Configuración de OwnCloud no dominio

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 00:13 28 nov 2017 de Antonio (discusión | contribuciones) (Configurar unha conexión automática para grupos de usuarios)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • Imos ver os pasos a seguir para configurar en ownCloud o acceso dos usuarios do dominio e a conexión coas carpetas compartidas


Activar os aplicativos necesarios

  • OwnCloud permite engadir distintos aplicativos para ofrecer funcionalidades que están fóra da instalación base. Entre eles, está o necesario para autenticar os usuarios contra un servidor LDAP (válido tamén para Active Directory e Samba4) e para conectarse con carpetas externas.
  • Imos activar estes dous aplicativos no noso ownCloud:

Configurar a autenticación dos usuarios do dominio

  • Co aplicativo de LDAP backend instalado, simplemente teremos que configurar os datos do servidor LDAP e os usuarios e grupos que poderán ter acceso a ownCloud.


Aprende.png
TEN EN CONTA QUE...

Para simplificar a configuración, imos utilizar o protocolo ldap para a autenticación dos usuarios contra o controlador do dominio. É evidente que se o servidor no que reside ownCloud non é o mesmo que o controlador do dominio e o tráfico entre eles pode ser espiado, sería recomendable usar o protocolo ldaps para cifrar esa comunicación. Nesta páxina da documentación de ownCloud podes atopar información detallada sobre a configuración da autenticación contra LDAP:


Conectarse ás carpetas do dominio con Owncloud

  • Agora que os usuarios do dominio xa poden acceder a ownCloud, o que queremos é que conecten na súa conta as distintas carpetas compartidas do dominio.
  • Imos facer uso do aplicativo de almacenamento externo, que permite conectar dende ownCloud diversos soportes de almacenamento, dende carpetas locais no servidor no que se executa ownCloud ata servizos de almacenamento na nube como Google Drive, así como carpetas compartidas por CIFS (que é o que usaremos no noso caso).

Configurar unha conexión automática para grupos de usuarios

  • O máis cómodo é configurar dende a administración de ownCloud a carpetas que queremos que se conecten para todos os usuarios.
  • Dende a versión 7, ownCloud permite utilizar as credenciais (usuario e contrasinal) que o usuario introduce para iniciar sesión para conectarse a carpetas compartidas por CIFS. Esta opción é ideal para un dominio local, xa que o sistema de almacenamento está usando os mesmos usuarios do dominio que usa ownCloud.

Configurar unha conexión particular para un usuario

  • Ademais de conectar as carpetas que nos interesan de forma automática para os usuarios do dominio, tamén podemos permitir que o usuario configure as carpetas que queira conectar con ownCloud, usando diversos protocolos:




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez