

Crear un CD de son a partir de ficheiros mp3

O proceso contrario a extraer un CD-Audio é crear un CD de audio a partir dos ficheiros de música (xeralmente en formato .mp3).

Ficheiros comprimidos

Hai veces que interesa facer un paquete que conteña cunha serie de ficheiros e carpetas. Existen varios formatos de empaquetado ou compresión, os máis coñecidos son: .tar (Nativo de UNIX), gzip, .zip, .rar.

Estes ficheiros son útiles para facer copias de seguridade e telas nun só ficheiro, por exemplo cos exames de 1º ESO do curso 13-14. Tamén se hai que pasarlle a un compañeiro varios arquivos (as fotos do entroido) por correo electrónico, no canto de subir unha a unha, pódese crear un arquivo comprimido cunhas cantas e pasarlle ese arquivo. O compañeiro no outro lado deberá descomprimilo.

Crear un ficheiro comprimido

Extraer o contido dun ficheiro comprimido

Ficheiros comprimidos .rar

Ubuntu, por defecto, non comprime nin descomprime ficheiros en formato .rar. A estas alturas do curso, seguro que o usuario é quen de buscar no Centro de software de Ubuntu, ou no seu defecto, por Internet, que programas hai que instalar para ter esa funcionalidade.

Copias de seguridade

Unha maneira máis profesional de facer copias de seguridade é usar programas específicos para iso. Para GNU/Linux existen infinidade de utilidades para tal fin, unhas en formato texto outras con contorna gráfica, unhas complexas outras sinxelas, etc.

Copia completa / Copia incremental

Unha vez seleccionadas as carpetas/ficheiros das que se vai realizar copia, esta pode ser:

  • Copia completa: copia absolutamente todo o contido nesas carpetas.
  • Copia incremental: copia só os arquivos/carpetas que se modificaron ou crearon de novos dende a última copia de seguridade (sexa a última completa ou incremental).

Nin que dicir ten que para que as copias de seguridade sexan efectivas estas deben realizarse, como mínimo, fóra do ordenador a protexer. Poderían facerse por exemplo nun disco USB (ou varios) que se manteñan nun sitio afastado do ordenador.

Recuperar información

A información pode ser preciso recuperala por que se eliminou accidentalmente, se estragou o ficheiro ou se quere recuperar unha versión anterior dun ficheiro.

Para recuperar:

  • Un ficheiro: hai que buscar en todas as copias, comezando dende a última completa, mirando unha a unha as incrementais ata a última na que está.
  • Todo: recuperar a última completa e logo cada unha das incrementais ata a última. Isto deixará o sistema no mesmo estado que na última copia incremental.

Escenario previo

Para realizar esta práctica creouse no escritorio de noa dúas carpetas:

  • carpeta orixe: contén os arquivos dos que se vai facer copia de seguridade
  • carpeta backup: onde se vai facer a copia de seguridade (non debería estar no mesmo ordenador, pero é para realizar a explicación).

Realizar copias de seguridade con Déjà Dup

Ubuntu xa trae por defecto unha ferramenta de copia de seguridade moi sinxela chamada Déjà Dup. Imos ver como realizar e programar copias de seguridade con esta ferramenta:

Restaurar/Recuperar información con Déjà Dup

O obxectivo das copias de seguridade é o de recuperar a información en caso de borrado accidental de datos ou perda dos mesmos por algún fallo no disco no que están almacenados. Imos ver como podemos recuperar algún ficheiro perdido a partir dunha copia de seguridade feita con Déjà Dup:



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez