Condicionais

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 16:57 7 mar 2018 de Veiga (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

As sentenzas condicionais permítennos executar ou non certas instrucións dependendo do resultado de avaliar unha condición.

As máis frecuentes son a instrución if e a instrución switch.

Sentenza if....elseif...else

É unha das sentenzas mais importantes de calquera linguaxe. A súa estrutura é a seguinte:

<?php
        if (condición1) {
            Sentenzas a executar cando a condición1 é certa.
        } elseif (condición2) {
            Sentenzas a executar cando a condición2 é certa
        } else {
            Sentenzas a executar cando a condición1 e a condición2 son falsas.
        }
?>

if abreviado

Se queremos facer unha asignación en base a unha comprobación, unha forma abreviada de facelo podería ser:

<?php
// Por exemplo
if ($a>$b)
    $resultado= "A é máis grande que B";
else
    $resultado= "B é máis grande que A";

// Podería quedar así:
   $resultado = ($a>$b) ? "A é máis grande que B":"B é máis grande que A";
?>

A sentenza if executa unha serie de instrucións ou outras dependendo da condición que lle poñamos. Probablemente sexa a instrución máis importante en calquera linguaxe de programación.

<html>
<head>
    <title>Exemplo de PHP</title>
</head>
<body>
    <?php
    $a =4;
    echo "<p>a = $a</p>";

    $b = 8;
    echo "<p>b = $b</p>";

    if ($a < $b)
    {
        echo "<p>'a' é menor que 'b'</p>";
    }
    else if ($a == $b)
    {
        echo "<p>'a' é igual a 'b'</p>";
    }
    else
    {
        echo "'a' é maior que 'b'</p>";
    }
    ?>
</body>
</html>

Sentenza switch ... case

Esta sentenza nos permite comparar unha variable con distintos valores, vexamos un exemplo:

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
<?php 

  $posicion = "arriba"; 
 
   switch($posicion) { 
      case "arriba":   // Bloque 1 
         echo "<p>A variable contén"; 
         echo " o valor arriba</p>"; 
         break; 
      case "abaixo":   // Bloque 2 
         echo "<p>A variable contén"; 
         echo " o valor abaixo</p>"; 
         break; 
      default:   // Bloque 3 
         echo "<p>A variable contén outro valor"; 
         echo " distinto de arriba e abaixo</p>"; 
   } 

?> 
</body> 
</html>

Coa sentenza switch podemos executar unha ou outras instrucións dependendo do valor dunha variable, no exemplo anterior, dependendo do valor da variable $posicion execútase o bloque 1 cando o valor é "arriba", o bloque 2 cando o valor é "abaixo" e o bloque 3 se non é ningún dos valores anteriores.


Veiga (discusión) 16:57 7 mar 2018 (CET)