Configuración básica da rede

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 23:30 6 mar 2015 de Carrion (discusión | contribuciones) (Tarxeta de rede de cable)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Antes de nada comprobe se pode ou non navegar en Ubuntu por internet co navegador Mozilla Firefox. Se así é, vostede xa ten a rede configurada dun xeito automático, a través do que se coñece por DHCP. Pero véxase que significa configurar a tarxeta de rede para poder navegar e comunicarse nun futuro con outros ordenadores da rede LAN onde este proceso de configurar a IP haxa que facelo manualmente.


Conceptos básicos

Todo ordenador para poder comunicarse con outros precisa configurar unha serie de parámetros. Aquí daranse unhas breves explicacións sobre o direccionamento IP. Esta sinxela explicación é para poder entender como se comunican os ordenadores entre si, e dado que o grupo de participantes no curso é moi heteroxéneo haberá persoas que precisen coñecer un pouco sobre isto, e outras poida que non:

  • Enderezo IP: está composta por catro números (do 0 ó 255) separados por puntos. Exemplos: 10.3.145.2, 11.3.145.2, 192.168.3.2, 192.169.3.2, 240.234.1.159, etc. Cada un destes serve para identificar un ordenador dentro dunha rede de ordenadores, por tanto, ese número non se pode repetir dentro da rede. É como ó número de teléfono dunha casa, ou as extensións nunha oficina.


  • Máscara de rede ou máscara de subrede: serve para dicir que parte do enderezo IP identifica á rede e que parte do enderezo IP identifica aos equipos dentro da rede.
    • Antes de poñer ningún exemplo, analícese o seguinte símil: o número de teléfono 981 112233 e o número 986 112233. Os dous números, neste caso, son iguais, só que en provincias distintas. O prefixo permite distinguir entre provincias, e deste xeito dúas casas en provincias distintas poden ter o mesmo número, pero dúas casas na mesma provincia non poden ter o mesmo número.
    • As máscaras úsanse para distinguir nun enderezo IP que parte é provincia ou prefixo, isto é, rede e que parte do enderezo IP é teléfono, isto é, número de equipo dentro da rede.
    • A máscara está composta tamén por catro números de 0 a 255, separados por puntos. Son exemplos típicos, aínda que pode haber outros: 255.0.0.0, 255.255.0.0, 255.255.255.0, etc.
    • Un enderezo IP non é nada sen a súa máscara, obsérvense os seguintes exemplos de pares IP/ Máscara:
      • 10.1 .2.3 / 255.0.0.0
      • 10.2.3.124 / 255.0.0.0
      • 11.1.2.3 / 255.0.0.0
      • 180.3.2.2/ 255.255.0.0
      • 192.168.13.90/ 255.255.255.0
      • Por regra xeral, onde na máscara haxa un 255 o número correspondente da IP identifica á rede e os demais números da IP identifican ao equipo dentro da rede. Así tense:
      • 10.1.2.3 / 255.0.0.0: Rede: 10, equipo dentro da rede 10: 1.2.3
      • 10.2.3.124 / 255.0.0.0: Rede: 10, equipo dentro da rede 10: 2.3.124
      • 11.1.2.3 / 255.0.0.0: Rede: 11, equipo dentro da rede 11: 1.2.3
      • 180.3.2.2/ 255.255.0.0: Rede: 180.3, equipo dentro da rede 180.3: 2.2
      • 192.168.13.90/ 255.255.255.0: Rede: 192.168.13, equipo dentro da rede 1192.168.13: 90
      • Os 2 primeiros enderezos pertencen a ordenadores que están na mesma rede 10, e os ordenadores teñen identificacións distintas. O 3º enderezo IP, ten o mesmo número de equipo que o primeiro pero están en redes distintas (rede IP 10 e rede IP 11). Observar nas dúas ultimas que parte é rede e que parte é equipo dentro da rede.


  • Porta de enlace: cando nunha nunha oficina, nun IES, ... se teñen varias extensións de teléfono e se precisa realizar chamadas ao exterior, entón é preciso ter unha centraliña. Esta debe ter un número para indicar que queremos acceder a ela, xeralmente é o número "0" que se marca antes de cada número. Pois ben, extrapolado a internet a centraliña sería o "router". Este tamén terá un enderezo IP. Cada ordenador debe ter configurado, isto é, coñecer cal é a IP do router para poder saír ao exterior, do mesmo xeito que cada usuario sabe que ten que marcar o "0" para poder marcar un número exterior a través da centraliña.


  • Servidor DNS:Ninguén coñece tódolos números de teléfono de todo o mundo. Cando non se sabe un número de teléfono dunha amiga, unha das cousas que se pode realizar é chamar a estas compañías de información telefónica. Pero para poder chamalas precísase coñecer o seu número de teléfono.
    • As comunicacións entre ordenadores prodúcense de IP orixe a IP destino. Igual que no teléfono. Non chega con saber o nome da amiga para chamala, hai que saber o seu número de teléfono.
    • Aquí é semellante, ninguén coñece tódalas IPs de tódolos servidores do mundo. O que se coñece son os seus nomes de dominio, por exemplo: www.edu.xunta.es, www.usc.es, www.terra.es, etc. Pois ben, hai servidores polo mundo adiante que almacenan eses nomes de dominio e cal é a IP que lle corresponde. Ao igual que as empresas de información telefónica almacenan o nome do propietario do teléfono e o seu número. Por tanto, cando alguén se quere conectar a www.terra.es, antes o ordenador deberá achar a súa IP, para iso debera coñecer ó enderezo IP dun servidor DNS ao que preguntarlle, do mesmo xeito que se precisa coñecer o número de teléfono dunha empresa de información telefónica.

Para quen desexe afondar pode consultar consultar estes apuntes do profesor Jesús Arribi.


Para configurar estes catro valores non vale calquera valor, do mesmo xeito, que ninguén se pode asignar un número de teléfono así mesmo, nin se chama o número de teléfono que lle apeteza para obter información.

Estes catro valores: Enderezo IP, Mascara, Porta de enlace e Servidor DNS, deben ser proporcionados polo administrador da rede ou pola empresa á que se lle ten contratado o acceso a internet.

Estes catro valores, así mesmo, poden ser configurados no ordenador dun xeito automático, sen intervención do usuario. Para iso na rede debe existir un servidor especial, chamado servidor DHCP. Se o ordenador está configurado para obter os catro valores de xeito automático, cando se acenda vai preguntar oe, alguén pode darme os catro valores que preciso para poder conectarme con todo o mundo?. Grazas. Se hai servidor DHCP na rede enviaralle eses valores e esa mesma dirección IP non a dará a ningún outro. Ese servidor DHCP pode estar instalado nun ordenador ou no router que nos facilita a compañía de teléfono para conectarse a internet.

Coñecer a configuración IP do ordenador no sistema MS Windows

Se o MS Windows do que se dispón pode navegar por internet é interesante coñecer a súa configuración IP, pois será a mesma que se usará para o Ubuntu. Os dous sistemas (Windows e Ubuntu) non poden estar iniciados simultaneamente, por tanto pódense usar os mesmos parámetros de configuración IP para un S.O. que para o outro.


Para coñecer a configuración IP de MS Windows hai varias maneiras, unha delas é ir o Panel de control de MS Windows: Inicio -> Panel de control ou Inicio -> Configuración -> Panel de control


Se non se é administrador de MS Windows e non se ten a posibilidade de selo non se van poder ver ás dúas últimas pantallas de configuración. Para subsanar ese problema realizarase a consulta a través dunha ventá de MS-DOS. Para iso: Inicio -> Programas -> Accesorios -> Símbolo del sistema.

Unha vez no símbolo do sistema execútese: ipconfig /all (premer ENTER).

Configurar os parámetros IP en Ubuntu

Se vostede pode navegar por internet dun xeito automático non precisa realizar ningún cambio na configuración de rede. Aínda así, exponse a continuación como se configuran as tarxetas de rede, ben Wifi ou ben de cable, tanto de xeito manual como automático por DHCP, (configuración, está última, por defecto).


Tarxeta de rede de cable

Tarxeta de rede sen fíos (WIFI)


Se finalmente, se pode navegar por internet é que o ordenador ten unha configuración IP correcta. Ollo que o menú do Firefox está arriba na barra superior. Hai que ir co rato ate alí para velo. Pero isto xa se verá máis afondo na parte IV do curso.

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Inicio Ubuntu 20.jpeg


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez