Diferencia entre revisiones de «Compartir recursos no servidor de Samba»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 13:01 15 may 2014

Samba e ACLs

Samba vai recoñecer automaticamente as acls que teñamos establecidas nas carpetas compartidas. Para comprobalo, imos quitarlle á carpeta permisos de acceso a todos os usuarios que non sexan root nin pertenzan ao grupo root:

sudo chmod 750 /comun


Se intentamos acceder á carpeta dende un equipo Windows co usuario xan: Platega U910 Server Acceder Carpetas Samba2.png


Engadimos unha acl que permite acceder ao usuario:

sudo setfacl -m u:xan:rwx /comun


Agora comprobamos que si podemos acceder á carpeta. Pero imos a ir aínda un pouco máis alá. Como usuario xan dende o equipo Windows, creamos unha carpeta dentro de comun e dámoslle permisos a felipe: Platega U910 Server Acceder Carpetas Samba3.png


Comprobamos a acl da carpeta creada:

sudo getfacl /comun/Para\ Felipe
# file: comun/Para\040felipe
# owner: xan
# group: profes
user::rwx
user:felipe:rwx
group::r-x
mask::rwx
other::r-x
default:user::rwx
default:user:felipe:rwx
default:group::---
default:mask::rwx
default:other::---


Así que vemos que non só samba utiliza de forma transparente as acls, senón que dende os clientes Windows poderemos modificalas (se temo permiso para facelo; fixarse que neste caso xan é o propietario da carpeta) como se fosen carpetas compartidas por un servidor Windows.