Conexión do microprocesador na placa

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 20:11 19 nov 2017 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Sen contar que algunhas placas xa veñen có microprocesador integrado, en xeral, todas as placas base veñen con un zócalo especial para que sexa conectado nel o microprocesador. Como puidemos ver no apartado dos zócalos para microprocesador, existen dous grandes tipos de zócalos, os de tipo Socket e os de tipo Slot. Sexa cal sexa este, a conexión do micro na placa será moi sinxela, tal e como imos ver neste apartado.

Para unha boa colocación e configuración do microprocesador na placa, en xeral, seguiremos estes pasos:

  1. Facernos có manual da placa base e asegurarnos que o microprocesador é soportado por ela.
  2. Asegurarnos que o equipo está desconectado da rede eléctrica.
  3. Conectar a CPU no socket da placa base.
  4. Instalar o disipador có ventilador para refrixerar o microprocesador.
  5. Configurar na BIOS, por microinterruptores ou jumpers a velocidade do reloxo, o multiplicador e a voltaxe de traballo do microprocesador.

Vexamos uns exemplos prácticos para asegurarnos que se entende ben este paso tan importante da montaxe dun equipo.

  1. Instalar microprocesador na placa GA-P35T-DQ6 de Gigabyte


-- Volver