WAMP é o acrónimo usado para describir un sistema de infraestructura de internet que usa as seguintes ferramentas:
* Windows, como sistema operativo;
* Apache, como servidor web;
* MySQL, o xestor de bases de datos;
* Perl, PHP, o Python, como linguaxes de programación.
O uso dun WAMP permite servir páxinas html a internet, ademáis de poder xestionar datos nelas, o mesmo tempo un WAMP, proporciona linguaxes de programación para desenrolar aplicacións web.
Screencast: Instalación de AppServ (servidor WAMP)
Sobre os Screencast
Para accesos dende Internet recoméndase escoller o primeiro hiperenlace Screencast. Para accesos dende o IES San Clemente, escoller o enlace equivalente Mirror Instituto.
Narración, deseño e programación por Rafael Veiga.
Instalación dun servidor Web con Apache + MySql + PHP (8 MB)
Para accesos dende Internet recoméndase escoller o primeiro hiperenlace Screencast. Para accesos dende o IES San Clemente, escoller o enlace equivalente Mirror Instituto.
Narración, deseño e programación por Rafael Veiga.
Configuración de Dreamweaver para APPServ (2.5 MB)
Para xestionar as nosas bases de datos faremos click no phpMyAdmin.
Introduciremos como usuario root e o contrasinal que puxemos na instalación.
Éste é o aspecto do phpmyadmin:
Agregar un usuario MySQL
¿Cómo agregar un novo usuario ó MYSQL, para que coincida co usuario e contrasinal do servidor.local do IES?
Atención: Temos que seleccionar primeiramente na zoa esquerda a base de datos mysql.
A continuación pulsamos no icono SQL.
O que imos facer é crear un usuario chamado webX_u1 con contrasinal xxxx.
Teredes que sustituir o nome do usuario e o contrasinal polos datos que desexedes.
Recoméndase que poñades os mesmos datos que empregades no servidor Breogán do IES San Clemente. Deste xeito non teredes que estar cambiando os datos de usuario e contrasinal cando copiedes os ficheiros (que traedes da casa) ó servidor e viceversa.
Xa podemos desconectarnos como root do phpmyadmin pulsando no icono Sair e probaremos a entrar co usuario anterior.
Carpeta raiz do servidor web
A CARPETA RAIZ DO NOSO SERVIDOR WEB ESTARÁ EN:
C:\AppServ\www
Crearemos unha nova carpeta dentro de www e chamarémoslle web.
Alí dentro poremos todos os nosos ficheiros de PHP e HTML para o proxecto.
C:\AppServ\www\web
Comprobación de execución de páxinas
Para comprobar os nosas páxinas entraremos en
http://localhost/web/ficheiro.php
Xestión de servizos Mysql e Apache
Dende o menú de aplicacións podereos xestionar os servizos, editar o ficheiro httpd.conf (opcións do apache) e incluso cambiar o contrasinal do root para mysql, etc..