https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Antivirus_e_firewall_(cortalumes)&feed=atom&action=historyAntivirus e firewall (cortalumes) - Historial de revisiones2024-03-28T10:37:07ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Antivirus_e_firewall_(cortalumes)&diff=55868&oldid=prevAntonio: /* Configuración de regras do firewall */2015-04-22T10:32:08Z
Configuración de regras do firewall

Página nueva

Nesta sección veranse aspectos relacionados coa seguridade: antivirus e firewalls

==Antivirus==

A incidencia dos virus en GNU/linux é moi baixa, por varias razóns:

* O número de usuarios é moi inferior ao de MS Windows. É máis produtivo facer un virus para este último.

* Tal e como esta deseñado GNU/Linux no que atinxe á seguridade de quen pode realizar as distintas tarefas, é máis difícil que se instale un virus.

* Ao ser software libre, todo o mundo pode analizar os programas que se instalan, salvo aqueles que non son software libre.

Pero aínda así, nada é infalible e menos en informática, por tanto nun futuro nunca se sabe o que pode chegar a ocorrer.

[[Imagen:aprende.png|left]]'''TAMÉN PODES VER...'''

Recoméndase a lectura dos seguintes artigos:

*http://www.wikilearning.com/tutorial/manual_faq_debian-porque_en_linux_no_hay_virus/6515-8

*http://www.quevidaesta.com/index.php/%C2%BFpor-que-no-hay-virus-en-linux-y-mac/2007/08/05/

Aínda así pódese instalar un antivirus para detectar e eliminar virus en soportes (Lapis USB, discos, etc) que puideran estar infectados por ser usados en equipos con MS Windows sen protección.

Os soportes e ficheiros que puideran estar infectados con virus para MS Windows non afectarán en absoluto ao sistema operativo GNU/Linux.

===ClamAV===

Este programa instálase xeralmente en servidores de correo, para que analice os adxuntos.

En Ubuntu podemos instalar o paquete '''clamtk''', que é o interface gráfico para xestionar ''ClamAv'' . Ao instalalo xa se instala tamén ClamAv e o actualizador automático de firmas.

O programa está accesible a través do ''Dash'' como '''ClamTK'''

<gallery caption="Uso de ClamTK" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Plat_sl_12_antivir_01.png| Iniciamos o programa, e podemos ver a ventá principal na que aparece o estado de actualización do programa e as definicións de virus (que vemos que non están actualizadas), así como opcións para analizar a carpeta persoal do usuario ou cambiar as preferencias do programa.

Imagen:Ud_15_clam_02.png| Se queremos forzar a actualización das definicións de virus, podemos picar no menú '''Avanzado'''->'''Executar o asistente do antivirus'''.

Imagen:Ud_15_clam_03.png| Podemos escoller se actualizar as sinaturas de virus de forma manual ou automática. É preferible seleccionar esta última.

Imagen:Ud_15_clam_04.png| Agora xa veremos que a definición de virus está actualizada. O programa e moi sinxelo de usar e non imos detallar todas as opcións que ofrece. Simplemente indicar que para analizar unha carpeta, un ficheiro un dispositivo, etc, só hai que premer no menú '''Analizar''' e escoller o que corresponda. No menú '''Avanzado-->Preferencias''' pódese escoller que tipos de arquivos se desexan analizar.

</gallery>

==Firewall==

Un '''firewall''' (''[http://gl.wikipedia.org/wiki/Devasa Cortalumes ou devasa]'') (En español, ''[http://es.wikipedia.org/wiki/Cortafuegos_(inform%C3%A1tica) cortafuegos]''), permite protexer o ordenador fronte ataques externos e incluso controlar a que lugares se deixa realizar conexións e a cales non.

===Un dispositivo firewall===

Neste escenario o firewall é un dispositivo (pode ser un elemento hardware ou un ordenador configurado para tal fin), que recibe o nome de ''firewall de subrede'':

[[Imagen:Platega_U810_fw_00A.jpg|500px]]

Neste escenario 1 o firewall é un dispositivo que controla as conexións que se poden establecer entre equipos da rede local e internet. Non controla as comunicacións entre os equipos locais (neste caso). Quen se pode comunicar con quen?:

*'''Ordenador A:''' pode comunicarse cos ordenadores locais B e C e con internet.

*'''Ordenador B:''' pode comunicarse cos ordenadores locais A e C, pero non con internet.

*'''Ordenador C:''' pode comunicarse cos ordenadores locais A e B, e non se sabe con internet.

*'''Ordenador D:''' poderá comunicarse con internet, pode comunicarse co equipo local C, pero non con A e B.

Que D se poida comunicar con C, non significa necesariamente o contrario. D inicia unha comunicación con C e o firewal autoriza que se comuniquen entre eles, pero ó mellor se a inicia C o firewall non lle deixa, depende de como se configure.

===Un ordenador con firewall===

Neste outro escenario, que será o que se implante no manual, un ordenador ten un cortalumes instalado e permítelle controlar as conexións entrantes e saíntes. Neste caso, o firewall recibe o nome de ''firewall persoal'':

[[Imagen:Platega_U810_fw_00B.jpg|500px]]

*'''Ubuntu-01:''' pode acceder á LAN e a Internet. Non deixa acceder ao servidor de impresoras.

*'''Ubuntu-02:''' non ten firewall, pode acceder a internet, pero non pode acceder ao servidor de impresoras de ''ubuntu-01''.

===Concepto de conexión e portos===

Toda conexión entre dous ordenadores identifícase polo par: (IP orixe:porto orixe <-> IP destino: Porto destino).

Pero que é o '''porto'''?

Obsérvese os seguintes exemplos:

<gallery caption="Que é un porto?" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Platega_U810_fw_00C.jpg| Neste exemplo Roi que vive na casa1 envía unha carta a Noa que vive na casa2. Cada casa ten un enderezo, pero non se comunica toda a casa1 con toda a casa2. Comunícase unha ''entidade'' da casa1 con outra ''entidade'' da casa2. Os enderezos serían as IPs dos equipos, e as persoas os portos. Fixarse que tanto para Noa, Mon e Pía o enderezo é o mesmo ''Casa2'', pero cada un deles é unha persoa nese enderezo.

Imagen:Platega_U810_fw_00D.jpg| Neste outro exemplo Noé que ten por teléfono 981-111111 fala con Pía que ten por teléfono 986-666666. Non todo o mundo que vive na casa con teléfono 981-111111 esta participando na chamada que se está realizando con Pía. Os teléfonos serían o equivalente ás ''IPs'' e as persoas ós ''portos''.

Imagen:Platega_U810_fw_00E.jpg| Derradeiro exemplo antes de chegar á explicación final. Se cada persoa nas casa ten unha extensión telefónica, pois Noe podería chamar a Pía indicando o 986-666666 e logo marcando a extensión 30. Cada persoa dentro da casa tería asignado un número de extensión. O teléfono sería o equivalente á ''IP'' e a extensión asignada a cada persoa sería o ''porto''. Notar que en cada casa todo o mundo ten o mesmo número de teléfono pero extensión distinta. A conexión sería o par: (981-111111 Ext 10 <---> 986-666666 Ext 30)

</gallery>

[[Imagen:Platega_U810_fw_00F.jpg|400px]]

Finalmente, cada ordenador ten unha IP, e ese ordenador executa aplicacións que precisan conectarse a outros ordenadores (skype, navegador, impresora compartida, etc, etc). Cada unha desas aplicacións terá un número asignado, ese número chámase '''porto'''. Agora ben, como se asignan eses números (portos) dentro de cada ordenador?.

Comecemos con ''ubuntu-01'' que é un servidor de distintos servizos: (impresoras compartidas, carpetas compartidas por SAMBA, servidor web). Cada servizo coñecido ten un porto un porto por defecto: así todo servidor web sempre estará atendendo as peticións no porto 80 (pódese cambiar). Deste xeito, cada vez que alguén se conecte ó servidor web de calquera ordenador, por defecto vai tratar de conectarse ó porto 80 do servidor.

Por tanto, cando se instala un servizo (web, samba, IPP -Internet Printing Protocol-, etc) este terá un ou varios portos asignados por defecto (observar os portos da imaxe) polos que recibir as peticións. Se se desexa pódese cambiar o porto asignado por defecto.

Como actúa ''ubuntu-01''?, cando recibe unha petición, mira o porto para quen vai destinada e envía a petición ó servizo asignado a ese porto.

Imos agora con ''ubuntu-02'': cando se abre un cliente (un navegador web, skype, etc) o sistema operativo asígnalle nese intre un porto dos que teña libres. Se por exemplo o navegador Firefox desexa conectarse ao servidor web de ''ubuntu-01'', só debe poñer o nome (ou IP) do equipo de destino na barra de enderezos e non pon o porto de destino (80). Por que?, porque se supón que todo navegador web sempre fai ás peticións ao porto 80.

Que pasa se o servidor web está configurado para atender noutro porto?. O cliente debe especificalo na barra de enderezos, por exemplo http://172.16.0.1:631. Lembrar da sección anterior (Impresoras) que polo porto 631 estaba o servidor web que permite administrar as impresoras de ''ubuntu-01''.

Neste exemplo a comunicación estase producindo entre (172.16.0.3:1000, 172.16.0.1:80).

Un firewall pode controlar a que equipos se poden realizar conexións e a que portos (servizos) deses equipos (poden ser a todos ou a algúns).

====Análise de portos====

É bo coñecer cales son os portos (servizos) que está dispoñibles nos nosos equipos.

Para iso, en Ubuntu existe unha ferramenta que indica que portos (servizos) ten dispoñibles un ordenador.

<gallery caption="Análise de portos" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Ud_15_firewall_01.png| Co ''Centro de Software de Ubuntu'' instalamos o paquete de '''Ferramentas de rede'''.

Imagen:Plat_sl_12_firewall_01.jpg| Iniciamos a aplicación de '''Ferramentas de rede'''.

Imagen:Plat_sl_12_firewall_02.png| Pódese coñecer información sobre as tarxetas de rede e moitas cousas máis.

Imagen:Plat_sl_12_firewall_03.png| Pero neste caso interesa saber que portos ten abertos o equipo que ten a dirección IP 172.16.0.1: '''139 e 445''' para Samba (lembrar que trataba de simular o protocolo smb de Microsoft para compartir arquivos e impresoras por samba), '''631''', IPP (Internet Printing Protocol, cando se comparten as impresoras nese equipo os demais equipos poderán chegar a elas a través dese porto).

</gallery>

=== Activar o firewall ===

O escenario que se vai seguir é o 2 e o esquema de conexión a cuarta, coa única diferenza de que o nome dos nosos equipos serán ''uclient'' e ''uclient02'' no canto de ''ubuntu-01'' e ''ubuntu-02''.

Antes de nada indicar ao usuario que a instalación dun firewall pode cortar todas as conexións tanto saíntes como entrantes. O firewall que se vai instalar permite, por defecto, todas as conexións saíntes pero ningunha entrante (algo semellante ao escenario 2). Por tanto se ten un servidor de impresoras e outro samba (o feito anteriormente no manual), estes deixarán de ser accesibles dende a rede ate que se configure o firewall.

Como todo en GNU/Linux a configuración do Firewall reside nuns ficheiros de configuración. Existen varias ferramentas gráficas que permiten a manipulación deses arquivos; imos ver unha delas chamada ''Gufw'' (Que ven significando ''Graphical Uncomplicated FireWall'' ou ''FireWall Gráfico Sinxelo'').

<gallery caption="Activar o firewall en Ubuntu" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Ud_15_firewall_10.png| Instalamos o paquete '''Configuración da devasa'''.

Imagen:Ud_15_firewall_11.png| E iniciamos o programa.

Imagen:Ud_15_firewall_12.png| Dado que a xestión do firewall do sistema non é unha operación que poida facer calquera usuario, teremos que introducir o contrasinal de algún usuario con privilexios de administración.

Imagen:Ud_15_firewall_13.png| Atopámonos na ventá principal do programa. Na parte inferior podemos ver unha axuda para comezar a usar este programa, e na parte superior as opcións principais, entre as que se atopan o perfil de rede que queremos activar (logo explicaremos para que serven os perfís), e o estado do firewall que neste momento está desactivado.

Imagen:Ud_15_firewall_14.jpg| Simplemente picando sobre o interruptor do estado activamos o firewall, e podemos comprobar que as opcións por defecto son que as conexións entrantes de denegan e as saíntes de permiten.

Imagen:Ud_15_firewall_15.png| Comprobamos que dende o equipo podemos navegar por Internet...

Imagen:Ud_15_firewall_16.png| e facer ''ping'' a ''uclient02''.

Imagen:Ud_15_firewall_17.png| Pero dende ''uclient02'' xa non podemos acceder aos portos que estaban abertos en ''uclient'', porque agora o firewall denega esas conexións entrantes.

Imagen:Ud_15_firewall_18.png| O que si funciona é o ''ping'' dende ''uclient02'' a ''uclient'', xa que a ferramenta de xestión do firewall que estamos usando nunca denega este tipo de conexións.

</gallery>

=== Xestión dos perfís e configuración básica do firewall ===

A xestión máis básica do firewall consiste en indicar que queremos que faga coas conexións entrantes e coas saíntes, sen discernir entre as conexións que vaian a un porto do equipo e as que vaian a outro.

Pero é moi probable que non sempre nos interese o mesmo... Supoñamos que temos un portátil que usamos en casa pero que tamén usamos ás veces para conectarnos a Internet dende unha rede pública (unha biblioteca, cafetería, etc.). Pode ser que nel teñamos unha carpeta compartida que usamos para acceder dende un segundo equipo que temos en casa e compartir documentos entre eles, pero... quereríamos que esa carpeta fose accesible para os outros equipos cando nos conectamos á rede pública? Seguramente non nos faría gracia que outra persoa da cafetería entrase nesa carpeta na que temos documentos persoais, fotos, etc.

Isto poderíamos evitalo se para o acceso á carpeta é necesario introducir un nome de usuario con un contrasinal seguro, pero non estaría mal que o firewall xa evitase nese caso ese tipo de conexións. Pois para iso serven os perfís do firewall; poderíamos ter por exemplo un perfil de ''Casa'' no que o firewall está configurado para permitir a conexións entrantes, pero outro perfil ''Público'' configurado para que se deneguen. Iso si, teríamos que encargarnos de activar o perfil ''Público'' cando nos conectemos nunha rede pública e o de ''Casa'' cando queiramos acceder dende o outro equipo de casa á carpeta compartida. Ao activar un perfil, o firewall cargará automaticamente a configuración establecida para ese perfil.

<gallery caption="Configuración básica do firewall e xestión dos perfís" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Ud_15_firewall_19.png| Antes de comezar a xogar con isto, véxase como dende ''uclient02'' non se pode acceder á xestión de impresoras web de ''uclient''. O intento de conexión é rexeitado polo firewall.

Imagen:Ud_15_firewall_20.png| O primeiro que faremos é cambiar a configuración do firewall para as conexións entrantes, escollendo a opción de '''Permitir'''. O cambio aplícase no firewall automaticamente.

Imagen:Ud_15_firewall_21.png| Podemos comprobar dende ''uclient02'' que agora xa se pode acceder á xestión de impresoras. Tamén se podería acceder ás carpetas compartidas e todos os servizos de rede que poida estar executando ''uclient''.

Imagen:Ud_15_firewall_22.png| Agora imos cambiar o perfil. Tiñamos activado o perfil de ''Casa'', no que agora se permiten todo tipo de conexións (así dende os equipos da casa podemos acceder a todo neste equipo), e cambiamos ao perfil '''Público'''.

Imagen:Ud_15_firewall_23.png| Ao escoller este perfil, a configuración para as conexións entrantes e saíntes cambia segundo o establecido no mesmo. Neste caso, a configuración por defecto para o perfil é rexeitar as conexións entrantes e permitir as saíntes, así que...

Imagen:Ud_15_firewall_24.png| xa non podemos acceder ao equipo dende ''uclient02''. Xa temos a configuración que pretendíamos, agora só queda seleccionar o perfil que nos interese segundo a confianza que teñamos na rede á que nos conectamos.

Imagen:Ud_15_firewall_25.png| Por defecto veñen creados tres perfís (''Casa'', ''Oficina'' e ''Público'') pero podemos eliminar algún deles, crear novos perfís ou cambiarlles o nome indo ás preferencias do programa.

Imagen:Ud_15_firewall_26.png| Simplemente facendo clic sobre un perfil da lista podemos cambiar o seu nome, e cos botóns de '''+''' e '''-''' podemos crear e eliminar perfís respectivamente.

</gallery>

=== Configuración de regras do firewall ===

E xa para rematar, imos ver como facer unha configuración un chisco máis avanzada e precisa que o que fixemos ata o fe agora. Supoñamos que queremos que dende a rede se poida acceder a este equipo para imprimir, pero non entrar en carpetas que ten compartidas. Co que vimos ata agora, podemos decidir se permitimos conexións entrantes ao equipo ou non, pero non chegar a ese nivel de detalle.

Para conseguilo, teremos que configurar ''regras'' no firewall:

<gallery caption="Configuración de regras do firewall" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Ud_15_firewall_27.png| Se na ferramenta de configuración do firewall despregamos o apartado de '''Informe de escoita''' vánsenos mostrar os portos que ten abertos o equipo, que son número que identifican literais portas de entrada que o equipo ten abertas para prestar diversos servizos (impresoras, acceso a carpetas, etc.). Podemos atopar o porto número 631 que está asociado ao servizo de impresión; seleccionámolo e picamos no botón de '''+'''.

Imagen:Ud_15_firewall_28.png| Automaticamente créase unha regra cos datos necesarios para permitir a conexión a este servizo (fixarse que en ''Política'' está seleccionado ''Permitir''). Tan só teremos que picar en '''Engadir'''.

Imagen:Ud_15_firewall_29.png| No apartado de regras aparece a regra que permite a conexión a ese porto. Polo tanto, coa configuración actual do firewall denegaranse todas as conexións entrantes '''excepto''' (as regras teñen prioridade sobre a configuración xeral das conexións) as que veñan dirixidas ao porto 631.

Imagen:Ud_15_firewall_30.png| Se probamos dende ''uclient02'', podemos acceder a configuración de impresoras...

Imagen:Ud_15_firewall_31.png| pero se intentamos conectarnos a unha carpeta compartida de ''uclient''...

Imagen:Ud_15_firewall_32.png| non imos poder. Fixarse en que a mensaxe de erro informa de que a conexión expirou, debido a que o firewall de ''uclient'' rexeita a conexión que está intentado establecerse dende ''uclient02''.

</gallery>

--[[Usuario:antonio| Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion| Carlos Carrión Álvarez]]
Antonio