https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Configuraci%C3%B3n_do_servidor_Samba&feed=atom&action=historyConfiguración do servidor Samba - Historial de revisiones2024-03-29T10:20:13ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Configuraci%C3%B3n_do_servidor_Samba&diff=62834&oldid=prevCarrion: /* Proporcionarlle a samba o contrasinal do LDAP. Reinicio servizo */2017-10-19T21:03:37Z
Proporcionarlle a samba o contrasinal do LDAP. Reinicio servizo

Página nueva

==Introdución==

*Neste apartado imos realizar a configuración básica do servidor samba, para poder utilizalo como un servidor de dominio Windows e que tome os usuarios do servidor LDAP.

==O ficheiro /etc/samba/smb.conf==

*Todos os parámetros de configuración do servidor samba residen no ficheiro '''smb.conf''', que podemos atopar na ruta '''/etc/samba/smb.conf'''.

*Este ficheiro contén un montón de parámetros (cada un nunha liña coa sintaxe ''parámetro = valor'') agrupados en '''seccións'''.

*Ao comezo de cada sección indícase por unha liña que contén o nome da sección entre corchetes (por exemplo ''[global]'', ''[homes]'', ''[comun]'', etc.), e a continuación todos os parámetros que se inclúan nas seguintes liñas pertencen a esa sección.

*O fin dunha sección márcase co comezo da seguinte sección, ou co final do ficheiro.

*Cada sección describe os parámetros de configuración dun recurso compartido, e o nome da sección será o nome do recurso compartido.

*Así, a sección '''[comun]''' define o recurso compartido ''comun'', e dentro dela definiremos os parámetros do recurso: que carpeta se comparte, con que permisos, etc.

*'''Hai tres seccións especiais:

**'''[global]''': Esta é a sección que engloba os parámetros de configuración globais do servidor samba, e polo tanto é a única que non se corresponde con un recurso compartido.

**'''[homes]''': É un recurso compartido especial que comparte todas as carpetas persoais dos usuarios, de forma que cando un usuario inicia sesión no servidor samba, verá a súa carpeta persoal.

**'''[printers]''': É un recurso compartido especial que comparte todas as impresoras do equipo.

*Podemos contar por centos o número de parámetros que pode conter o ficheiro de configuración de samba, así que o que se presenta aquí é un exemplo de configuración cos parámetros de configuración máis relevantes explicados con comentarios (as liñas que comezan por # son comentarios), pero por suposto dependendo das circunstancias concretas pode ser necesario axustar outros parámetros que no exemplo non aparecen.

*Remítese ao lector/a ao manual do ficheiro ''smb.conf'' ([http://us1.samba.org/samba/docs/man/manpages-3/smb.conf.5.html http://us1.samba.org/samba/docs/man/manpages-3/smb.conf.5.html]) para obter información dos parámetros que se poden usar.

*No noso caso, o paquete do servidor samba inclúe un ficheiro ''smb.conf'' con unha serie de información de exemplo e moitos comentarios; pero nós imos completar o noso ficheiro de configuración dende cero.

*Así que renomeamos o ficheiro ''/etc/samba/smb.conf'' e comezamos a editar un novo ficheiro baleiro con este mesmo nome.

'''mv /etc/samba/smb.conf /etc/samba/smb.conf.orixinal

*Introducimos a liña que marca o comezo da sección ''global'' do novo ficheiro /etc/samba/smb.conf:

'''[global]

=== Parámetros básicos na rede Windows ===

A continuación introducimos os parámetros básicos para o servidor de samba na rede Windows, como é o nome do equipo, descrición, etc:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div" line highlight="5,8,11,14,23">

# PARAMETROS BASICOS DA REDE WINDOWS

# Nome do dominio

workgroup = IESCALQUERA

# Nome do equipo na rede Windows

netbios name = dserver00

# Descricion do equipo na rede Windows

server string = Servidor de dominio do IES Calquera

# O servidor actua como servidor WINS (Resolucion de nomes na rede Windows)

wins support = yes

# O parametro security e un dos mais importantes, xa que determina o modo en que samba controla o acceso

# aos recursos compartidos. Os valores posibles son:

# share: Establecese unha autenticacion por recurso compartido. Non se recomenda

# user: Opcion por defecto. O usuario autentificase ao acceder ao servidor

# domain: Usaremola cando o equipo estea integrado nun dominio Windows NT e samba valida os usuarios contra o PDC

# server: Samba valida os usuarios contra outro servidor samba

# ads: Usaremola cando o equipo estea integrado nun dominio con Active Directory. Samba usara kerberos para autenticarse

security = user

</syntaxhighlight>

=== Parámetros para actuar como controlador de dominio ===

Os seguintes parámetros configuran o servidor samba como un controlador dun dominio Windows:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div" line highlight="">

# PARAMETROS DE CONTROLADOR DE DOMINIO WINDOWS

# Para activar a autentificación de clientes do dominio

domain logons = yes

# Este número indica na rede Windows o tipo de sistema operativo do equipo. Desta maneira, estamoslle

# dicindo ao resto dos equipos da rede Windows que este equipo e un servidor

os level = 65

# Para que actúe como servidor do dominio

domain master = yes

# Este parametro e necesario para que se poida iniciar no dominio en clientes con Windows 10

server max protocol = NT1

# Conecta a carpeta persoal do usuario na unidade Z: do cliente

logon drive = Z:

# Indica onde se atopa a carpeta persoal do usuario (\\Servidor\NomeUsuario)

# Teremos que compartir con samba os directorios home dos usuarios para que esa comparticion exista

logon home = \\%N\%U

# Indica onde se almacena a configuracion persoal do usuario (o seu perfil)

# Por defecto gardase dentro do directorio persoal, pero poderia interesarnos gardalos nunha carpeta

# particion aparte, poñendo por exemplo o valor \\%N\perfis\%U

# Isto verase na parte VI do curso

# logon path = \\%N\%U\profile

</syntaxhighlight>

=== Parámetros para utilizar o servidor LDAP como ''backend'' ===

Para configurar samba para que use o LDAP como ''backend'', introducimos a seguinte configuración:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div" line highlight="">

# PARAMETROS PARA OBTER OS USUARIOS DO LDAP

# Indicamos que use o servidor LDAP para obter os usuarios. Non e necesaria a conexion segura xa

# que o servidor LDAP esta na mesma maquina. Tamen poderiamos poñer ldapi:///

passdb backend = ldapsam:"ldap://localhost"

# Parametros para a conexion co LDAP e localizar os distintos elementos

ldap suffix = dc=iescalquera,dc=local

ldap user suffix = ou=usuarios

ldap group suffix = ou=grupos

ldap machine suffix = ou=maquinas

ldap idmap suffix = ou=idmap

ldap admin dn = cn=admin,dc=iescalquera,dc=local

ldap ssl = no

ldap passwd sync = yes

# Con estes parametros samba usara o servidor LDAP para obter a asignacion

# entre UIDs e GIDs cos identificadores dos usuarios en Windows:

idmap backend = ldap:ldap://localhost

idmap uid = 10000-20000

idmap gid = 10000-20000

# Estes scripts permiten que o servidor de samba poida dar de alta maquinas no LDAP (por exemplo,

# cando se agrega un equipo no dominio) e xestionar os usuarios e grupos, de forma que se poden

# manipular con ferramentas de xestión de Windows:

add user script = /usr/sbin/smbldap-useradd -a -m '%u'

delete user script = /usr/sbin/smbldap-userdel '%u'

add group script = /usr/sbin/smbldap-groupadd -p '%g'

delete group script = /usr/sbin/smbldap-groupdel '%g'

add user to group script = /usr/sbin/smbldap-groupmod -m '%u' '%g'

delete user from group script = /usr/sbin/smbldap-groupmod -x '%u' '%g'

set primary group script = /usr/sbin/smbldap-groupmod -g '%g' '%u'

add machine script = /usr/sbin/smbldap-useradd -w '%u'

</syntaxhighlight>

=== Parámetros de rexistro e rendemento ===

Os seguintes parámetros axustan os ficheiros e nivel de rexistro (log) do servidor samba e axustes para obter un mellor rendemento:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div" line highlight="">

# PARAMETROS DE REXISTRO E RENDEMENTO

# Desta forma o servidor samba manten un ficheiro de rexistro por cada cliente que se conecta

log file = /var/log/samba/log.%m

# Tamano maximo dos ficheiros de rexisto (en KB)

max log size = 1000

# O servidor mostrase como un servidor de tempo para os clientes Windows

time server = yes

# Opcions de rendemento recomendadas para Linux

socket options = TCP_NODELAY SO_RCVBUF=8192 SO_SNDBUF=8192

# Evita que busque por dns nomes de equipo de NetBIOS

dns proxy = no

</syntaxhighlight>

=== Parámetros para a compartición de recursos ===

Os seguintes parámetros poden ser interesantes na compartición de carpetas por samba:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div" line highlight="">

# PARAMETROS DE COMPARTICION DE RECURSOS

# Oculta para os clientes ficheiros especiais como sockets e dispositivos

hide special files = yes

# Comparte como ocultos os ficheiros que comezan por punto (os ocultos de Linux)

hide dot files = yes

# Oculta para os clientes os ficheiros e directorios para os que o usuario non ten permiso de lectura

hide unreadable = yes

</syntaxhighlight>

*Gardamos o ficheiro

== Proporcionarlle a samba o contrasinal do LDAP. Reinicio servizo ==

* Para rematar a configuración do servidor samba, temos que proporcionarlle o contrasinal do administrador do LDAP (indicado no parámetro ''ldap admin dn'') para que poida acceder a este servizo con privilexios administrativos. Este contrasinal non se almacena como un parámetro máis do servidor de samba porque o ficheiro de configuración de samba pode ser lido por todos os usuarios, e é conveniente gardalo nun ficheiro máis seguro (ficheiro ''secrets.tdb'').

* Para subministrar a clave usaremos o comando '''smbpasswd''':

'''smbpasswd -w abc123.

* E reiniciamos o servidor samba para activar a configuración:

'''service smbd restart

*Para asegurarse do funcionamento correcto de samba recoméndase reinicar o servidor dserver00.

-- [[Usuario:antonio| Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion| Carlos Carrión Álvarez]]
Carrion