Auto inicio das MVs. vApps

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Introdución

  • Cando se acende o host (servidor físico) o ideal sería acender aquelas MVs que desexa o usuario para non ter que entrar ou no xsconsole ou a través de xe ou con XenCenter para ir acendendo as MVs.
    • Esta funcionalidade coñécese co nome de Auto-start.
    • As versións actuais de XenServer e XCP deshabilitaron esta funcionalidade (Auto-start) dende XenCenter.
    • Esta foi deshabilitada en XenCenter, porque cando se usaba a funcionalidade de Alta Dispoñibilidade (HA) producía resultados inesperados.
    • Para iniciar unha MV automaticamente despois de que se inicie o host hai que facelo co CLI xe.
  • Tamén sería ideal ter unha especie de folla de ruta na indicar que MVs se inician nun orde determinado e ademais, se fose necesario, que unhas MVs non se iniciaran até que outras xa estiveran iniciadas.
    • Isto resólvese co agrupamento lóxico de varias MVs nun vApp, de tal sorte que cando se inicia ese vApp inícianse as MVs que forman o agrupamento, na orde establecida e en función das dependencias existentes entre elas.

Iniciar MVs automaticamente: Auto-start

  • Como xa se indicou vaise activar esta funcionalidade a través do CLI xe no host xen00 e na MV dMySQL.

Crear un grupo lóxico de MVs relacionadas: vApp

  • A continuación vaise crear un grupo lóxico de dúas MVs cunha suposta relación entre elas á hora de acendelas, de modo que dx2go vaise acender 15 segundos despois de dMySQL.


Facer que se inicie un vApp automaticamente

  • A continuación vaise configurar o host xen00, para que cando se acende, este lance o vApp e por tanto as MVs que hai configuradas dentro do vApp.
  • Por desgracia vApp non ten o parámetro: other-config:auto_poweron=true





-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)