Asociación con documentos XML

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 21:48 25 ene 2011 de Veiga (discusión | contribuciones) (Como referenciar a un Schema XSD)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Un exemplo de documento XML

Mira o contido do seguinte arquivo "correo.xml":

<?xml version="1.0"?>
<correo>
  <destinatario>Rafael</destinatario>
  <remitente>Maria</remitente>
  <cabeceira>Aniversario</cabeceira>
  <corpo>Lémbrate do aniversario de Ramiro en febreiro.</corpo>
</correo>

Un arquivo DTD

O seguinte exemplo é un arquivo DTD chamado "correo.dtd" que define os elementos XML do documento anterior ("correo.xml"):

<!ELEMENT correo (destinatario, remitente, cabeceira, corpo)>
<!ELEMENT destinatario (#PCDATA)>
<!ELEMENT remitente (#PCDATA)>
<!ELEMENT cabeceira (#PCDATA)>
<!ELEMENT corpo (#PCDATA)>

A primeira liña define o elemento correo que ten 4 fillos: "destinatario, remitente, cabeceira e corpo". Da liña 2 ata a 5 defínense os tipos dos diferentes elementos a "#PCDATA".

Un Schema XML

O seguinte exemplo é un Schema XML chamado "correo.xsd" que define os elementos XML do arquivo superior ("correo.xml"):

<?xml version="1.0"?>
<xs:schema xmlns:xs="http://www.w3.org/2001/XMLSchema" 
targetNamespace="http://www.iessanclemente.net"
xmlns="http://www.iessanclemente.net"  
elementFormDefault="qualified">

<xs:element name="correo">
  <xs:complexType>
    <xs:sequence>
      <xs:element name="destinatario" type="xs:string"/>
      <xs:element name="remitente" type="xs:string"/>
      <xs:element name="cabeceira" type="xs:string"/>
      <xs:element name="corpo" type="xs:string"/>
    </xs:sequence>
  </xs:complexType>
</xs:element>

</xs:schema>

O elemento correo é un tipo complexo xa que contén outros elementos. Os outros elementos (destinatario, remitente, cabeceira, corpo) son tipos simples xa que non conteñen outros elementos.

Como referenciar a un DTD

O seguinte documento XML fai referencia a un DTD que empregará para validar os seus elementos:

<?xml version="1.0"?>
<!DOCTYPE correo SYSTEM  "http://www.iessanclemente.net/dtd/correo.dtd">

<correo>
  <destinatario>Rafael</destinatario>
  <remitente>Maria</remitente>
  <cabeceira>Cumpreanos</cabeceira>
  <corpo>Lémbrate do aniversario de Ramiro en febreiro.</corpo>
</correo>

Como referenciar a un Schema XSD

O seguinte documento XML fai referencia a un Schema XSD que empregará para validar os seus elementos:

<?xml version="1.0"?>
<correo xmlns="http://www.iessanclemente.net"  xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance"
xsi:schemaLocation="http://www.iessanclemente.net correo.xsd">
  <destinatario>Rafael</destinatario>
  <remitente>Maria</remitente>
  <cabeceira>Cumpreanos</cabeceira>
  <corpo>Lémbrate do aniversario de Ramiro en febreiro.</corpo>
</correo>