Clonezilla de Imaxe a Disco

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:52 20 abr 2020 de Cparis (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta práctica verase como restaurar unha imaxe gardada no propio USB no que está instalado o Clonezilla.

No caso de arrancar o Clonezilla dende unha ISO, os pasos a realizar son practicamente os mesmos.

1.- O primeiro a facer nesta práctica é iniciar o Clonezilla, ben sexa dende o USB, dende unha ISO ou calquera outra opción.

No caso de empregar o USB como repositorio de imaxes, débese arrancar o Clonezilla cargando este na memoria RAM.
Se non se vai gardar a imaxe no propio USB onde está o Clonezilla, pódese arrancar coa opción por defecto.

2.- Unha vez remate de cargar o Clonezilla, arrancar o Clonezilla Live.

Clonezilla-Disco-Imaxen-05.png
O primeiro que nos pide é decidir se traballamos con imaxes ou directamente de disco a disco. Como é lóxico escollemos a primeira opción, pois temos gardada unha imaxe do sistema que queremos restaurar.
Clonezilla-Imaxe-Disco-00.png
Logo debemos indicar onde está esa imaxe, claramente un dispositivo "local", xustamente no USB, que o sistema recoñece como un disco duro mais do equipo.
Clonezilla-Imaxe-Disco-01.png
A continuación hai que escoller o dispositivo onde se desexa gardar a imaxe. No caso de querer restaurar unha imaxe dun USB haberá que insertalo e esperar a que estea dispoñible.
Pouco despois, aparecerá unha imaxe cos dispositivos dispoñibles. Unha vez que o dispositivo onde está a imaxe estea preparado, pulsar Ctrl+C.
Como se pode ver na imaxe, só aparece "unha partición dun disco" de onde poder ler a imaxe. O que ocorre é que o disco onde se quere restaurar o equipo non ten particións e, polo tanto, non pode ter nada gardado. Fixádevos que a partición é sdb1 polo que, claramente, o disco duro a restaurar é o sda.
Clonezilla-Imaxe-Disco-02.png
Agora o asistente pide o directorio onde está gardada a imaxe a restaurar. Neste caso está no directorio raíz, polo que non hai que facer máis nada que pulsar Done.
Clonezilla-Imaxe-Disco-03.png
Seleccionamos o modo experto, pois, en realidade, é como o modo principiante pero podendo cambiar os parámetros seleccionados por defecto.
Clonezilla-Imaxe-Disco-04.png
No seguinte punto é donde seleccionamos que queremos restaurar un disco duro (ou varios) dende unha imaxe antes realizada.
Clonezilla-Imaxe-Disco-05.png
A continuación seleccionaremos a imaxe a restaurar.
Clonezilla-Imaxe-Disco-05-2.png
Aquí seleccionaremos o disco destino ao que restauramos a imaxe. Só aparece un na lista un disco pois o outro existente no equipo é dende o que se le a imaxe.
Clonezilla-Imaxe-Disco-06.png
Aquí podemos seleccionar certas opcións avanzadas. Fixádevos que é interesante escoller a que pon -r para intentar redimensionar as particións ao tamaño do disco destino. Nun principio, deixade todas como están por defecto, pois -r xa debería estar seleccionada.
Clonezilla-Imaxe-Disco-07.png
Se o disco de destino é de igual tamaño que o disco de orixe da imaxe seleccionade a opción por defecto. Pero, se o disco de destino é de maior tamaño que o disco de orixe a mellor opción é escoller -k1 para que redimensione proporcionalmente ou, se queremos nos redimensionar dun xeito especial, escolleríamos -k2.

No exemplo que aquí estamos a facer escollemos a opción por defecto.

Clonezilla-Imaxe-Disco-08.png
O seguinte paso permite facer unha comprobación da imaxe. Esta opción é moi recomendable nunha situación real.
Clonezilla-Imaxe-Disco-08-2.png
Agora escollemos o que debe facer o equipo cando se remate a restauración. Como vemos, neste caso, escollemos seguir traballando no Clonezilla, logo xa apagaremos nos o equipo.
Clonezilla-Imaxe-Disco-09.png
Unha vez rematado o asistente nos mostra o comando equivalente a todas as opcións escollidas. Se, por algún motivo, nos é mais sinxelo executar o comando que seguir o asistente, pois xa sabemos que quedará gardado no arquivo aí indicado no directorio /tmp.
Clonezilla-Imaxe-Disco-10.png
Agora pídenos, por dúas veces, que confirmemos ou non a restauración da imaxe.
E, por último, aí temos o proceso xa iniciado... Cando remate xa está o disco có contido da imaxe.
Clonezilla-Imaxe-Disco-11.png
-- Cristina París