Particionamento dos discos duros

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 13:52 9 nov 2019 de Bardal (Hablar | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Formateo lóxico

Para instalar un SO nun disco duro, ou empregalo para gardar datos, hai que, previamente, particionalo e instalar un Sistema de Arquivos axeitado.

Así, o primeiro a facer, é crear unha ou varias Particións.

Definición formal de Partición: Conxunto de cilindros contiguos que forman unha unidade lóxica independente.

  • Para crear as particións podemos empregar varios programas: Administrador de discos de Windows ou de Linux, Fdisk, Diskpart, Partition Magic, Acronis, ...

Discos MBR

Estrutura lóxica dun disco duro baleiro

Antes de facer particións, o disco duro pódese representar como un conxunto lineal de Sectores, que son conxuntos de 512 Bytes netos.

Un sector a ter en conta é o MBR (Master Boot Record):

  • Trátase do Sector 1 do Cilindro 0 e da Cabeza 0
  • Tamén é chamado Rexistro de arranque mestre ou Sector de arranque.
  • No seu interior gárdase:
- Os parámetros físicos do disco duro.
- Unha estrutura de datos chamada Táboa de particións.
- Un pequeno código executable que se encarga de ler a Táboa de particións e detectar a partición Activa.

Tipos de Particións existentes

  • Particións Primarias: 4 como máximo se non está creada a partición estendida, no caso de que se cree esta só se poden ter 3 primarias como máximo (primarias+extendida <= 4). Son nas que se instalan os Sistemas Operativos.
  • Partición Activa: É a partición primaria elixida para arrancar o equipo.
  • Partición Estendida: 1 como máximo. Nela non se poden gardar arquivos directamente, hai que dividila en Particións Lóxicas (como mínimo unha que ocupe todo o espazo)
  • Particións Lóxicas: Todas as que se queiran. Son as particións nas que se divide unha Estendida.
  • Cousas a ter en conta á hora de crear as particións nos discos:
- Para gardar datos nun disco duro hai que crear, como mínimo, unha partición.
- Nun disco duro só pode haber, como moito, 4 particións entre Primarias e a Estendida.
- Unha partición estendida pódese dividir en todas as Lóxicas que un queira.
- Feita a partición hai que Formateala, é dicir, elixir un Sistema de arquivos para gardar datos no seu interior e, por último, para acceder a eles hai que asignarlle unha letra ou montala nun directorio.

Discos GPT

A Táboa de partición GUID (Globally Unique IDentifier) (GPT, GUID Partition Table) é un estándar para a colocación da táboa de particións nun disco duro físico. É parte do estándar Extensible Firmware Interface (EFI) proposto por Intel para substituír as BIOS do PC. A GPT chegará a substituír ao Master Boot Record (MBR) usado coa BIOS. Vantaxes relevantes dos discos GPT:

  • Número arbitrarios de particións, aínda que, por defecto, o número máximo é 128 particións.
  • Non hai necesidade de crear particións extendidas e lóxicas (todas "primarias").
  • Podemos traballar con discos de capacidade superior a 2TiB (tamaño máximo do disco 2 ZiB).
  • Axudar a protexer o proceso previo ao inicio fronte a ataques de bootkit.


EFI (Extensible Firmware Interface)

A EFI é unha especificación desenrolada por Intel dirixida a substituír a antiga interface do estándar IBM PC BIOS (e empregada ata hoxe). O obxectivo desta Interface é establecer a forma na que un software específico como un Sistema Operativo ou unha aplicación de arranque debe acceder aos recursos do sistema.

Táboa partición GUID (GPT)
Táboa partición GUID (GPT)

Características

Mentres que o MBR comeza co código de arranque mestre (Master Boot Code), que contén un binario executable que identifica a partición activa e inicia o proceso de arranque, a GPT baséase nas capacidades estendidas do EFI para estes procesos. A pesar de todo seguirá tendo unha entrada de MBR ao comezo do disco con propósitos de protectividade e compatibilidade co vello esquema BIOS PC, a GPT propiamente dita comeza coa cabeceira da táboa de particións.
GPT usa o modo de direccionamento lóxico (LBA, Logical Block Addressing) en lugar do modelo cilindro-cabeza-sector (CHS) usado co MBR.
  • A información de MBR herdado está almacenada no LBA 0.
  • A cabeceira GPT está no LBA 1.
  • E a táboa de particións en si, nos bloques sucesivos.
Nos SOs Windows de 64-bits, 16.384 bytes, ou o que é o mesmo, 32 sectores, están reservados para a GPT, deixando o bloque LBA 34 como o primeiro sector usable do disco.
GPT proporciona así mesmo redundancia. A cabeceira GPT e a táboa de particións están escritas tanto ao principio como ao final do disco.

MBR herdado (legacy) (LBA 0)

O principal propósito do MBR ao principio do disco é evitar que utilidades de disco baseadas en MBR non recoñezan ou estraguen discos baseados en GPT.
No MBR herdado especifícase a existencia dunha única partición, que abarca toda a unidade GPT.
O indicador de sistema (System IDE) para esta partición é 0xEE, indicando que debe interpretarse o disco como GPT. Por mor disto, o EFI ignora o MBR. Algúns sistemas operativos de 32 bits que non poden ler discos GPT recoñecen con todo este System IDE e presentan o disco como disco GPT inaccesible.

Legacy

Un sistema herdado, ou sistema legacy, é un sistema informático (equipos informáticos e/ou aplicacións) que quedou anticuado pero continúa sendo utilizado polo usuario (tipicamente unha organización ou empresa) e non se quere ou non se pode substituír ou actualizar de forma sinxela.

Cabeceira de táboa de particións (LBA 1)

A cabeceira da táboa de particións define os bloques de disco que poden ser utilizados polo usuario (bloques usables). Tamén define o número e tamaño das entradas de partición que conforman a táboa de particións. En Windows Server 2003 de 64 bits, hai 128 entradas de partición reservadas, cada unha de 128 bytes de lonxitude. Así, pódense crear ata 128 particións.
A cabeceira contén o GUID do disco (Globally Unique Identifier, Identificador Global Único). Rexistra o seu propio tamaño e localización (sempre LBA 1), e o tamaño e a localización da cabeceira e táboa secundaria GTP (sempre no último sector do disco).
Tamén contén unha suma de comprobación CRC32 para si mesmo e para a táboa de partición, que se verifica polos procesos EFI durante o arranque.

Entradas de partición (LBAs 2 ao 33)

As entradas de partición son sinxelas e claras:
  • Os primeiros 16 bytes designan o tipo de partición GUID. Por exemplo, o GUID para unha partición de sistema EFI é {28732AC1-1FF8-D211-BA4B-00A0C93EC93B}.
  • Os seguintes 16 bytes conteñen outro GUID único para a partición.
  • Os bloques LBA de comezo e final que delimitan a partición no disco tamén se rexistran aquí, codificados como enteiros de 64 bits.
  • Tamén se reserva un espazo para os nomes das particións e outros atributos.

Enlaces interesantes

Memoria Swap ou de Intercambio

  • Definición:
En informática, o espazo de intercambio é unha zona do disco duro (un ficheiro ou unha partición) que se usa para gardar as imaxes dos procesos que non se teñen que manter en memoria principal. A este espazo se lle chama tamén memoria swap, do inglés "intercambiar".
  • Descrición:
A maioría dos sistemas operativos modernos posúen un mecanismo chamado memoria virtual, que permite facer creer ós programas que teñen mais memoria que a dispoñible realmente. Como en realidade non se ten fisicamente toda esa memoria, algúns procesos non poderían ser gardados na memoria RAM.
Neste caso é cando é útil o espazo de intercambio, pois o sistema operativo pode buscar un proceso pouco activo, e movelo a esta zona do disco duro e dese xeito liberar a memoria principal para cargar outros procesos. Mentres non faga falla, o proceso extraído de memoria pode quedarse no disco, xa que no disco duro non gasta memoria física. Cando sexa necesario, o sistema volve a facer un intercambio, pasándoo do disco á memoria RAM. Este é un proceso lento (comparado con usar só a memoria RAM), pero permite dar a impresión de que hai máis memoria dispoñible.
  • Espazo de intercambio en Windows:
  • Arquivo chamado pagefile.sys que está na raíz da partición que contén os arquivos do sistema.
  • Tamaño base: RAM + 50% da RAM
  • Podemos cambiar Tamaño e Ubicación (Incluso repartilo en varios discos) en: Panel de Control · Sistema · Ficha Avanzado · Botón Opcións de Rendemento · Botón Cambiar.
En Windows 8 e Windows 10 tamén existen dous archivos máis:
- Hiberfil.sys - Utilizado por Windows para gardar o contido da RAM cando o equipo está hibernando.
- Swapfile.sys - É un arquivo do sistema, normalmente duns 256MB, utilizado por windows normalmente para traballar con aplicacións con estilo Metro que, por diversos motivos, non poden utilizar o arquivo pagefile.sys.
  • Espazo de intercambio en Linux:
  • Normalmente faise unha “Partición Swap” que é a que emprega o SO como de intercambio.
  • Tamaño típico da partición: RAM x 2
  • Tamén se pode crear un arquivo que faga de memoria de intercambio, no caso de Linux pode ter calquera nome, o único necesario é que sexa un "espacio contiguo" no disco duro (dd), que teña formato swap (mkswap) e que estea activado (swapon).

Particionar discos en distintos sistemas operativos


-- Volver