https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Compartir_ficheiros_por_bluetooth&feed=atom&action=historyCompartir ficheiros por bluetooth - Historial de revisiones2024-03-29T07:29:40ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Compartir_ficheiros_por_bluetooth&diff=54557&oldid=prevAntonio: /* Iniciar unha conexión con un dispositivo bluetooth */2015-03-26T09:34:24Z
Iniciar unha conexión con un dispositivo bluetooth

Página nueva

== Características e uso de bluetooth ==

[[Archivo:plat_sl_12_blue_00a.jpg|300px|right|thumb|Interface bluetooth USB]]

Xa que estamos vendo como intercambiar datos entre un equipo con Ubuntu e outros equipos, imos ver tamén outra opción que nos permite intercambiar datos entre dispositivos con [http://es.wikipedia.org/wiki/Bluetooth bluetooth], como teléfonos móbiles, tablets, PDAs, etc.

''Bluetooth'' é unha tecnoloxía de [http://es.wikipedia.org/wiki/Red_de_%C3%A1rea_personal redes de área persoal] que está deseñada para conectar dispositivos entre si ou a un ordenador. Estes dispositivos poden ir dende teclados ou auriculares ata teléfonos móbiles ou tablets.

Hoxe en día é moi habitual que as ''tablets'' e os teléfonos móbiles incorporen interfaz de ''bluetooth'' (sobre todo os [http://es.wikipedia.org/wiki/Tel%C3%A9fono_inteligente smartphones]), pero para poder intercambiar datos entre estes dispositivos e un ordenador, este tamén ten que contar con un interfaz de ''bluetooth''. Algúns portátiles incorporan este interfaz, e senón podería utilizarse un interface de bluetooth por USB.

Así que, para poder probar na práctica os procesos expostos neste apartado, é necesario contar con un dispositivo con bluetooth e un ordenador con Ubuntu instalado que conte tamén con unha interface de bluetooth. Se non se dispón disto, pódese simplemente ver os pasos que se deben seguir para o intercambio de datos por bluetooth usando Ubuntu.

== A aplicación de Bluetooth ==

A aplicación de Bluetooth xa ven instalada por defecto en Ubuntu

<gallery caption="A aplicación de Bluetooth" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Plat_sl_12_blue_00.jpg| Iniciamos a aplicación dende o ''Dash''.

Imagen:Plat_sl_12_blue_01.png| Os dous interruptores da parte superior permiten activar ou desactivar a interface de bluetooth (hai que telo activado para poder transmitir datos) e facer o equipo visible para outros dispositivos con bluetooth. Esta última opción só a activaremos se queremos iniciar a conexión dende o dispositivo externo. Logo vemos a lista de dispositivos definidos, de momento baleira. Por último, a opción de ''Mostrar o estado do Bluetooth na barra do menú'' activada fará que se mostre o estado da conexión na icona que se pode ver na barra no menú de Ubuntu con símbolo de Bluetooth.

</gallery>

== Iniciar unha conexión con un dispositivo bluetooth ==

Imos ver agora como podemos iniciar dende o equipo a conexión con un dispositivo bluetooth:

<gallery caption="Iniciar unha conexión con un dispositivo bluetooth" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Ud_15_bluetooth_05.png| Teremos que engadir na lista de dispositivos o dispositivo co que nos queremos conectar. Na ventá principal da aplicación, picamos no botón '''+'''.

Imagen:Ud_15_bluetooth_06.jpg| Agora o asistente vai detectar todos os dispositivos visibles que estean no alcance. Podemos fixarnos no despregable de ''Tipo de dispositivo'' para ver que tipos de dispositivos bluetooth se poden configurar: ratos, teclados, auriculares, altofalantes, módems, cámaras, impresoras, outros ordenadores, etc.

Imagen:Plat_sl_12_blue_03.png| Lista de dispositivos atopados. Un deles é o móbil co que nos queremos conectar. Seleccionámolo e continuamos o asistente.

Imagen:Plat_sl_12_blue_04.png| O asistente xenera un PIN que temos que introducir no móbil para permitir a conexión.

Imagen:Plat_sl_12_blue_05.png| Unha vez introducido o PIN no móbil, remata o asistente. Neste caso como se trata dun teléfono móbil, podemos usalo para acceder aos ficheiros que ten almacenados ou para conectarnos a Internet a través de el.

Imagen:Plat_sl_12_blue_06.png| Xa vemos o dispositivo engadido na lista de dispositivos. Picamos no botón de '''Explorar ficheiros...'''

Imagen:Plat_sl_12_blue_07.jpg| e podemos acceder ao almacenamento do dispositivo, como se fose unha unidade de disco.

Imagen:Ud_15_bluetooth_12.jpg| Como se pode ver na imaxe, tamén podemos usar a icona da barra do menú para conectarnos co dispositivo e explorar os ficheiros almacenados nel.

</gallery>

-- [[Usuario:Antonio|Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion|Carlos Carrión Álvarez]]
Antonio