BIOS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:07 2 nov 2017 de Vieites (discusión | contribuciones) (UEFI)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

BIOS1.png

O Sistema Básico de Entrada/Saída (BIOS - Basic Input/Output System) ou firmware, é un código de interface que, entre outras tarefas, localiza e carga o sistema operativo; é un software moi básico instalado na placa base que permite que esta cumpra o seu cometido. Proporciona a comunicación de baixo nivel, e o funcionamento e configuración do hardware do sistema que, como mínimo, manexa o teclado e proporciona saída básica (normalmente emitindo pitidos normalizados por un altofalante se no equipo se producen faios) durante o arranque.

Os fabricantes de UEFI/BIOS existentes son:

Anexo : Tradución das FAQs sobre os BIOS dos PCs da web do fabricante AWARD

Descubrir a versión da UEFI/BIOS dun equipo

Para descubrir que versión temos da UEFI/BIOS dun equipo e, así, poder comparala coa da web do fabricante, podemos acceder directamente a ela no inicio do equipo pulsando a tecla indicada no arranque (normalmente Supr, F8, F10 ou F12).

Pero tamén o podemos saber dende o propio sistema operativo do seguinte xeito:

  • Dende Windows:
  • Os comandos msinfo32 ou systeminfo e mirar no apartado "Versión del BIOS".
  • O comando PowerShell : Get-WmiObject -Class Win32_bios
  • Dende Linux:
  • Como root : dmidecode -s bios-version
  • Sen permisos de root: dmesg | grep BIOS

No seguinte exemplo temos unha placa ASUS M5A99X EVO e imos comparar a saída do comando msinfo32 coas versións do firmware da BIOS que podemos atopar na web do fabricante:

  • Saída do comando msinfo32:

300p

  • Últimas versións do firmware da BIOS para esta placa:

300p

¡¡¡Vemos que a BIOS, neste caso, SI está actualizada (versión 1708)!!!

Características xerais dos BIOS

Unha serie de características xerais que debemos recordar sobre o BIOS son as seguintes:

Award.jpg
  • O BIOS, normalmente está escrito en linguaxe ensamblador.
  • Está almacenada nunha memoria de tipo EEPROM ou Flash EEPROM.
  • O BIOS illa o Software que se execute no equipo das características físicas do Hardware.
  • Existen dous grandes fabricantes de BIOS no mundo AWARD e Phoenix, que dende 1.998 son unha única empresa, e AMI - American Megatrends Inc.
Phoenix bios.jpg

O BIOS configúrase dende unha utilidade para tal efecto á que se pode acceder, no momento en que se prende o equipo e antes de que se cargue o sistema operativo, premendo nunha tecla que se indicará por pantalla (normalmente Supr, F2, F10 ou F12). Apareceranos así unha interface de tipo texto cunha serie de seccións nas que, basicamente, poderemos configurar o que a continuación indicamos:

  • Secuencia de arranque e Virus Warning (BIOS FEATURES SETUP).
  • Configuración IDE, Floppy, Data e Hora (STANDARD CMOS SETUP).
  • Contrasinal de seguridade (SUPERVISOR & USER PASSWORD)
  • Configuración PNP/PCI (PNP/PCI CONFIGURATION)
  • Xestión de Enerxía (POWER MANAGEMENT SETUP)
  • Configuración da velocidade da CPU (SpeedEasy CPU Setup)
  • Configuración avanzada da BIOS (BIOS FEATURES SETUP)

BIOS & CMOS

Placa-pila-jumper.gif

A configuración elixida gárdase noutra memoria integrada na placa base que se denomina CMOS. Dicir que esta pode ser un tipo de memoria que se borra cando non se lle aplica enerxía eléctrica. Este é o motivo polo que se pode perder toda a información de configuración básica de equipo cando a pila da placa base se esgota.

Quitar a pila da placa base durante uns segundos, tamén pode ser necesario facelo cando se quere borrar o contrasinal de seguridade que se pode configurar no BIOS, as veces chega con facer só esa operación ou sacando a pila é a vez empregar un jumper existente para tal efecto (O jumper chamado Clear CMOS). O mellor para saber que facer, como sempre, é ler o manual.

UEFI

UefiASUS.jpg
UEFI (Unified Extensible Firmware Interface) é unha interfaz de firmware estándar para PCs, deseñada para remprazar o BIOS.
É un estándar creado por máis de 140 compañías tecnolóxicas que forman parte do consorcio UEFI, no que se inclúe Microsoft.
Esta interfaz deseñouse para mellorar a interoperabilidade do software e solucionar as limitacións do BIOS.
Algunhas das vantaxes que ofrece o firmware UEFI son:
  • Maior seguridade, xa que axuda a protexer o proceso previo ao inicio (ou prearranque) fronte a ataques de bootkit (que é un tipo de malware que se aloxa no inicio do sistema operativo có fin de obter acceso total ás funcións da computadora antes de que finalice a carga do mesmo. Un exemplo desta clase de malware é Stoned, o primeiro bootkit capaz de afectar a Windows 8).
  • Tempos de inicio e reanudación dende a hibernación máis rápidos.
  • Compatibilidade con unidades de máis de 2,2 terabytes (TB).
  • Os equipos con BIOS van asociados ao particionamento MBR e os equipos con UEFI van asociados ao particionamento GPT.
  • Compatibilidade con modernos controladores de dispositivos de firmware de 64 bits que o sistema pode empregar para direccionar máis de 17,2 mil millóns de gigabytes (GB) de memoria durante o inicio.
  • Capacidade para usar o BIOS con hardware UEFI (Modo legacy).

Exemplos de configuración de equipos

  • Equipo A  : PC UEFI con dous discos duros, o primeiro de menos de 2TiB no que está o sistema operativo e, o segundo cun tamaño maior de 2TiB utilizado para datos.
Neste caso é posible configurar a UEFI en modo legacy, poderemos acceder aos máis de 2 TiB do segundo disco duro e, incluso, particionalo en modo GPT. Pero, pola contra, poderemos particionar o primeiro disco en modo MBR para non ter ningún problema có xestor de arranque do sistema operativo (se así fose).
  • Equipo B  : PC UEFI cun gran disco duro, de máis de 2TiB no que está o sistema operativo.
Neste caso sería obrigatorio deixar a UEFI no seu "modo natural", se a configuramos en modo legacy o sistema operativo NON poderá acceder a "todo" o HD. O particionamento sería, obrigatoriamente en modo GPT.

Recursos e novas interesantes sobre os BIOS

Métodos de recuperación das BIOS logo dun desastre:
  • OpenBios: Open BIOS (IEEE 1275-1994) son unha serie de BIOS alternativas diferentes ás tradicionais realizadas por Award/Phoenix ou AMI. Estas BIOS propietarias teñen un problema: boa parte do tempo que tardan en executarse gástase en cargar controladores e compilar información que só é útil a sistemas antigos como os baseados en DOS, pero que non teñen ningún sentido en sistemas operativos GNU/Linux modernos, que realizan a súa propia análise hardware para ir cargando os módulos necesarios.
  • EFI, o substituto da BIOS
VirtualBox soporta EFI, podemos activalo dende Sistema - Placa Base. Logo, iniciamos a máquina virtual e pulsando F8 accedemos á Shell da EFI.
- Manual Shell Command EFI.


-- Volver