https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Caracter%C3%ADsticas_de_VirtualBox&feed=atom&action=historyCaracterísticas de VirtualBox - Historial de revisiones2024-03-29T05:36:02ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Caracter%C3%ADsticas_de_VirtualBox&diff=60600&oldid=prevCarrion: /* Introdución */2016-10-02T11:32:33Z
Introdución

Página nueva

[[Imagen:Virtualbox.png|right|150px]]

==Introdución==

*Existen moitos programas de virtualización (''MMV, hipervisor ou plataformas de virtualización'') de tipo II pero dende hai uns anos para aquí cobrou moita importancia grazas a súa facilidade de uso, a ser multiplataforma e sobre todo ao ser software libre e gratuíto o hipervisor '''VirtualBox'''.

*Inicialmente foi desenvolvido pola empresa alemá '''Innotek GmbH''', logo esta empresa foi adquirida por [http://es.wikipedia.org/wiki/Sun_Microsystems Sun Microsystems] e esta no ano 2009 foi adquirida por [http://es.wikipedia.org/wiki/Oracle_Corporation Oracle Corporation]

==Características==

*'''Multiplataforma''': o programa pode instalarse sobre MS Windows, GNU/Linux, MAC e Solaris, e as máquinas virtuais xeradas en calquera dos sistemas operativos anteriores poden usarse sen problemas en calquera outro.

*'''Multi-convidados''': nas máquinas virtuais pódense instalar moitos sistemas operativos convidado (''guest''), entre eles: MS Windows, Ubuntu, Debian, openSUSE, etc. [https://www.virtualbox.org/wiki/Guest_OSes Nesta lista pódense ver todos os SOs soportados]

*'''Software libre''': Dende a [https://www.virtualbox.org/wiki/Downloads páxina de descargas de VirtualBox] pódese descargar o código fonte do programa, baixo a licenza GPL versión 2. A extensión ''VirtualBox Extension Pack'', que engade soporte de dispositivos USB 2.0 e 3.0, escritorio remoto e arranque por rede PXE non é libre, e pode descargarse de forma gratuíta para uso persoal e de avaliación ([https://www.virtualbox.org/wiki/VirtualBox_PUEL licenza PUEL]).

*Permite montar imaxes ISO de CDs/DVDs nunha unidade virtual.

==Guest Additions==

Isto é, "melloras de convidado", son utilidades para introducir melloras no sistema convidado instalado na máquina virtual. Unha vez que se instala o sistema operativo nunha máquina virtual é aconsellable instalarlle estas utilidades que van optimizar o rendemento do sistema convidado e ademais van permitir:

*'''Compartir cartafoles''' entre a máquina anfitrión e a invitada.

*'''Mellorar as características gráficas''' da máquina virtual e incluso redimensionala como se fai con calquera outra aplicación no ordenador host.

*'''Sincronización da hora''' co ordenador host de xeito automático.

*'''Compartir o portapapeis''': pódese copiar e pegar nos dous sensos (host a convidado e convidado a host).

*[https://www.virtualbox.org/wiki/Guest_OSes Neste enlace] pódese comprobar que sistemas operativos convidados admiten as ''Guest Additions''.

==Enlaces de interese==

* [https://www.virtualbox.org/wiki/Screenshots https://www.virtualbox.org/wiki/Screenshots]: Pantallas de exemplo.

-- [[Usuario:Antonio|Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion|Carlos Carrión Álvarez]] --
Carrion