Acceso á carpeta datos iniciando sesión con outro usuario distinto do Administrador

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 23:16 23 dic 2007 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Para que esta tarefa sexa mais completa, antes de nada, facer dende a conta do Administrador un arquivo de texto no interior da carpeta datos.

Ntfs19.JPG

Logo, iniciar sesión có usuario Anxo e comprobar o que este usuario pode facer na carpeta datos e no arquivo hola.txt.

Ntfs20.JPG

Pódese empezar por intentar eliminar o arquivo hola.txt. Vese, como é lóxico, que non se permite esta acción.

Ntfs21.JPG

Pero, ¿poderase modificar o contido sen chegar a eliminar o arquivo?

Ntfs22.JPG

Como se pode comprobar na imaxe anterior a Modificación do arquivo tampouco é posible. Cando se intenta gardar o arquivo parece a ventá de Gardar como, polo que se deduce que o que si se permiten é crear arquivos novos no interior da carpeta datos.

Así que, gardarase o arquivo como hola_Anxo.txt e comprobarase, a continuación, que permisos existen sobre ese arquivo.

Ntfs23.JPG

En primeiro lugar hai que fixarse que xa non aparece o usuario CREATOR OWNER, isto é lóxico pois non se pode "crear nada no interior dun arquivo", ese grupo especial só aparece nas carpetas.

Tamén se observa que aparece especificamente o nome do usuario que creou o arquivo, é dicir Anxo, e este ten Control total.

Nota: Na carpeta datos tamén aparecía o usuario creador da carpeta con Control total, era o usuario Administrador.

Observar, ademais os permisos que o resto dos usuarios teñen sobre o arquivo, vese que todos teñen permisos de Lectura e execución pero seguen sen poder Escribir nel e, como non, borralo.

Ntfs24.JPG

Pódense resumir todos os permisos na seguinte táboa.

Permisos Efectivos Administradores Anxo System Usuarios
Control Total X X X  
Recorrer carpeta
Executar arquivo
X X X X
Listar carpeta
Ler datos
X X X X
Crear arquivos
Escribir datos
X X X  
Crear carpetas
Anexar datos
X X X  
Eliminar subcarpetas
e arquivos
X X X  
Eliminar X X X  
Permisos de lectura X X X X
Cambiar permisos X X X  
Tomar posesión X X X