Diferencia entre revisiones de «Control dinámico da memoria (DMC)»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Xestión de DMC)
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 15:21 9 nov 2014

Introdución

  • XenServer (e XCP) son capaces de axustar a cantidade de memoria que consume cada MV en execución.
  • Poden manter a cantidade de memoria de cada MV entre uns valores mínimo, dos cales a MV nunca vai baixar, e un valor máximo do cal a MV nunca vai subir e que sempre vai consumir mentres o host teña memoria física dispoñible.
  • No caso de que ao iniciar unha MV o host XenServer non dispuxera de RAM física para ela, entón as MVs en execución con Control Dinámico da Memoria (DMC) van reducir a cantidade de memoria que consumen, sempre sen baixar do mínimo, para liberar memoria física para a nova MV.
  • Sen DMC unha MV sempre consume a mesma RAM física, e se o host está usando toda a súa RAM e se inicia unha nova MV entón vaise obter o erro out of memory.
  • Unha MV debe ter instalado XenServer tools para usar DMC.

Xestión de DMC

  • A continuación vaise realizar un exemplo con 2 MVs coas Tools instaladas e unha terceira que non.





-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)