https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Actualizar_o_sistema._Instalar_e_desinstalar_paquetes._Localizaci%C3%B3n_do_sistema&feed=atom&action=historyActualizar o sistema. Instalar e desinstalar paquetes. Localización do sistema - Historial de revisiones2024-03-28T17:35:33ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Actualizar_o_sistema._Instalar_e_desinstalar_paquetes._Localizaci%C3%B3n_do_sistema&diff=62481&oldid=prevCarrion: /* Información sobre paquetes */2017-09-30T15:36:56Z
Información sobre paquetes

Página nueva

Nesta sección vaise estudar como actualizar o sistema e como instalar e desinstalar paquetes. Usaranse as seguintes utilidades de consola/terminal: '''aptitude''', '''apt-get''' e '''dpkg'''.

== Ficheiros que se usan nesta sección ==

'''[http://es.wikipedia.org/wiki/Sources.list /etc/apt/sources.list]'''

* '''Descrición''': almacena a configuración de onde se atopan os repositorios dos que baixar os paquetes.

*'''Exemplo de configuración''': Cada liña indica o tipo de paquete, de onde descargalos, versión de Debian e tipo de repositorio. Para desactivar un repositorio basta con comentalo con # e executar: aptitude update ou apt-get update.

# deb cdrom:[Debian GNU/Linux 9.1.0 _Strectch_ - Official amd64 NETINST Binary-1 20170722-11:31]/ stretch main

#deb cdrom:[Debian GNU/Linux 9.1.0 _Strectch_ - Official amd64 NETINST Binary-1 20170722-11:31]/ stretch main

deb http://ftp.es.debian.org/debian/ stretch main

deb-src http://ftp.es.debian.org/debian/ stretch main

deb http://security.debian.org/debian-security stretch/updates main contrib

deb-src http://security.debian.org/debian-security stretch/updates main contrib

# stretch-updates, previously known as 'volatile'

deb http://ftp.es.debian.org/debian/ stretch-updates main contrib

deb-src http://ftp.es.debian.org/debian/ stretch-updates main contrib

*'''Tipos de repositorios''': Por defecto os tipos de paquetes que se poden descargar pertencen aos tipos de repositorios:

**'''main''': Software soportado por Debian.

**'''contrib''': Software mantido pola comunidade.

* '''/var/cache/apt/archives''': É un directorio onde se descargan os paquetes usados nas instalacións e actualizacións (Revisar no curso de Ubunt Desktop [[A xeraquía dos sistema de ficheiros de GNU/Linux]], e observar ''/var'').

== Comandos que se usarán nesta sección ==

Os dous primeiros son moi semellantes, pero o primeiro ademais ten a opción de usar un entorno de traballo interactivo.

=== aptitude ===

* '''Descrición''': xestiona (instalar, buscar, eliminar, actualizar, etc) os paquetes e posúe un modo interactivo.

* '''Sintaxe''': Pódese ver co comando '''aptitude --help'''

* '''Máis información''':

** http://es.wikipedia.org/wiki/Aptitude

** [http://nixdoc.net/man-pages/Linux/aptitude.1.html man aptitude]

===apt-get===

* '''Descrición''': xestiona (instalar, buscar, eliminar, actualizar, etc) os paquetes. Non posúe un modo interactivo.

* '''Sintaxe''': Pódese ver introducindo simplemente o comando '''apt-get'''

* '''Máis información''':

** http://es.wikipedia.org/wiki/Advanced_Packaging_Tool

** [http://linux.die.net/man/8/apt-get man apt-get]

===apt-cache===

* '''Descrición''': para obter información sobre os paquetes.

* '''Sintaxe''': Pódese ver introducindo simplemente o comando '''apt-cache'''

* '''Máis información''':

** [http://linux.die.net/man/8/apt-cache man apt-cache]

===dpkg===

* '''Descrición''': para obter información, instalar e desinstalar paquetes soltos .deb

* '''Sintaxe''': Pódese ver co comando '''dpkg --help'''

* '''Máis información''':

** http://es.wikipedia.org/wiki/Dpkg

** [http://linuxreviews.org/man/dpkg/ man dpkg]

==Localización do sistema==

*En Debian pódese localizar o sistema ao idioma, moeda, formatos numéricos, unidades de medida, etc, desexados.

*Nas imaxes móstrase como localizar ao galego un sistema localizado en español.

<gallery caption="Localizar o sistema" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Image:Dl_2014_debian_rede_37.jpeg| Executar '''dpkg-reconfigure locales'''

Image:Dl_2014_debian_rede_26.jpeg| Seleccionar a localización desexada, neste caso: '''es_ES.UTF-8'''

Image:Dl_2014_debian_rede_27.jpeg| Indicar cal será a configuración predeterminada do sistema. Para que sexa efectiva hai que saír e volver entrar.

</gallery>

==Actualizar o sistema==

Neste apartado, a modo de exemplo, vaise amosar como actualizar o sistema de tres formas distintas:

*'''apt-get'''.

*'''aptitude''' en modo interactivo.

*'''aptitude''' en modo comando.

=== Actualización con apt-get en Debian===

<gallery caption="Actualización: apt-get" widths="350" heights="250px" perrow="2">

Image:2017_aptget_01.png| Comezamos executando '''apt-get update''' para ver se hai cambios nos repositorios.

Image:2017_aptget_02.png| Executamos '''apt-get upgrade''' para aplicar as actualizacións. Non hai paquetes para actualizar.

</gallery>

=== Actualización con aptitude en modo interactivo ===

*Na versión 9 de Debian e superiores para usar '''aptitude''' é preciso instalar o paqute:

apt-get install aptitude -y

<gallery caption="Actualización: Aptitude en modo interactivo" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Imagen:2017_aptitude_01.png| Executar: ''aptitude''.

Imagen:2017_aptitude_02.png| Ábrese unha ferramenta interactiva. Premendo CTRL+T accédese ó menú (En VirtualBox, deberemos usar a tecla CTRL da esquerda, xa que a da dereita é a tecla de host que permite controlar a máquina virtual). A ferramenta está indicando cantos paquetes ten de cada tipo. Fixarse que non indica que hai paquetes que deben ser actualizados.

Imagen:2017_aptitude_03.png| En '''Accións->Actualizar a lista de paquetes''' ou premendo '''u''' minúscula vanse actualizar as listas de paquetes. Co cal, ó actualizar a lista de paquetes dispoñibles nos repositorios vaise comparar a versión dos paquetes instalados coa que existe nos repositorios.

Imagen:2017_aptitude_04.png| Descargando as listas de paquetes de cada repositorio que está configurado en '''/etc/apt/sources.list'''.

Imagen:Platega_U910_Server_Paquetes_05.jpeg| Neste exemplo sobre outra máquina indica que hai 23 paquetes de seguridade por actualizar e 39 normais.

Imagen:Platega_U910_Server_Paquetes_06.jpeg| Neste exemplo, movéndose pola estrutura vense os paquetes que teñen actualizacións. Na imaxe amósase que a versión do kernel instalada é a 2.6.31.14 e a dispoñible é: 2.6.31.19. se agora se premese '''g''' minúscula ou se fora ao menú '''Accións->Instalar/eliminar paquetes''', pois descargaríanse os paquetes novos e actualizaríase o sistema.

</gallery>

=== Actualización con aptitude en modo comando ===

<gallery caption="Actualización: Aptitude en modo comando" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Imagen:2017_aptitude_05.png| '''aptitude update''' actualiza a lista de paquetes dos repositorios. Estas listas conteñen os paquetes que existen no repositorio correspondente e a súa versión.

Imagen:2017_aptitude_06.png| '''aptitude upgrade''' vai indicar cantos paquetes son susceptibles de ser actualizados e ó final preguntará se se desexa continuar coa actualización. Neste caso non indica que haxa paquetes por actualizar, co cal o sistema está ''á última''.

</gallery>

== Busca de paquetes ==

*Para buscar paquetes por exemplo relacionados con Java:

# Con apt

apt-cache search java

# Con aptitude

aptitude search java

== Instalación/desinstalación de paquetes: tree. Limpiar cache ==

*Vaise instalar o paquete '''tree''' que serve para amosar os directorios en forma de árbore

*Usarase apt-get, con aptitude sería igual: '''aptitude install tree'''.

<gallery caption="Instalación con apt-get" widths="350" heights="250px" perrow="2">

Image:Dl_2014_debian_rede_28.jpeg| Executar '''apt-get install tree''' e instalar o paquete.

Image:Dl_2014_debian_rede_29.jpeg| Proba do comando tree.

Image:Dl_2014_debian_rede_30.jpeg| Desinstalar un programa pódese facer con:
'''apt-get remove''': elimina o paquete pero non os ficheiros asociados.
'''apt-get purge''': elimina o paquete e tamén os ficheiros asociados.

Image:Dl_2014_debian_rede_31.jpeg| Cando se instalan paquetes estes son descargados a '''/var/cache/apt/archives''' e dende aí son instalados. Pero aínda que se desinstale o paquete non se elimina o instalable.

Image:Dl_2014_debian_rede_32.jpeg| Unha vez que se instalaron os paquetes pódense eliminar os ficheiros descargados instalables con '''apt-get clean'''.
Este comando é aconsellable executalo cando o equipo no que se está a traballar vai ser unha base para logo ser clonado, pois así aforramos algo de espazo.

</gallery>

==Información sobre paquetes==

*Para obter información sobre os paquetes, por exemplo sobre '''tree''':

#En apt-cache

apt-cache showpkg tree

#En aptitude

aptitude show tree

==apt-get vs aptitude==

* Os dous levan listas distintas de paquetes instalados/desinstalados, por tanto é recomendable que se usa un non se use o outro.

* Pero usan os mesmos repositorios, os dous len o arquivo ''/etc/apt/sources.list''.

* Nestes enlaces recóllense un par de comparativas sobre estas ferramentas:

** [http://banyut.obolog.com/apt-get-vs-aptitude-106918 http://banyut.obolog.com/apt-get-vs-aptitude-106918]

** [http://lgallardo.com/2009/03/23/apt-vs-aptitude http://lgallardo.com/2009/03/23/apt-vs-aptitude]

==Poderes de super vaca?: un pouco de humor==

Resulta que hai xente que se aburre, e deciden crear opcións para comandos que son [[http://es.wikipedia.org/wiki/Huevo_de_pascua_%28virtual%29 ovos de pascua virtuais]] (sorpresas). Esas opcións non están documentadas.

===apt-get===

<gallery caption="" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Platega_U910_Server_Paquetes_60.jpeg| '''apt-get --help''' ofrece a axuda de ''apt-get''

Imagen:Platega_U910_Server_Paquetes_61.jpeg| Ó final da axuda indica que este APT ten poderes de Super Vaca. Que será iso?

Imagen:Platega_U910_Server_Paquetes_62.jpeg| Os poderes de super vaca invócanse facendo uso da opción '''moo''': '''apt-get moo'''.

</gallery>

===aptitude===

<gallery caption="" widths="350" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Platega_U910_Server_Paquetes_63.jpeg| '''aptitude --help'''

Imagen:Platega_U910_Server_Paquetes_64.jpeg| A axuda indica que aptitude non ten poderes de Super Vaca.

Imagen:Platega_U910_Server_Paquetes_65.jpeg| Pois efectivamente non os ten ... pero .....

Imagen:Platega_U910_Server_Paquetes_66.jpeg| se se pon o parámetro '''-v''', e se van aumentando as '''v''', si parece ser que tiña poderes de Super Vaca.

</gallery>

Pois nada, así tamén vense unhas cousiñas que funcionalmente non fan nada pero que teñen unha chisca de humor.

-- [[Usuario:antonio| Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion| Carlos Carrión Álvarez]]
Carrion