https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=As_aplicaci%C3%B3ns_do_men%C3%BA_Aplicaci%C3%B3ns&feed=atom&action=historyAs aplicacións do menú Aplicacións - Historial de revisiones2024-03-29T15:12:30ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=As_aplicaci%C3%B3ns_do_men%C3%BA_Aplicaci%C3%B3ns&diff=19774&oldid=prevCarrion: /* Engadir/Eliminar... (Centro de software de Ubuntu) */2010-12-04T17:43:19Z
Engadir/Eliminar... (Centro de software de Ubuntu)

Página nueva

A continuación explicaranse os programas/utilidades máis singulares do menú '''Aplicacións''' ('''Aplicativos''' en Ubuntu 10.10)

Comécese vendo unha síntese do que se vai atopar nesta sección. [http://screencasts.ubuntu.com/MoS2007/07_Tour_of_the_Ubuntu_Applications o vídeo dura 32:58 mn.].

Está en inglés perfecto, pero como se sabe unha imaxe vale máis que ....

==Accesorios==

Resaltar aquí: o ''Xestor de arquivos'' (en Ubuntu 10.10 hai que activar este icono na ferramenta ''Menú principal'' en ''Sistema->Preferencias'') que permite comprimir e descomprimir arquivos e carpetas, o ''Terminal'' para acceder a liña de comandos, o ''editor de textos'' que equivale ó ''bloc de notas'' do MS Windows e o ''Analizador do uso do disco'' que serve para comprobar o tamaño que ocupan discos, particións e carpetas

[[Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_01.jpeg|300px]]

A seguinte imaxe amosa o espazo que consumen as distintas carpetas que está dentro da carpeta do usuario ''administrador''

[[Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_02.jpeg|300px]]

==Acceso universal==

Amosa unha utilidade para que os usuarios con diversas dificultades de visión poidan coñecer o que se está a ver na pantalla por medio da ampliación desta, reprodución por voz ou braille (se se dispón do periférico adecuado) (en Ubuntu 10.10 hai que activar este icono na ferramenta ''Menú principal'' en ''Sistema->Preferencias'').

[[Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_03.jpeg|300px]]

==Imaxe (Gráficos)==

Neste submenú atoparanse as utilidades relacionados co procesado e imaxes e fotos. Así tense, entre outros, o famoso editor ''Gimp'' (aínda que en Ubuntu 10.10 non ven instalado por defecto, xa veremos despois como se instalaría), unha utilidade para escanear, o editor de debuxos de OpenOffice.org

<gallery caption="Submenú Imaxe" align=center widths="400px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_04.jpeg|O submenú ''Imaxe''.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_05.jpeg|O editor de OpenOffice.Org.

</gallery>

==Internet==

Baixo esta apéndice atópase todo canto este relacionado con internet, como pode ser o programa de descargas ''BitTorrent'', o cliente de ''Terminal Server'' para conectarse a equipos MS Windows, o ''Visor de escritorio remoto'' de Linux (este verase nunha sección posterior), o navegador de internet ''Firefox'', o xestor de ''Mensaxería Pidgin'' (''Empathy'' en Ubuntu 10.10), tipo Messenger, etc.

<gallery caption="Submenú Internet" align=center widths="400px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_06.jpeg|O submenú ''Internet''.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_07.jpeg|Os contactos do MSN de quen redacta este material.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_09.jpeg|Seleccionar o cliente de ''Terminal Server''.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_10.jpeg|Indicar o equipo ó que se desexa conectar, ollo co protocolo de conexión. Esta utilidade tamén se verá nunha sección posterior.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_11.jpeg| A ventá de inicio dun servidor MS Windows.

</gallery>

==Ofimática==

Aquí o lector, como bo observador que é, concluirá que estará todo o relacionado co procesamento de textos, follas de cálculo, presentacións, etc. En especial subliñar as utilidades que pretenden substituír ó MS Office, ''O OpenOffice.Org''

<gallery caption="Submenú Ofimática" align=center widths="400px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_12.jpeg|O submenú ''Ofimática''.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_13.jpeg|O procesador de textos: '''OpenOffice.Org Writer'''.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_14.jpeg|Seleccionar o programa de presentacións.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_15.jpeg|O creador de presentacións: '''OpenOffice.Org Impress'''.

</gallery>

==Son e vídeo==

Algunhas das utilidades que aquí hai veranse nunha sección posterior: ''Gravador de discos Brasero'', reprodutor de música ''Rhythmbox'' e reprodutor de películas e música ''Totem''.

<gallery caption="Submenú Vídeo e son" align=center widths="400px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_16.jpeg|O submenú ''Video e son''.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_17.jpeg|O reprodutor de música ''Rthymbox'', neste caso escoitando unha radio das que veñen configuradas por defecto.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_18.jpeg|Seleccionar o gravador de CDs/DVDs ''Brasero''.

Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_19.jpeg|Todo o que se pode facer con ''Brasero'', se se copia un disco, este pode ser copiado a un ficheiro .ISO. Sobre todo o que se pode facer cos CDs/DVDs hai unha sección posterior na que se explica con maior profundidade como copialos, facer imaxes, etc.

</gallery>

==Xogos==

No comment!

[[Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_20.jpeg|300px]].

==Engadir/Eliminar... (Centro de software de Ubuntu)==

Esta utilidade equivale ó ''Agregar quitar programas de MS Windows'', verase na seguinte sección.

[[Imagen:Platega_U810_Menu_Aplicacions_21.jpeg|300px]].

--[[Usuario:antonio| Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion| Carlos Carrión Álvarez]] 01:05 11 feb 2009 (GMT)
Carrion