Clonar, copiar, importar e exportar máquinas virtuais

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 16:15 2 oct 2016 de Carrion (discusión | contribuciones) (Copiar unha máquina virtual)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 D.jpg

Introdución

Unha vez que se pasou todo o traballo de instalar unha MV, actualizala, personalizala, instalar Guest Additions, etc., se logo traballando con ela se estragara, isto sería un problema, pois habería que facer todo de novo.

A maneira máis sinxela de solucionar este problema é realizando unha clonación da máquina ou un servizo virtualizado (isto verase no seguinte punto).

Clonación

Primeiro apagar a MV a clonar e desconectar os CDs/DVDs que poida ter conectados.

  • Facer agora o mesmo que no caso anterior pero coa máquina uclient. Chamándolle Neste caso base-uclient.
  • Unha vez que se fixo todo o proceso pódese observar o que acaeceu cos arquivos: orixinais e clonados.

Simulacion Redes Vbox Clonar 05.jpeg

Copiar unha máquina virtual

  • Copiar é coller a carpeta enteira que contén unha máquina virtual e levala a outro equipo.
  • Isto só vale se se vai facer entre equipos. Se se fai na mesma máquina e co mesmo usuario só existe a posibilidade de clonar, porque cando se clona xéranse novos IDs para o disco e a máquina virtual clonada. Se se copiara non se xenarían eses novos IDs, e un mesmo VirtualBox non soporta dúas máquinas ou dous discos co mesmo ID.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --