Agradecementos, dedicatoria e despedida.

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 07:51 30 abr 2011 de Antonio (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Agradecementos

Aproveitamos a ocasión que nos brinda esta ferramenta para agradecer a todas aquelas persoas que dunha forma ou doutra colaboraron na elaboración deste curso.

  • Ás nosas parellas, Vanesa e Carlota (ou viceversa) pola paciencia amosada ó longo de varias semanas de horarios despendolados.


  • Ás parellas das persoas que seguiron a primeira edición do curso por PLATEGA, que a partir da tarefa da terceira semana consumíu as súas almas.


  • Ós propios alumnos da primeira edición que seguiron o curso a distancia de PLATEGA da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Pola paciencia infinita. Fixeron un traballo incólume e inxente. Adicaron moitas máis horas das que rezaba un título acreditativo da consecución satisfactoria dos coñecementos do curso. Detectaron problemas, axudaron a súa resolución, axudaron ós compañeiros en momentos de camiños sen saída, e amosaron en todo momento un comportamento digno de mencionar. Resaltar, por ter aportado casuísticas que non se contemplaron inicialmente no material, as indicacións feitas por Victor Lourido, Diego Terrón e Ricardo Feijoo, que melloraron considerablemente o material.


  • Á profesora Catalina Pérez, compañeira de Calos Carrión, por adaptarse, coma unha luva (guante), ás miñas necesidades horarias perante o curso.


  • Á Dirección do IES San Clemente, máis condescencia e disposición é imposible. Grazas.



Adicado

As persoas que nos rodean e que en todo momento amosaron elevadas doses de comprensión con horas e días de traballo pouco recomendables.

Vídeo de “hasta sempre”

Esta vez o vídeo está en español e subtitulado en inglés.

Mozart 5ª Sinfonía). A cara do director é un poema!!!!!.

Un anaco da 9ª Sinfonía de Beethoven. Unha mágoa que a imaxe do vídeo non estea sincronizado co son.

Ata outra.....



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez.