https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Configuraci%C3%B3n_avanzada_do_cliente_NFS_dentro_do_dominio&feed=atom&action=historyConfiguración avanzada do cliente NFS dentro do dominio - Historial de revisiones2024-03-29T02:23:27ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Configuraci%C3%B3n_avanzada_do_cliente_NFS_dentro_do_dominio&diff=15525&oldid=prevAntonio en 02:14 15 mar 20102010-03-15T02:14:11Z

Página nueva

== Problemas co acceso ás carpetas persoais ==

* En principio parece que montar en /home pode ser unha solución adecuada, pero imos ver algúns problemas.

=== Inicio de sesión do usuario administrador ===

* Vemos que ao acceder co usuario local administrador, xa non ten acceso a súa carpeta persoal, e accede á carpeta persoal do usuario administrador do servidor, aínda que non son o mesmo usuario.

=== Creación dun novo usuario local ===

* Non podemos crear usuarios locais, xa que non se pode crear as súas carpetas persoais.

== Como resolver estes problemas ==

* Imos montar as carpetas dos usuarios do dominio en /home/iescalquera, e así evitamos conflitos cos usuarios locais.

* No cliente, desmontamos a carpeta /home. Teremos que entrar como ''root'' para poder desmontala, xa que senón estará en uso:

umount /home

* No servidor, desmontamos a carpeta /home co webmin (Sistema->Sistemas de archivos de disco y red). Non podemos ter aberta sesión co usuario administrador, xa que así non poderemos mover o directorio /home. REVISAR, porque parece que hai que desmontar varias veces ata que a quita.

* Montar a partición que almacena as carpetas persoais dos usuarios en /home/iescalquera.

* Movemos a carpeta do usuario administrador a /home (Faríamos o mesmo con todos os usuarios locais que puideramos ter no servidor). Usamos o módulo de Explorador de arquivos do webmin, na categoría Otros.

* Xa podemos iniciar sesión no servidor co usuario administrador.

* Agora temos que cambiar o directorio home dos usuarios do dominio:

** Con JXplorer

** Cos comandos ldapsearch e ldapdelete:

*** Exportamos a rama de usuarios a un ficheiro LDIF (Identificámonos como administrador para poder ver os contrasinais dos usuarios):

ldapsearch -D cn=admin,dc=iescalquera,dc=local -W -H ldap://localhost -b ou=usuarios,dc=iescalquera,dc=local > usuarios.ldif

*** Borrado recursivo da rama de usuarios:

sudo ldapdelete -x -D cn=admin,dc=iescalquera,dc=local -W -r "ou=usuarios,dc=iescalquera,dc=local"

*** Usamos o editor sed para substituír /home por /home/iescalquera

sed 's/\/home/\/home\/iescalquera/' usuarios.ldif > usuarios2.ldif

*** Co comando ldapadd engadimos de novo as novas entradas:

sudo ldapadd -x -D cn=admin,dc=iescalquera,dc=local -W -f usuarios2.ldif

Exportar por nfs /home/iescalquera no servidor con webmin. Modificamos a exportación de /home cambiando o directorio a exportar. Picamos en '''Aplicar Cambios'''

No cliente crear a carpeta /home/iescalquera e montar por nfs no fstab a carpeta /home/iescalquera do servidor:

sudo mkdir /home/iescalquera

Liña no fstab:

10.0.0.100:/home/iescalequera /home/iescalquera nfs

Executamos o comando para montar a carpeta:

sudo mount -a

== Permisos por defecto das carpetas persoais ==

== Agregar accesos directos ás carpetas montadas por NFS ==

'''Ficheiro .gtk-bookmarks'''

-- [[Usuario:antonio| Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion| Carlos Carrión Álvarez]] -- (28 feb 2010)
Antonio