Diferencia entre revisiones de «Arrays»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 12:24 13 nov 2018


Un array en PHP é en realidade un mapa ordenado. Un mapa é un tipo de datos que asocia valores con claves. Este tipo é optimizado para varios usos diferentes; pode ser usado como unha matriz real, unha lista (vector), táboa asociativa (caso particular de implementación dun mapa), diccionario, colección, pila, cola e probablemente mais. Xa que os valores dunha matriz poden ser outras matrices, tamén é posible crear árbores e matrices multidimensionais.

Modos de Crear un array

Empregando a sintaxe de corchetes cadrados

Poderemos crear un array de forma rápida (dende a versión de PHP 5.4 empregando corchetes.

  $datos= ['casa','coche','gato'];

Se queremos facer un array asociativo do tipo chave => valor con este formato:

// chave pode ser un ''integer'' ou ''string'' 
// valor pode ser calquera valor

$datos= [
  'propietario' => 'Antonio',
  'domicilio' => 'Santiago de Compostela',
  'idade' => 45
];

Se $matriz non existe aínda, será creada, así que este é tamén un xeito de crear unha matriz. Para modificar un certo valor, simplemente hai que asignar un novo valor a un elemento usando a súa clave. Para eliminar unha parella clave/valor, débese empregar a función unset() sobre ela.

Vexamos un exemplo:

<?php
  //Crear o array $produtos:
   $produtos[0] = "Azúcar";
   $produtos[1] = "Aceite";
   $produtos[2] = "Arroz";

?>

Empregando a construción array()

Un valor array pode ser creado pola construción de linguaxe array().

Esta toma un certo número de parellas chave => valor separadas con coma.

  • chave pode ser un integer ou string
  • valor pode ser calqueira valor
<?php
    $matriz = array("negocio" => "bar", 12 => true);

    echo $matriz["negocio"]; // bar
    echo $matriz[12];    // 1
?>
Se non se especifica unha clave para un valor dado, entón úsase o máximo dos índices enteiros, e a nova clave será ese valor máximo mais 1. Se se especifica unha clave que xa ten un valor asignado, ese valor será sobrescrito.
<?php

// Esta matriz é a mesma que ...
$datos = array(5 => 43, 32, 56, 'b' => 12, 60);
echo "{$datos[5]}"; // Amosará 43
echo "<br/>{$datos[6]}"; // Amosará 32
echo "<br/>{$datos[7]}";// Amosará 56
echo "<br/>{$datos[8]}";// Amosará 60
echo "<br/>{$datos['b']}<hr/>"; // Amosará 12

// ...esta outra matriz
array(5 => 43, "b" => 12, 7 => 56, 6 => 32, 60);
echo "{$datos[5]}"; // Amosará 43
echo "<br/>{$datos[6]}"; // Amosará 32
echo "<br/>{$datos[7]}";// Amosará 56
echo "<br/>{$datos[8]}";// Amosará 60
echo "<br/>{$datos['b']}"; // Amosará 12

?>
Así, outro xeito de inicializar o array $productos sería o seguinte:
<?php
    $produtos = array("Azúcar", "Aceite", "Arroz");
<?

Mostrar o contido do array

  • Mostrar o contido do array $productos có bucle for:
// Cando se trata dun array simple que non é asociativo.

for ($i=0; $i<3; $i++)
  {
    echo $produtos[$i] , "<br />";
  }
  • Mostrar o contido do array $produtos coa estructura foreach.
// Para arrays sinxelos
foreach (expresión_array as $valor)
    sentenzas

// Para arrays asociativos evaluando a chave e o seu valor.
foreach (expresión_array as $chave => $valor)
    sentenzas

// A estrutura foreach permítenos iterar sobre os arrays e obxectos evaluando os índices ou claves
// e o seu valor correspondente.

  echo "<ul>";
  foreach ( $produtos as $p ) 
  { 
	echo "<li>", $p , "</li>";
  }
echo "</ul>";
  • Se queremos imprimir unha posición dun array asociativo, teremos que empregar chaves para envolver ese array. Isto farémolo cando empregemos comillas dobres, por exemplo:
echo "Contido da país con código sp: {$paises["sp"]}";
echo "Contido da país con código sp: {$paises['sp']}";

// Ou ben concatenando.
echo "Contido da país con código sp: ",$paises['sp'];
echo "Contido da país con código sp: ".$paises['sp'];
  • Se queremos imprimir o valor dunha variable array para ver toda a estructura podemos facer:
echo '<pre>';

// Amosando o tipo de datos que contén en cada posición:
var_dump($variableArray);

// ou tamén, visualizando soamente os contidos:
print_r($variableArray);

echo '</pre>';

Paso de argumentos á funcións

http://php.net/manual/es/functions.arguments.php

Algunhas funcións útiles sobre arrays

Exemplo: $array = range(-4, 7);