CSS para táboas

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 16:16 26 nov 2010 de Arribi (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Para controlar a presentación das táboas temos as seguintes propiedades: caption-side, table-layout, border-collapse, border-spacing, empty-cells e display.

Caption con CSS

Para indicar onde se pon o título da táboa empregamos a propiedade caption-side.

    table caption {caption-side: bottom; }
  • Pode ter os valores: top, bottom, left e right.
  • A recomendación CSS2.1 recolle a posibilidade de desprazar o contido da etiqueta caption á esquerda ou dereita con text-align, pero sempre manténdose encima ou debaixo da táboa.

Celas baleiras

  • Por defecto unha táboa HTML non debuxa as celas que están baleiras.
  • Isto soluciónase poñendo no seu interior  .
  • Con CSS pódese solucionar:
    table {empty-cells: show; >
  • Os valores que admite son show, e así debuxaranse os bordes e fondos como nas celas normais; hide e así os bordes ou fondos non se debuxarán ao redor/detrás das celas baleiras; ou inherit.

Bordes separados ou unidos: border-collapse

En CSS hai dous modos de traballar cós bordes das táboas: separados e xuntos. No modelo "separado", os bordes sitúanse ao redor de celas individuais, mentres que no modelo "xunto" as celas comparten bordes.

Coa propiedade border-collapse elixiremos un dos dous:

  • Os bordes que rodean as celas están separados entre si:
table { 
/* Para que os bordes aparezan */
  border:#000 solid thin;
/* Bordes separados */
  border-collapse: separate;
}
  • Os bordes "colapsan" e se fan un:
table {
/* Para que os bordes aparezan */
  border:#000 solid thin;
/* Bordes xuntos */
border-collapse: collapse;
}

Separación de celas contiguas con border-spacing

Os valores para border-spacing son dúas medidas de lonxitude. O valor de espaciado horizontal vai en primeiro lugar e o valor vertical vai en segundo lugar. Cun valor só, configúrase o mesmo para horizontal e para vertical.

table{
/* Para que os bordes aparezan */
  border:#000 solid thin;
/* Bordes separados */ 
  border-collapse: separate;
/* Configuración da separación dos bordes */
  border-spacing: 0.5em 1em;
}
  • Como esta propiedade non ten bo soporte para o IE6, normalmente séguese a empregar a propiedade (X)HTML cellspacing.

Definir o modo no que o navegador debuxa a táboa con table-layout

O navegador pode "debuxar" unha táboa con un dos dous sistemas posibles:

  • Pode fiarse das medidas indicadas no código fonte e debuxala en consecuencia: table-layout:fixed.
  • Ou ben pode ler o contido da táboa e calcular o deseño en base a este contido: table-layout:auto.

Se non se especifica o valor desta propiedade, o sistema por defecto é auto, aínda que fixed é mais rápido.

Exemplo de configuración completa dos estilos dunha táboa

O primeiro é comezar creando unha táboa axeitada en (X)HTML.

Táboa Inicial
Táboa Final

Tendo en conta a aparencia da táboa inicialmente (¡¡Ollo!!: A táboa inicial ten a propiedade border="1" para que se vexa a súa estrutura) e a aparencia ao final, vemos que precisamos, ademais de crear a táboa "básica", debemos introducir as etiquetas caption, thead, tfoot, tbody e, ademais, introducir unha clase que me diferencie as filas impares que chamaremos, por exemplo, fimpar. O resultado do código html que precisamos será algo así:

<table>
<caption>Distancias planetarias</caption>
<thead>
  <tr>
    <th>Planeta</th>
    <th>Distancia dende a Terra</th>
    <th>Web</th>
  </tr>
</thead>
 
<tfoot>
  <tr>
    <td colspan="3">Astronom&iacute;a IES San Clemente</td>
  </tr>
</tfoot>
 
<tbody>
  <tr class="fimpar">
    <td>Venus</td>
    <td>108 Millóns de Kilómetros</td>
    <td>
    <a href="http://es.wikipedia.org/wiki/Venus_(planeta)">Web Venus</a>
    </td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Saturno</td>
    <td>1.281 Millóns de Kilómetros</td>
    <td>
    <a href="http://es.wikipedia.org/wiki/Saturno_(planeta)">Web Saturno</a>
    </td>
  </tr>
  <tr class="fimpar">
    <td>Urano</td>
    <td>2.720 Millóns de Kilómetros</td>
    <td>
    <a href="http://es.wikipedia.org/wiki/Urano_(planeta)">Web Urano</a>
    </td>
  </tr>
  <tr>
    <td>Neptuno</td>
    <td>4.504 Millóns de Kilómetros</td>
    <td>
    <a href="http://es.wikipedia.org/wiki/Neptuno_(planeta)">Web Neptuno</a>
    </td>
  </tr>
</tbody>
</table>
  • Primeiramente configuramos o estilo e a cor do borde da táboa en si, facemos que os bordes de todas as celas colapsen, configúrase o tipo de letra de toda a táboa en xeral e a cor do fondo.
table {
  border-collapse: collapse;
  border: 1px solid #03476F;
  font: normal 11px verdana, arial, helvetica, sans-serif;
  color: #363636;
  background: #92C428;
  }
  • O seguinte é configurar o "caption" da táboa:
caption {
  text-align: center;
  font: bold 14px arial, helvetica, sans-serif;
  background: transparent;
  padding:6px 4px 8px 0px;
  color: #03476F;
  text-transform: uppercase;
}
  • Facemos unha configuración xeral de todas as celas, tanto as nomeadas como td como th:
td, th {
  border: 1px dotted #03476F;
  padding: .4em;
  color: #363636;
}
  • Agora configuramos todo o relacionado coas celas pertencentes ao encabezamento (thead th) e coas celas pertencentes ao pé (tfoot td):
thead th {
  font: bold 11px verdana, arial, helvetica, sans-serif;
  border: 1px solid #03476F;
  text-align: left;
  background: #4591AD;
  color: #FFFFFF;
  padding-top:3px;
  }
 
tfoot td {
  border: 1px solid #03476F;
  text-align:center;
  background: #4591AD;
  padding-top:3px;
  color: #FFFFFF;
  }
  • Aliñamos vertical e horizontalmente o texto das celas td pertencentes a tbody:
tbody td {
  vertical-align: top;
  text-align: left;
}
  • Facemos que as filas de clase fimpar teñan unha cor de fondo distinta:
tr.fimpar {
  background: #AEE239;
}
  • Facemos que, cando se pase o rato por riba das celas pertencentes a tbody estas cambien de aparencia:
tbody tr:hover {
  background: #FFD800;
  border: 1px solid #03476F;
  color: #FFF;
}
  • Por último, cambiamos como mostra os enlaces o navegador:
tbody td a:link, tbody td a:visited {
  background: transparent;
  text-decoration: none;
  color: #363636;
  }
tbody td a:hover, tbody td a:active {
  background: #C2F64D;
  color: #363636;
  }
  • Xa estaría rematada a configuración do estilo desta táboa, quedando así o estilo completo do seguinte xeito:
table {
  border-collapse: collapse;
  border: 1px solid #03476F;
  font: normal 11px verdana, arial, helvetica, sans-serif;
  color: #363636;
  background: #92C428;
  }
caption {
  text-align: center;
  font: bold 14px arial, helvetica, sans-serif;
  background: transparent;
  padding:6px 4px 8px 0px;
  color: #03476F;
  text-transform: uppercase;
  }
td, th {
  border: 1px dotted #03476F;
  padding: .4em;
  color: #363636;
  }
thead th {
  font: bold 11px verdana, arial, helvetica, sans-serif;
  border: 1px solid #03476F;;
  text-align: left;
  background: #4591AD;
  color: #FFFFFF;
  padding-top:3px;
  }
tfoot td {
  border: 1px solid #03476F;
  text-align:center;
  background: #4591AD;
  padding-top:3px;
  color: #FFFFFF;
  }
tbody td {
  vertical-align: top;
  text-align: left;
  }
tr.fimpar {
  background: #AEE239;
  }
tbody tr:hover {
  background: #FFD800;
  border: 1px solid #03476F;
  color: #FFFFFF;
  }
tbody td a:link, tbody td a:visited {
  background: transparent;
  text-decoration: none;
  color: #363636;
  }
tbody td a:hover, tbody td a:active {
  background: #C2F64D;
  color: #363636;
  }

Enlaces interesantes


--Manuel Vieites e -- Rafael Veiga feb 2008