Configuración básica de FreeNAS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Imos ver neste apartado a configuración básica de rede e da ferramenta de administración para usar este equipo como servidor de almacenamento remoto do dominio.

Os pasos necesarios para deixar o sistema FreeNAS listo para o seu funcionamento son os seguintes:

  • Configurar a conexión de rede (podería ser automática por DHCP, pero nese caso sería conveniente reservar unha dirección IP para esta máquina, xa que se vai actuar de servidor de datos non nos interesará que esta dirección cambie).
  • Modificar se é necesario o contrasinal do usuario root, que usaremos para acceder á ferramenta de administración.
  • Cambiar o idioma e protocolo de seguridade da ferramenta de administración.
  • Crear un volume inicial, que se configurará como volume do sistema.

Configuración de rede dende a consola

Configuración inicial coa ferramenta de administración

Na versión actual de FreeNAS, xa se configura o contrasinal inicial do usuario root no proceso de instalación (en versións anteriores facíase ao acceder por primeira vez á ferramenta de administración).

Cambiar a configuración de rede e o contrasinal do usuario root

Imos ver como poderíamos xa dentro da ferramenta cambiar a configuración de rede que establecemos no apartado anterior ou modificar de novo o contrasinal do usuario root.

Configuración do idioma e seguridade na ferramenta de administración

Configuración do acceso remoto á máquina FreeNAS dende o equipo host

Seguramente nos poida ser máis cómodo acceder á ferramenta de administración de FreeNAS dende o host que dende outra máquina virtual da rede NAT. Podemos habilitar o acceso con un reenvío de portos:



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --