Diferencia entre revisiones de «Configuración e manexo de italc en Linux»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 20:31 7 abr 2016

Neste apartado imos ver a instalación, configuración e manexo de Italc en equipos Linux

Desactivar servidor VNC

Igual que se explicou na instalación de Italc en Windows, é moi conveniente desactivar o servidor VNC no equipo ao instalar Italc:

Instalación de Italc

  • O primeiro paso será instalar o software, tanto nos equipos do alumnado como no do profesor.
  • O repositorio de Ubuntu inclúe o programa Italc, e coa aplicación de Centro de software de Ubuntu poderíamos buscalo e instalar moi facilmente tanto a parte de alumno (cliente) como a do profesor (xestor) como se ve na imaxe:

Mv 15 italc ubuntu 01.png

  • Pero nas probas realizadas, a aplicacións quédase colgada e non remata a instalación do paquete, polo que imos usar directamente o comando apt-get para instalar os paquetes necesarios.

Instalación no equipo do profesor

  • No equipo do profesor, instalaremos o paquete italc-master, introducindo nun terminal o seguinte comando:
sudo apt-get install italc-master

Instalación no equipo do alumnado

  • No equipo do alumnado, instalaremos o paquete italc-client:
sudo apt-get install italc-client

Configuración do arranque automático do servizo de Italc

  • O paquete italc-client non ven configurado para arrancar automaticamente o servizo de Italc no inicio de sesión dos usuarios no equipo, e tería que ser o usuario o que iniciase de forma manual o programa. Imos ver que podemos facer para que o programa se inicie automaticamente para todos os usuarios.
  • Teremos que crear un ficheiro dentro da carpeta /etc/xdg/autostart. Por exemplo, podemos crear o ficheiro /etc/xdg/autostart/ica.desktop co comando sudo nano /etc/xdg/autostart/ica.desktop
  • Neste ficheiro introduciremos o contido que se mostra a continuación:
[Desktop Entry]
Version=1.0
Name=iTALC client
Comment=iTALC client daemon
Exec=/usr/bin/ica
Terminal=false
Type=Application
StartupNotify=false
Categories=GNOME;KDE;System;
X-Ubuntu-Gettext-Domain=ica

Configuración das chaves de autenticación

  • Igual que fixemos en Windows, teremos que configurar as chaves de autenticación para que o equipo do profesorado poida controlar o do alumnado.

Executar Italc

Xa temos lista a aplicación para funcionar. Pechamos sesión co usuario e iniciamos de novo para que se inicie o servizo de Italc e poder probalo:


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --