Configuración e instalación do escenario básico 6.1

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Antes de facer cousas máis complexas, vaise facer o mínimo no servidor win2k3-00 para configuralo e con usuarios e as súas carpetas persoais. Tamén funciona con servidores Windows 2008. Posto que o obxectivo deste apartado é conectar un equipo Ubuntu ó dominio de Windows, non se axustarán os permisos das carpetas dos usuarios, pero recoméndase que si se faga nun sistema real, para iso seguir o punto 8 do curso de Windows e Active Directory.


Escenario de partida

Partindo do escenario 6.1 deste apartado VI, vaise configurar o servidor Windows win2k3-00 e o equipo Ubutu Desktop cliente01, sen apenas tocar un ficheiro de configuración.

00Platega U910 Server Escenario 06.1.jpg

Crear e compartir carpeta usuarios

  • No equipo win2k3-00 crear a carpeta C:\usuarios, cos axuste dos permisos da ACL de seguridade que trae por defecto. Nesta carpeta crearanse ás carpetas persoais dos usuarios a medida que se van creando.


  • Compartir a carpeta co nome de usuarios

Platega U910 Server Sadms 04.jpeg


*Nos permisos de compartir asignarlle ó grupo Todos:Control Total.  

Platega U910 Server Sadms 05.jpeg

Alta usuarios en Active Directory

Vanse crear dous usuarios paz (profesora) e pol (alumno de asi1). Ir ó menú Inicio->Ferramentas Administrativas->Usuarios e equipos de Active Directory.

Configurar SADMS en equipo cliente01

Vaise configurar SADMS para incluír o equipo cliente01 no dominio iescalquerawin.local

Iniciar sesión cun usuario do dominio

  • Reiniciar o equipo
  • Entrar co usuario pol. Crearase a carpeta persoal de pol en /home e dentro hai un enlace net-home que apunta á carpeta persoal de pol en win2k3-00. net-home é un enlace simbólico que apunta a $HOME/.cifsmount. .cifsmount explícase no seguinte escenario.

Platega U910 Server Sadms 25.jpeg



  • Crear unha carpeta na carpeta persoal de rede de pol.

Platega U910 Server Sadms 26.jpeg


  • Pódese observar a carpeta creada dentro da carpeta persoal de pol no servidor win2k3-00.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).