https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Acceder_a_carpetas_compartidas_con_Windows&feed=atom&action=historyAcceder a carpetas compartidas con Windows - Historial de revisiones2024-03-28T21:06:25ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Acceder_a_carpetas_compartidas_con_Windows&diff=58621&oldid=prevAntonio en 01:45 1 mar 20162016-03-01T01:45:25Z

Página nueva

Unha vez que temos unha carpeta compartida nun equipo, podemos acceder a ela dende calquera outro equipo da rede local. Imos ver como podemos facelo se o equipo dende o que queremos acceder á carpeta é un equipo Windows. Veremos dúas formas de facelo, accedendo directamente á carpeta ou conectando unha unidade de rede.

== Acceder directamente a unha carpeta compartida ==

Usando o explorador de ficheiros de Windows podemos acceder directamente a unha carpeta compartida noutro equipo da rede local. Esta é unha forma rápida de acceder a unha carpeta compartida, pero non será moi cómoda se imos utilizar con frecuencia a carpeta compartida dende o equipo.

<gallery caption="Acceder directamente a unha carpeta compartida" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_0.jpg|Abrimos o explorador de ficheiros de Windows ('''Inicio'''->'''Equipo''') e escribimos na caixa de dirección a ruta á carpeta compartida á que queremos acceder, que será '''\\''nome_do_equipo_que_comparte_a_carpeta''\''nome_do_recurso_compartido'''''. Podemos tamén utilizar a dirección IP do equipo en lugar do seu nome, e cómpre recordar que o nome de carpeta que teremos que poñer será o do '''recurso compartido''', que normalmente coincidirá co nome da carpeta, pero non ter por que ser así. Prememos ''Enter''.

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_1.jpg|Neste momento teremos que autenticarnos no equipo ao que nos estamos conectando, con un nome de usuario e contrasinal que sexan válidos para el. No noso caso, como o usuario ''wadmin'' non existe no equipo ''wserver'', se nos pide un nome de usuario e contrasinal para acceder á carpeta.

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_2.png|Xa estamos visualizando o contido da carpeta compartida ''comun'' no equipo ''wserver''.

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_3.jpg|Se temos permiso para facelo, poderemos tamén crear unha nova carpeta picando no botón de '''Nueva carpeta'''.

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_4.jpg|Creamos unha nova carpeta dentro da carpeta compartida.

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_5.png|Podemos ver no equipo ''wserver'' como a carpeta foi creada dentro de ''comun''.

</gallery>

Con respecto ao usuario e contrasinal que temos que introducir para acceder á carpeta compartida, cómpre ter en conta que:

* O primeiro que fará o noso equipo é intentar autenticarnos coas mesmas credenciais coas que iniciamos sesión, así que se o usuario co que iniciamos sesión no equipo tamén é válido no equipo ao que nos estamos conectando (e o contrasinal coincide), poderemos acceder á carpeta sen introducir ningunha nova credencial (se neste caso quixéramos conectarnos ao equipo remoto con outro usuario diferente, teremos que facelo conectando unha unidade de rede).

* Poderemos ter problemas se o usuario co que iniciamos sesión tamén é válido no equipo remoto pero non ten establecido contrasinal, xa que Windows bloquea por defecto o acceso ás carpetas compartidas aos usuarios que non teñen contrasinal, e neste caso será preferible conectar unha unidade de rede.

[[Imagen:aprende.png|left]]'''TAMÉN PODES VER...'''

Os seguintes enlaces ofrecen vídeos que mostran como acceder a unha carpeta compartida en Windows XP e Windows Vista:

* [http://www.youtube.com/watch?v=ZgXNLxKyoWM Acceder a carpetas compartidas con Windows XP]

* [http://www.youtube.com/watch?v=x1YQI1-L9vY Acceder a carpetas compartidas con Windows Vista]

== Conectar unha unidade de rede ==

A conexión dunha unidade de rede é unha forma máis completa de acceder a unha carpeta compartida, sobre todo no que se refire ao paso das credenciais (nome de usuario e contrasinal) que introducimos para o acceso á carpeta, xa que poderemos indicar en todo caso con que usuario e contrasinal queremos acceder. Ademais, ofrece un acceso máis cómodo á carpeta cando imos acceder a ela con certa frecuencia.

<gallery caption="Conectar unha unidade de rede" widths="350px" heights="300px" perrow="2">

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_7.jpg|No explorador de ficheiros, picamos no botón de '''Conectar a unidad de red''' (En Windows 8 atoparemos este botón dentro da pestana de ''Equipo'' do explorador de ficheiros).

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_6.jpg|Windows vai crear unha nova unidade no equipo que enlazará directamente coa carpeta compartida. A esta unidade teremos que asignarlle unha letra (H:, M:, P:, etc.) que non estea sendo usada por ningunha das unidades actuais do equipo. Introduciremos a ruta á carpeta compartida igual que no caso anterior, e teremos a opción de indicar se queremos ou non que Windows conecte a unidade automaticamente cada vez que iniciemos sesión e de conectarnos á carpeta con un usuario e contrasinal diferentes ás que utilizamos para iniciar sesión no equipo. Neste caso deixamos as dúas marcadas, a segunda obrigatoriamente xa que o usuario co que iniciamos sesión (''wadmin'') non é válido no equipo ''wserver''.

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_8.jpg|Introducimos o nome de usuario e contrasinal que se usará para autenticarse no equipo ao que nos imos conectar. Se marcamos a opción de '''Recordar mis credenciales''' Windows almacenará os datos introducidos e xa non se pedirán de novo cando se volva a conectar automaticamente a carpeta ao iniciar sesión.

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_9.png|Vemos unidade de rede creada no equipo. Entrando nela estamos accedendo á carpeta compartida.

Imagen:Platega_mv1112_acceder_carpeta_compartida_windows_10.jpg|Se queremos desconectar a unidade facemos clic co botón dereito do rato e picamos na opción de '''Desconectar'''. Desta forma eliminarase a unidade e xa non se conectará de novo ao iniciar sesión.

</gallery>

[[Imagen:aprende.png|left]]'''TAMÉN PODES VER...'''

Os seguintes enlaces ofrecen vídeos que mostran como conectar unha unidade de rede en Windows XP e Windows Vista:

* [http://www.youtube.com/watch?v=dl2e2nQsDCc Conectar unidade de rede con Windows XP]

* [http://www.youtube.com/watch?v=wf6rXmTncvUConectar unidade de rede con Windows Vista]

-- [[Usuario:Antonio|Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion|Carlos Carrión Álvarez]] --
Antonio