Conclusións finais

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
  • Acabamos de chegar ao final do curso de Virtualización, até agora isto sería experimentación, porque por onde hai que comezar é polo final, isto é:
    • Analizar que tipos de Servizos queremos dar coas MVs (Acostúmase a atomizar: unha MV -> moi poucos servizos, por se hai que reiniciala causar os menos problemas posibles).
    • Analizar os hosts dos que dispoñemos ou vaiamos dispoñer:
      • Similitudes na CPU
      • RAM necesaria (Hai que analizar a suma das RAMs das MVS), para que un host poida asumir as MVs ou parte doutro host que se caeu ou hai que apagar.
      • Tarxetas de rede dos hosts.
    • Infraestructura de rede:
      • Vaise separar o tráfico, ou non, de xestión, MVs e almacenamento?.
      • Vaise realizar Bonding, que tipo?
      • vaise usar Multipath?
    • Cabina de almacenamento:
      • Ten 2 ou máis interfaces de rede?.
      • Soporta iSCSI?
      • Soporta Bonding ou Multipath?
      • Cantos discos admite?
      • Imos ter todo na cabina ou imos ter unha cabina redundante?.
    • Programación das políticas de protección das MVs, cantos recursos vai consumir?


  • Todas estas, e outras, son preguntas a facerse antes de instalar unha MV nun host.
    • Primeiro boli e papel, como sempre, e aproveitar a experimentación do curso para crear os escenarios que se adapten ás nosas necesidades e que nos encaixen nas nosas posibilidades presentes e futuras.
    • E antes de crear as MVs hai que ter montada toda a infraestrutura (rede e almacenamento).
    • E como aquela frase que se oía antes cando se remataba de construír unha casa: agora había que tirala e facela de novo... para corrixir os erros cometidos.


  • A continuación amósase unha abstracción do proceso de análise:

Sv 2013 mpio 30.jpg


  • E un exemplo, tomado de EMC2, de tráfico iSCSI, NFS/SAMBA e Fibre Channel a través de HBAs e switches de Almacenamento.

Sv 2013 mpio 31.jpg




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)