Diferencia entre revisiones de «Administración dos usuarios do dominio con LDAP e kerberos»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 05:36 5 mar 2011

Implicacións do uso de kerberos no mantemento dos usuarios do dominio

Implantar o servidor de kerberos no dominio implica unha maior complexidade na administración dos usuarios do dominio, xa que cada usuario que deamos de alta no dominio, teremos que dalo de alta tamén como un principal en kerberos. Cando damos de alta o usuario como principal, engádenselle ao usuario no LDAP unha serie de valores para os atributos propios do esquema de kerberos, entre os que se atopan o nome do principal no atributo krbPrincipalName (usuario@reino, por exemplo xan@IESCALQUERA.LOCAL) e o contrasinal do usuario de kerberos krbPrincipalKey.

Desta forma, cada vez que engadimos, editamos (sobre todo se cambiamos o contrasinal) ou borramos un usuario deberíamos lembrarnos de facer a operación correspondente no principal de kerberos, usando o comando kadmin ou kadmin.local.

Para non ter que facer estes procesos de forma manual, imos ver como configurar a ferramenta de Usuarios e grupos LDAP do webmin para que realice estas funcións de forma automática.

Configuración do webmin para a administración dos usuarios do LDAP con kerberos

O módulo de Usuarios e grupos LDAP do webmin permite introducir scripts para sexan executados antes ou despois da creación, modificación ou borrado de usuarios ou de grupos. Estes scripts teñen acceso a través dunhas variables de contorno ao tipo de acción que desencadeou o script e aos datos do usuario ou grupo modificado (Máis información en http://doxfer.com/Webmin/UsersAndGroups#Configuring_the_Users_and_Groups).

No noso caso precisamos un script que cando se cree un novo usuario cree o correspondente principal de kerberos, se se modifica un usuario actualice o seu contrasinal e se se elimina un usuario elimine o principal de kerberos.

Pois ben, tendo en conta os parámetros que recibe o script podería ter o seguinte contido:

#!/bin/bash
case "$USERADMIN_ACTION" in
"CREATE_USER") kadmin.local -q "addprinc -x dn=uid=$USERADMIN_USER,ou=usuarios,dc=iescalquera,dc=local -pw $USERADMIN_PASS $USERADMIN_USER";;
"MODIFY_USER") kadmin.local -q "cpw -pw $USERADMIN_PASS $USERADMIN_USER";;
"DELETE_USER") kadmin.local -q "delprinc -force $USERADMIN_USER";;
esac

Almacenamos o script no ficheiro /opt/admin_kerberos_principals.sh e lle damos permisos de execución co comando:

sudo chmod 755 /opt/admin_kerberos_principals.sh


Picamos no enlace de Configuración de módulo na páxina principal do módulo de Usuarios e grupos LDAP e introducimos a ruta ao script no parámetro de Comando a ejecutar tras aceptar los cambios que atopamos na sección de Comandos de antes y despues na parte inferior da páxina. Picamos no botón de Salvar para almacenar este parámetro:

Platega U910 Server Configuracion webmin kerberos.png

-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez