Configuración do idioma

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 00:37 7 mar 2015 de Carrion (discusión | contribuciones) (O usuario escolle o idioma)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Ao rematar de instalar Ubuntu dende o CD ou dende o USB, se no proceso de instalación non se tiña conexión a internet, o sistema non ten tódolos paquetes de idioma instalados. Por iso se ven anacos en galego e anacos en inglés. Agora como xa se ten configurada a rede xa se pode pasar a actualizar o idioma galego e a instalar outros.

Actualizar o soporte de idiomas

Ao finalizar a instalación, se non se tiña conexión a internet perante ese proceso, ao entrar por primeira vez o sistema notificou que soporte de idiomas estaba incompleto. Para rematar de instalalo ...

Instalar idiomas

Unha vez que o sistema descargou tódolos paquetes precisos para dar soporte para idiomas é momento de escoller ás linguas que se desexan instalar no sistema. Deste xeito, se se instalan varias, logo cada usuario é libre de escoller o idioma no que desexa traballar.

O usuario escolle o idioma

  • Volvemos a iniciar sesión.
  • O que se vai realizar a continuación é moi útil para as seccións bilingües, pois nun mesmo ordenador cada usaurio pode decidir en que idioma desexa traballar e non afectar aos demais usuarios.

Cada usuario pode escoller o idioma co que desexa traballar, iso implica que tamén poden mudar as unidades de medida, a moeda, etc. Ou sexa nun mesmo ordenador cada usuario decide en que idioma desexa traballar.

Antes de escoller o idioma abrir en Nautilus (Nautilus é un explorador de ficheiros) o cartafol do usuario sengundo se amosa na imaxe:

00 Ubuntu Desktop Ed 2015 Inicio Ubuntu 31A.jpeg

  • Observar como o nome dos cartafoles que se atopan dentro do cartafol persoal están en galego.


Idioma por defecto do sistema

Actualmente hai moitas aplicacións traducidas (localizadas) ao galego, pero sempre pode aparecer algún menú non traducido, nese caso mostrarase no idioma dispoñible seleccionado no seguinte lugar ao galego. Para quen desexe colaborar na localización da vindeira versión de Ubuntu, pode colaborar en: https://translations.launchpad.net/ubuntu O coordinador oficial da tradución de Ubuntu ao galego é Felipe Gil.

  • A continuación vaise configurar o idioma español para todo o equipo. Así cando haxa usuarios novos estes terá o idioma por defecto en español, logo poderán cambiar o seu idioma persoal.
  • Indicar que unha vez feito isto, no ordenador no que se elabora o material, volveuse a poñer a configuración do idioma en galego para todo o sistema.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez