Diferencia entre revisiones de «Carpetas compartidas»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 01:49 16 nov 2014

Instalación de VirtualBox Additions en Ubuntu Server

Inserimos o CD virtual das Additions: Dispositivos, Instalar Guest Additions.

Se non temos un punto de montaxe, creámolo:

mkdir /media/dvd


Montamos o CD:

mount /dev/dvd /media/dvd


Antes de nada, para evitar erros posteriores, comprobamos se resolve os DNS:

ping es.archive.ubuntu.com


Se dá erro, hai que configurar o DNS:

nano /etc/resolv.conf


Inserimos a liña “nameserver 8.8.8.8” que é o servidor DNS de Google. Gardamos e saímos. Reiniciamos a rede:

/etc/init.d/networking restart


Temos que ter instalado Make e gcc:

apt-get install make
apt-get install gcc


Agora executamos o programa de instalación das Additions:

/media/dvd/VBoxLinuxAdditions.run


Creamos un punto de montaxe para a carpeta compartida:

mkdir /mnt/compartida


No menú "Dispositivos" configuramos o acceso a unha carpeta compartida que chamamos "descargas". Na consola, montamos a carpeta compartida "descargas":

mount -t vboxsf descargas /mnt/compartida


Así, teremos acceso ao contido da carpeta compartida en /mnt/compartida