Actualizar o sistema. Instalar e desinstalar paquetes. Localización do sistema

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Nesta sección vaise estudar como actualizar o sistema e como instalar e desinstalar paquetes. Usaranse as seguintes utilidades de consola/terminal: aptitude, apt-get e dpkg.


Ficheiros que se usan nesta sección

/etc/apt/sources.list

  • Descrición: almacena a configuración de onde se atopan os repositorios dos que baixar os paquetes.
  • Exemplo de configuración: Cada liña indica o tipo de paquete, de onde descargalos, versión de Debian e tipo de repositorio. Para desactivar un repositorio basta con comentalo con # e executar: aptitude update ou apt-get update.
# 

# deb cdrom:[Debian GNU/Linux 9.1.0 _Strectch_ - Official amd64 NETINST Binary-1 20170722-11:31]/ stretch main

#deb cdrom:[Debian GNU/Linux 9.1.0 _Strectch_ - Official amd64 NETINST Binary-1 20170722-11:31]/ stretch main

deb http://ftp.es.debian.org/debian/ stretch main
deb-src http://ftp.es.debian.org/debian/ stretch main

deb http://security.debian.org/debian-security stretch/updates main contrib
deb-src http://security.debian.org/debian-security stretch/updates main contrib

# stretch-updates, previously known as 'volatile'
deb http://ftp.es.debian.org/debian/ stretch-updates main contrib 
deb-src http://ftp.es.debian.org/debian/ stretch-updates main contrib
  • Tipos de repositorios: Por defecto os tipos de paquetes que se poden descargar pertencen aos tipos de repositorios:
    • main: Software soportado por Debian.
    • contrib: Software mantido pola comunidade.

Comandos que se usarán nesta sección

Os dous primeiros son moi semellantes, pero o primeiro ademais ten a opción de usar un entorno de traballo interactivo.

aptitude

apt-get

apt-cache

  • Descrición: para obter información sobre os paquetes.
  • Sintaxe: Pódese ver introducindo simplemente o comando apt-cache
  • Máis información:

dpkg

Localización do sistema

  • En Debian pódese localizar o sistema ao idioma, moeda, formatos numéricos, unidades de medida, etc, desexados.
  • Nas imaxes móstrase como localizar ao galego un sistema localizado en español.

Actualizar o sistema

Neste apartado, a modo de exemplo, vaise amosar como actualizar o sistema de tres formas distintas:

  • apt-get.
  • aptitude en modo interactivo.
  • aptitude en modo comando.


Actualización con apt-get en Debian

Actualización con aptitude en modo interactivo

  • Na versión 9 de Debian e superiores para usar aptitude é preciso instalar o paqute:
apt-get install aptitude -y 


Actualización con aptitude en modo comando

Busca de paquetes

  • Para buscar paquetes por exemplo relacionados con Java:
# Con apt
apt-cache search java

# Con aptitude
aptitude search java

Instalación/desinstalación de paquetes: tree. Limpiar cache

  • Vaise instalar o paquete tree que serve para amosar os directorios en forma de árbore
  • Usarase apt-get, con aptitude sería igual: aptitude install tree.

Información sobre paquetes

  • Para obter información sobre os paquetes, por exemplo sobre tree:
#En apt-cache
apt-cache showpkg tree


#En aptitude
aptitude show tree

apt-get vs aptitude

  • Os dous levan listas distintas de paquetes instalados/desinstalados, por tanto é recomendable que se usa un non se use o outro.
  • Pero usan os mesmos repositorios, os dous len o arquivo /etc/apt/sources.list.

Poderes de super vaca?: un pouco de humor

Resulta que hai xente que se aburre, e deciden crear opcións para comandos que son [ovos de pascua virtuais] (sorpresas). Esas opcións non están documentadas.

apt-get

aptitude

Pois nada, así tamén vense unhas cousiñas que funcionalmente non fan nada pero que teñen unha chisca de humor.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez