Algoritmos de Planificación da CPU

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 01:12 25 nov 2008 de Ricardofc (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Definicións

  • Expropiación (preemption): Existen algoritmos con e sen expropiación da CPU. Isto significa que cando un proceso está executándose na CPU é posible que outro proceso entre en execución na CPU e saque (algoritmo expropiativo) ao que se está executando ou non o saque (algoritmo non expropiativo) durante a súa execución.
  • Planificación apropiativa: O Sistema Operativo pode quitar (expropiar) a CPU ao proceso/fío.
  • Planificación non apropiativa: Non se pode retirar o proceso/fío da CPU, o proceso/fío libera a CPU voluntariamente ao bloquearse ou finalizar.
  • Intervalos de tempo: O proceso/fío pode executarse na CPU durante un determinado tempo en ciclos de CPU.
  • Duración: Número de Ciclos de CPU que necesita o proceso/fío no estado execución na CPU.
  • Tempo de espera: Tempo que un proceso/fío estivo esperando na cola de listos.
  • Tempo de execución: Tempo que un proceso/fío estivo no estado execución na CPU.
  • Tempo de retorno: Tempo que un proceso/fío tardou en completar a súa execución. É igual á suma do tempo de espera máis o tempo de execución.
  • Prioridades: Os procesos/fíos poden posuír prioridades, as cales poden ser estáticas ou dinámicas.

Algoritmos de Planificación

Non Expropiativos Si Expropiativos
 FCFS (First Come, First Serve)  RR (Round-Robin) (De roda) (Carrusel)
 SJF (Shortest Job First)  SRTF (Shortest Remaining Time First)
 Prioridades (estáticas e dinámicas)  Prioridades (estáticas e dinámicas)

--ricardofc 24 nov 2008