Diferencia entre revisiones de «Chronometer. Cliclo de vida I (finish())»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 09:09 28 jul 2015

Introdución

  • Un control Chronometer implementa en Android un cronómetro simple.
  • Iníciase con start()
  • Párase con stop(). Pero ... el segue contando por detrás. Isto é, se se executa de novo start() sen parámetros porá o cronómetro no mesmo tempo que se non se parase.
  • Cando se chama a start(), o control colle o tempo que leva acceso o móbil (elapsedRealtime()) como tempo base e vai contando dende aí.


  • Se non se lle dá un tempo base el colle o tempo no cal se chama a start().


  • Para establecer un tempo base úsase setBase()


  • Por defecto amosa o tempo en formato "MM:SS". Pódese usar setFormat(String) para cambiar o formato.


  • A clase Chronometer herda directamente da clase View.


  • Para establecer os valores de tempos base apoiámonos na clase SystemClock.


Caso práctico

  • Comezamos creando o proxecto U2_14_Chronometer
  • Creamos unha aplicación que cando ten un cronómetro que hai que iniciar e que pasado un tempo se non se parou a aplicación autodestrúese.


XML do Layout

  • Observar como se crea o control Chronometer e os métodos aos que chaman os botóns.
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical" >

    <TextView
        android:id="@+id/tv_autodestruccion"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:text="Autodestrucción en: ?? seg" />

    <Chronometer
        android:id="@+id/cronometro"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_gravity="center_horizontal"
        android:textSize="20sp" />

    <LinearLayout
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="match_parent"
        android:gravity="center_horizontal"
        android:orientation="horizontal" >

        <Button
            android:id="@+id/start"
            android:layout_width="wrap_content"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:onClick="onStartClick"
            android:text="Start" />

        <Button
            android:id="@+id/stop"
            android:layout_width="wrap_content"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:onClick="onStopClick"
            android:text="Stop" />
    </LinearLayout>

</LinearLayout>

Código Java

package com.example.u2_14_chronometer;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.os.SystemClock;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.widget.Chronometer;
import android.widget.Chronometer.OnChronometerTickListener;
import android.widget.TextView;

public class U2_14_Chronometer extends Activity {
	Chronometer crono;
	TextView tvAutodestrucion;
	int tempoAutodestrucion;

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u2_14__chronometer);
		crono = (Chronometer) findViewById(R.id.cronometro);
		tvAutodestrucion = (TextView) findViewById(R.id.tv_autodestruccion);

		crono.setOnChronometerTickListener(new OnChronometerTickListener() {
			@Override
			public void onChronometerTick(Chronometer chronometer) {
				// TODO Auto-generated method stub

				long tempoPasado = SystemClock.elapsedRealtime()
						- chronometer.getBase();
				int tempoSeg = (int) tempoPasado / 1000;
				if (tempoSeg == tempoAutodestrucion)
					finish();

				tvAutodestrucion.setText("Autodestrucción en: "
						+ (tempoAutodestrucion - tempoSeg) + " seg");
			}
		});
	}

	public void onStartClick(View v) {
		tempoAutodestrucion = 20;
		crono.setBase(SystemClock.elapsedRealtime());
		crono.start();
	}

	public void onStopClick(View v) {
		crono.stop();
	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u2_14__chronometer, menu);
		return true;
	}

}
  • Liña 42: Definimos o tempo para a autodestrucción da Activity. Cando se vexan os menús, veremos que este valor podería ser configurado polo usuario que usa a aplicación, como unha opción da mesma.
  • Liña 43: establécese o tempo base a partir do cal o cronómetro comeza a contar.
    • SystemClock.elapsedRealtime(): devolve o tempo, en milisegundos, que leva aceso o móbil
  • Liña 44: o cronómetro comeza a contar, non dende cero, senón dende o tempo tomado como base (o tempo que leva acceso o móbil).
  • Liña 48: párase o cronómetro.
  • Liña 24: establécese o Listener do cronómetro. Este método vai ser chamado cada vez que o cronómetro cambia de valor.
  • Liñas 29 e 30: O tempo que pasou dende que se iniciou o cronómetro é a diferencia entre o tempo que leva acceso o dispositivo e o tempo no cal se iniciou o cronómetro.
  • Liña 31: Tempo en segundos.
  • Liña 33: Se chegamos ao tempo para autodestrucción hai que matar a Activity. Sería o mesmo que se prememos o botón da botonera "Retroceso ou Back".

Ciclo de vida dunha actividade

  • Afondarase máis adiante sobre o ciclo de vida dunha actividade.
  • Unha actividade desde que se lanza pasa por moitos estados.
  • Cando unha actividade non está en primeira liña da pantalla non está destruída senón que está en estado de Stop (Oculta) esperando na pila a ser chamada, ou se está moi abaixo na pila e se precisan os seus recursos entón o sistema pode destruíla.

00 basic-lifecycle.png

  • No noso exemplo a actividade destrúese explicitamente se o cronómetro chega a un tempo determinado
  • Para iso úsase o método finish().
  • Ver liña 33 do código.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).