Administrar usuarios e grupos en Linux

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Linux é un sistema multiusuario que se basea en contas, que son estruturas de datos e procedementos que se utilizan para identificar aos usuarios concretos dun ordenador. Saber administrar estas contas é un coñecemento básico pero importante.

Moitas redes empregan bases de datos de contas de rede. Entre estes sistemas están NIS (Network Information System, Sistema de información da rede), unha actualización deste sistema chamada NIS+, LDAP (Lightweight Directory Access Protocol, Protocolo lixeiro de acceso a directorios), dominios de Kerberos, dominios de Windows NT 4.0 e dominios de Directorio Activo (AD).

Os nomes de usuario de Linux

Os nomes de usuario de Linux consisten en calquera combinación de letras maiúsculas e minúsculas, números e moitos símbolos de puntuación, incluíndo puntos e espazos.
- Non obstante, algúns signos de puntuación, como os espazos, causan problemas en determinadas utilidades de Linux, polo que é preferible evitar o seu uso nos nomes de usuario.
- Ademais, os nomes de usuario deben comezar por unha letra, polo que non será válido un nome de usuario como "69a", pero "a69" é correcto.
- Aínda que os nomes de usuario poden costar de ata 32 caracteres, moitas utilidades truncan os nomes de usuario de mais de 8 caracteres ou similares ao mostralos, polo que é interesante limitar a lonxitude dos nomes a 8 caracteres.
- Linux distingue entre maiúsculas e minúsculas nos nomes de usuario.


Aprende.png
Os comandos w e whoami

Temos estes dous comandos que nos indican:

- O comando w mostra que usuarios están conectados ou con sesión aberta. Se se especifica usuario, só mostra as conexións dese usuario.
- O comando whoami nos indica que usuario somos agora mesmo.

Os grupos en Linux

É interesante agrupar aos usuarios mediante grupos para mellorar a productividade.

- Cada ficheiro dun sistema Linux está asociado a un grupo.
- Cada grupo pode ter dende ningún usuario ata tantos como teña o ordenador. Se un usuario pertence a un grupo ou a outro, agás o seu grupo por defecto ou primario, contrólase mediante o ficheiro /etc/group. Vexamos un exemplo:
adm:x:4:patricia,juser
cdrom:x:24:adri,patricia,juser
lpadmin:x:106:patricia,juser
admin:x:112:patricia,juser
patricia:x:1000:
Cada liña do ficheiro ten a seguinte estrutura:
grupo:contrasinal:GID:usuario1,usuario2,...,usuarioN
  • grupo: nome do grupo
  • contrasinal: campo de contrasinal (neste exemplo cunha x indicando que as auténticas contrasinais están gardadas de forma encriptada no ficheiro /etc/gshadow)
  • GID: identificador numérico do grupo
  • listaUsuarios: lista separada por comas dos usuario que teñen a ese grupo como grupo secundario.
- Ademais do descrito en /etc/group, cada usuario posúe un grupo por defecto ou primario. O grupo primario do usuario defínese na configuración do usuario de /etc/passwd (o ficheiro que define as contas).
javier:x:1000:1000::/home/javier:/bin/bash
Como pode verse no exemplo anterior, para cada usuario almacénase a seguinte información:
login:x:UID:GID:descrición:directorioPersoal:Shell
Como no caso de /etc/group o x indica que as auténticas contrasinais están gardadas no ficheiro /etc/shadow.
usuario:$6$kbzYVOsJ$84OVN7IApJLC/jw60jXZP/ierMeCqgK2X9iFYOXTNZokkzxC5i.z7MbBJP7QgT4mQV/Qg9z89CCorJ5Ef4/au1:15596:0:99999:7:::
sshd:*:15604:0:99999:7:::
Cada entrada no ficheiro /etc/shadow ten a seguinte estrutura:
nomeUsuario:contrasinal:ultimoCambio:min:max:aviso:inactividade:exp:reservado
  • nomeUsuario: nome do usuario
  • contrasinal: contrasinal cifrada do usuario
  • ultimoCambio: data do último cambio do contrasinal (días dende o 1 de Xaneiro de 1970)
  • min: mínimo número de días que deben pasar para poder cambiar o contrasinal
  • max: número máximo de días que pode estar o usuario con ese contrasinal. Utilízase para obrigar ao usuario a que cambie o contrasinal
  • aviso: número de días que se avisará con antelación ao usuario de que o contrasinal vai caducar
  • inactividade: número de días antes de que se bloquee a conta se non cambiou o contrasinal
  • exp: data na que caduca a conta. Cóntase en días a partir do 1/1/1970. Se o campo está en branco, a conta non caduca nunca. Se caducou o superusuario ou administrador do sistema deberá activala
  • reservado: reservado para usos futuros

Aprende.png
Contrasinal:

O contrasinal almacénase encriptado, polo que non garda parecido evidente có contrasinal real. Un asterisco (*) ou un signo de admiración (!) denota unha conta sen contrasinal (é dicir, unha conta que non permite o acceso, pois está bloqueada). Isto é habitual en contas que utiliza o propio sistema.

- Un usuario pode acceder a ficheiros que pertencen a outros grupos sempre que o usuario pertenza a dito grupo e que o acceso estea permitido polos permisos de acceso do grupo. Sen embargo, para executar programas ou crear ficheiros cun grupo distinto do primario, o usuario deberá executar o comando newgrp para cambiar a pertenencia ao grupo actual. Nese momento é cando o sistema lle pedirá ao usuario o contrasinal do grupo para poder pertencer a el.

Aprende.png
Comando groups:

Con este comando podemos ver os grupos aos que pertence un usuario, tanto o principal como os secundarios:

$ groups usuario.

Asociar UID e GID a usuarios e grupos

Linux define aos usuarios e grupos por números, aos que se refire como ID de usuario (UID) e ID de grupos (GID), respectivamente.
- Linux segue o rastro dos usuarios e grupos por estes números, non polo seu nome. Linux emprega /etc/passwd ou /etc/group.


Aprende.png
Comando id

O comando id mostra a identidade do usuario (UID) e os grupos aos que pertence.

- As distribucións de Linux reservan o primeiro centenar de ID de usuario e grupos (0-99) para o uso do sistema. O mais importante destes é o 0, que corresponde ao root (tanto o usuario como o grupo).
- Mais alá do 100, as ID de usuario e grupo atópanse dispoñibles para os usuarios e grupos normais.
- Cando se crean contas de usuario e de grupo o sistema localizará o seguinte número sen utilizar.
- Cando se elimine unha conta, o número de ID de dita conta poderase reutilizar.
- Normalmente o GID 100 é users, o grupo por defecto para algunhas distribucións.
- Poderíanse crear varios nomes de usuario que empreguen a mesma UID ou varios nomes de grupo que empreguen a mesma GID. Trataríase, en certo modo, de contas ou grupos distintos; teñen entradas diferentes en /etc/passwd ou /etc/group, polo uqe poden ter distintos directorios home, diferentes contrasinais, etc. Pero, como teñen o mesmo ID que outros usuarios ou grupos, serán tratados de idéntico xeito no referente aos permisos dos ficheiros.

Configurar contas de usuario

Como administrador de Linux é necesario saber cómo engadir, modificar ou eliminar contas de usuario.

Engadir usuarios

Os usuarios pódense engadir mediante as utilidades useradd e adduser.

  • useradd - É a utilidade por defecto que ten Debian para engadir usuarios. A súa sintaxe básica é a seguinte:
useradd [-c comentario] [-d dir-home] [-e data-expiración] [-f días-inactivo]
 [-g grupo-defecto] [-G grupo[,...]] [-m [-k dir-esqueleto] | -M]
 [-p contrasinal] [-s shell] [-u UID [-o]] [-r] [-n] nome-usuario
  • adduser - Engade usuarios e grupos ao sistema de acordo ás opcións da liña de ordes seleccinadas e á configuración existente no arquivo /etc/adduser.conf. Ofrece unha interfaz máis sinxela que useradd, seleccionando un valor axeitado para o identificador de usuario (UID), crea un directorio personal (/home/USUARI@) coa configuración predeterminada, executa un script personalizado e outras funcionalidades.
- Na súa forma mais simple, pódese escribir só useradd nome-usuario. O resto dos parámetros utilízanse para modificar os valores por defecto do sistema, que se almacenan no ficheiro /etc/login.defs.
- Vexamos un exemplo: "Temos un sistema no que se engadeu un disco duro montado como /home2. Deséxase crear unha conta para unha usuaria chamada lara e colocar o seu directorio home nese disco. Tamén se desexa que lara sexa membro dos grupos proxecto1 e proxecto4, tendo proxecto4 como grupo por defecto. A usuaria tamén quere que bash sexa a súa consola por defecto". O comando que crea a usuaria lara con eses parámetros é o seguinte:
# Se non están creados os grupos:
$ groupadd proxecto4
$ groupadd proxecto1
# Agora créase o usuario:
$ useradd -d /home2/lara -m -g proxecto4 -G proxecto1,proxecto4 -s /bin/bash lara
# Por último, configurámoslle un contrasinal por defecto:
$ passwd lara
- Para automatizar o cambio de contrasinais é moito máis útil o comando chpasswd:
# Có comando mkpasswd ciframos o contrasinal a empregar
$ mkpasswd
# Password:blah
# BVR2Pnr3ro5B2
##
# Agora executamos o comando chpasswd indicando que o contrasinal ven cifrado.
# Pasámoslle o binomio usuario:contrasinal
$ echo "lara:$(mkpasswd abc123..)" | chpasswd -e
Se mkpasswd non está instalado:
$ apt-get install whois


Aprende.png
Skeleton

É moi interesante o directorio "esqueleto", que por defecto é /etc/skel, aínda que o podemos configurar onde nos interese coa opción -k. Este directorio contén arquivos e directorios que serán copiados no directorio home dos usuarios creados coa ferramenta useradd. Está claro que isto será así cando sexan empregadas as opcións -m (ou --create-home).

Modificar contas de usuario

Moitas veces teremos que modificar certos parámetros dalgunha conta de usuario, poderémolo facer de varias maneiras: editando directamente ficheiros críticos como /etc/passwd ou /etc/shadow onde se almacenan de forma encriptada os contrasinais dos usuarios, modificar ficheiros de configuración específicos do usuario ou empregar utilidades do sistema como as que se empregan para crear contas.

  • Definir un contrasinal:
- Ainda que useradd ofrece o parámetro -p para definir un contrasinal, esta ferramenta require un contrasinal pre-encriptado.
- Por conseguinte, é mais fácil crear unha conta de forma desactivada (sen empregar -p) e definir o contrasinal tras crear a conta.
- Isto podémolo facer có comando passwd ou, como vimos antes, moito mellor có comando chpasswd.
- Os usuarios normais poden utilizar passwd para cambiar os seus contrasinais, pero moitos dos seus parámetros só os pode utilizar root. En concreto, -l, -u,-i e-d quedan fora do alcance dos usuarios normais.
- Os contrasinais de Linux poden conter letras, números e signos de puntuación. Linux distingue entre maiúsculas e minúsculas nos contrasinais.
  • Empregar a utilidade usermod:
- O programa usermod é moi similar a useradd nas súas funcionalidades e parámetros, ainda que esta utilidade cambia unha conta existente en lugar de crear unha nova.
- usermod permite a incorporación dun parámetro -m cando se utiliza con -d. O parámetro -d, por si só, cambia o directorio home do usuario, pero non move ningún ficheiro. Se se agrega -m, usermod moverá os ficheiros do usuario ao novo sitio.
- Se cambiamos a UID dunha conta, esta acción non cambiará a UID almacenada cós ficheiros do usuario. Como consecuencia, o usuario pode deixar de ter acceso a estes ficheiros. Pódese actualizar manualmente as UID de todos os ficheiros empregando o comando chown. En concreto, un comando como o seguinte, executado tras cambiar a UID da conta lara, restaura o propietario correcto dos ficheiros do directorio home de lara:
# Configuramos o usuario "lara" có UID "2000"
$ usermod -u 2000 lara
# Cambiamos os permisos de acceso para os seus documentos
$ chown -R lara /home2/lara
  • Empregar a utilidade chage:
- O comando chage permítenos modificar os parámetros das contas relacionados coa expiración desta.
- As contas de Linux se poden configurar para que expiren automáticamente se se cumple cualquera destas condicións:
· O contrasinal non cambiou nun periodo de tempo específico.
· A data do sistema sobrepasou o tempo predeterminado.
- Estes parámetros contrólanse coa utilidade chage, que posúe a seguinte sintaxe:
chage [-l] [-m mindías] [-M maxdías] [-d últimodía] [-I díasinactivo] [-E fechaexpiración ] [-W díasaviso] nomeusuario
- A opción -l fai que chage mostre a información do periodo de expiración da conta e do contrasinal dun usuario concreto.
- No seguinte exemplo o password do usuario lara configúrase para que expire en 10 días dende o último cambio de contrasinal:
$ chage -M 10 lara

Eliminar contas

Sobre o papel, borrar contas de usuario é fácil. Pode utilizar o comando userdel para realizar a función de eliminar as entradas do usuario de /etc/passwd e, se o sistema emprega contrasinais ocultas, /etc/shadow. O comando userdel só recibe tres parámetros cós que conseguiremos:

- Borrar ficheiros de usuario: O parámetro -r fai que o sistema elimine todos os ficheiros da cola de correo do usuario e do seu directorio home.
- Forzar o borrado: Pódese forzar o borrado da conta mentres un usuario está dentro do sistema empregando a opción -f xunto con -r.
- Obter axuda: A opción -h resume as opcións de userdel.
Vexamos un exemplo no que se elimina a conta lara:
$ userdel -r lara
Có comando anterior tamén se eliminan todos os arquivos do usuario lara. Pero, se o usuario ten arquivos gardados por algún sitio do árbol de directorios podemos empregar o comando find có seu parámetro -uid (ou -user, se empregamos find antes de borrar a conta). Por exemplo, se lara ten o UID 2000, pódese empregar o seguinte comando para localizar todos os seus ficheiros:
$ find / -uid 2000

Configurar grupos

Linux ofrece ferramentas de configuración de grupos moi semellantes ás das contas de usuario en moitos aspectos, pero sen esquecer que "un grupo non é unha conta de usuario".

Engadir grupos

Linux proporciona o comando groupadd para engadir novos grupos. Esta utilidade é similar a useradd pero ten menos opcións.

A sintaxe de groupadd é a seguinte:
groupadd [-g GID [-o]] [-r] [-f] nomegrupo
Na maioría dos casos, os grupos créanse sen especificar parámetros, excepto o propio nome do grupo:
$ groupadd proxecto3

Modificar a información do grupo

A información dos grupos, como a das contas de usuario, pódese modificar empregando utilidades ou ben directamente, editando o ficheiro de configuración /etc/group.
  • Uso de groupmod e usermod
- O comando groupmod modifica os parámetros dun grupo existente. A súa sintaxe é a seguinte:
groupmod [-g GID [-o]] [-n nomenovogrupo] nomeantigogrupo
Có parámetro -o podemos configurarlle a un grupo un GID que xa pertence a outro grupo.
- Para engadir un usuario a un grupo empregaremos o comando usermod có seu parámetro -G.
Por exemplo, o seguinte comando define a lara como membro dos grupos users, proxecto1 e proxecto4 e a elimina de todos os demais grupos:
$ usermod -G users,proxecto1,proxecto4 lara
Pero, para cambiar o grupo por defecto dun usuario, empregamos o parámetro -g:
$ usermod -g proxecto2 lara
- Pódese saber a que grupos pertence actualmente un usuario có comando groups:
$ groups lara
- Para evitar a omisión accidental dun grupo, moitos administradores prefiren modificar o ficheiro /etc/group ou empregar o comando gpasswd. De calquera deses xeitos poderanse engadir usuarios a un grupo sen especificar a que grupos existentes pertence xa.
  • Uso de gpasswd
- O comando gpasswd é o equivalente a passwd para os grupos.
- O comando gpasswd tamén lle permite modificar outras características dos grupos e asignar administradores de grupos: usuarios que poden realizar nestes algunhas funcións administrativas propias dos grupos.
- A sintaxe básica deste comando é a seguinte:
gpasswd [-a usuario] [-d usuario] [-R] [-r] [-A usuario[,...]] [-M usuario[,...]] grupo
- Engadimos administradores ao grupo có parámetro -A usuario.
- Engadimos usuarios ao grupo có parámetro -a usuario.
- Se executamos o comando sen mais parámetros que o nome do grupo, gpasswd cambia o contrasinal do grupo. Os contrasinais de grupo permiten controlar quen é membro do grupo, os membros dun grupo poden empregar newgrp para cambiar o grupo ao que pertencen actualmente, poderán así cambiar de grupo temporalmente e en calquera momento introducindo o contrasinal configurado. Así e todo, newgrp non está correctamente implementado en todas as distribución.
  • Modificar directamente os ficheiros de configuración dos grupos:
- A información dos grupos almacénase fundamentalmente no ficheiro /etc/group.
- Nel teremos unha liña por grupo. Como xa vimos antes, unha liña típica deste ficheiro ten este aspecto:
# Nome do grupo:Contrasinal oculta:GID:Lista de usuarios
project1:x:501:lara,rafa,andrea,daniel
- Os usuarios tamén poden ser membros dun grupo en base á especificación de grupo primario do seu ficheiro /etc/passwd.
- Os sistemas con contrasinais ocultas utilizan outro ficheiro, /etc/gshadow, para almacenar a información dos contrasinais ocultos dos grupos.

Eliminar grupos

  • Os grupos se eliminan có comando groupdel, que recibe un único parámetro: o nome do grupo.
Vexamos un exemplo no que eliminamos o grupo proxecto3:
$ groupdel proxecto3
  • Tamén se pode eliminar un grupo editando o ficheiro /etc/group (e /etc/gshadow).
Como ocorre ao borrar usuarios, o borrado de grupos pode deixar ficheiros orfos no ordenador có comando find. Vexamos un exemplo:
$ find / -gid 503
Despois de atopar algún arquivo que pertenza ao grupo borrado o normal é borrar os ficheiros ou asignarlles outro grupo empregando os comandos chown ou chgrp.

Acceso dos usuarios con privilexios de root

Ademais de entrar no login do sistema como root, hai dúas formas de ampliar os privilexios dun usuario e adquirir os de root.
Para facer isto empregaremos os comandos su e sudo.

O comando su

O comando su fai que un usuario que se identificou coa súa propia conta poida cambiar o seu uid ao de root.
Por suposto debe saber o password do root.

O comando sudo

O comando sudo permítenos executar un comando como outro usuario. Así, neste caso non é necesario coñecer o contrasinal de root para executar certos comandos de administración.
A relación de usuarios e comandos permitidos para eles deben de estar no ficheiro /etc/sudoers (Axuda de sudoers).
Por exemplo, para que o usuario lara poida facer shutdown do sistema debe existir unha entrada no ficheiro sudoers como:
...
# Cmnd alias specification
Cmnd_Alias SHUTDOWN_CMDS = /sbin/shutdown, /sbin/halt, /sbin/reboot
...
%admin ALL = (ALL) ALL
lara ALL=(ALL) NOPASSWD: SHUTDOWN_CMDS

Logo "lara" poderá apagar o equipo empregando o comando:

$ sudo shutdown -h now

Ou reinicialo empregando o comando:

$ sudo shutdown -r now


Aprende.png
Axuda de visudo

Para modificar o arquivo sudoers hai que empregar a utilidade visudo. Simplemente con escribir visudo na liña de comandos o arquivo sudoers abrirase para editalo e configuralo.

En ubuntu, por defecto, todos os usuarios que pertencen ao grupo admin teñen permisos de root.
A liña que indica iso no arquivo sudoers é a seguinte:
# Members of de admin group may gain root privileges
%admin ALL=(ALL) ALL

Neste caso:

  • %admin: grupo que obtén os privilexios. Neste caso o grupo admin.
  • ALL: en que equipos. Neste caso en todos.
  • (ALL): de que usuarios gaña os privilexios: Neste caso de todos. Este campo é opcional.
  • ALL: que comandos pode executar. Neste caso todos.

Outras accións posibles có comando sudo son as seguintes:

# Descubrir que comandos podemos executar empregando sudo:
$ sudo -l
# Descubrir pode executar un usuario calquera,
# sempre e cando o fagamos dende root ou un usuario con ALL privilexios:
$ sudo -l -U usuario
# Para eliminar as nosas credenciales en sudo:
$ sudo -k
# A seguinte vez que empreguemos sudo nos pedirá outra vez o contrasinal.
# Para executar a Shell como o usuario proba:
$ sudo -u proba
# Para executar a Shell como o usuario proba e ademais configurar este 
# tal e como o vería ese usuario (directorio, aparencia...):
$ sudo -u proba -i
# Para executar a Shell como o usuario root:
$ sudo su
# Para executar a Shell como o usuario root e ademais configurar este 
# tal e como o vería root (directorio, aparencia...):
$ sudo su -


Aprende.png
Sudo gráfico

Non se debe usar sudo para iniciar aplicacións gráficas como root. No seu lugar débese usar gksudo (kdesudo en Kubuntu). O comando gksudo establece o directorio HOME a /root. Isto evita que se creen ficheiros nos directorios dos usuarios onde o dono é o root.