DAS, NAS e SAN

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 18:49 9 ene 2019 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Hoxe en día, en xeral, existen tres tipos de sistemas de almacenamento de información: DAS, NAS e SAN. Vexamos o modo de implementar cada un e as súas características principais.

DAS

DAS vs NAS vs SAN
DAS (Direct Attached Storage) é o método tradicional de almacenamento e o mais sinxelo. Consiste en conectar o dispositivo de almacenamento directamente ao servidor ou estación de traballo, é dicir, fisicamente conectado ao dispositivo que fai uso del.
Os protocolos principais usados en DAS son SCSI, SAS, SATA ou Fibre Channel, tradicionalmente un sistema DAS habilita capacidade extra de almacenamento a un servidor, mentras mantén un alto ancho de banda e taxas de acceso. Un típico sistema DAS está feito dun ou mais dispositivos de almacenamento como discos ríxidos, e un ou mais controladores. A interface có servidor ou coa estación de traballo está feita por medio dun (HBA) host bus adapter, unha tarxeta SCSI por exemplo.

NAS

NAS (Network Attached Storage) é o nome dado a unha tecnoloxía de almacenamento adicada a compartir a capacidade de almacenamento dun Servidor con ordenadores persoais ou servidores clientes ao traveso dunha rede (normalmente TCP/IP), facendo uso dun SO optimizado para dar acceso cós protocolos CIFS, NFS, FTP ou TFTP.
Moitos sistemas NAS contan cun ou mais dispositivos de almacenamento para incrementar a súa capacidade total. Normalmente, estes dispositivos están dispostos en RAID (Redundant Arrays of Independent Disks) ou contedores de almacenamento redundante.

SAN

Unha rede de área de almacenamento, SAN (Storage Area Network), é unha rede concibida para conectar servidores, matrices (arrays) de discos e librerías de soporte. Principalmente, está baseada en tecnoloxía fibre channel e mais recentemente en iSCSI. A súa función é a de conectar de maneira rápida, segura e fiable os distintos elementos que a conforman.

Tanto en DAS como en SAN (Storage Area Network), as aplicacións e programas de usuarios fan as súas peticións de datos ao sistema de ficheiros directamente. A diferencia entre ambas tecnoloxías reside na maneira na que o sistema de ficheiros obtén os datos requiridos do almacenamento:
- Nunha DAS, o almacenamento é local.
- Nunha SAN, o almacenamento é remoto.

--Volver a Discos Duros