Administración do DNS en Samba4
- Nesta sección veremos como administrar o servidor de DNS do dominio Samba4.
- Todo o que se expón é aplicable tanto se usamos o servidor de DNS integrado en samba como bind (indicarase nos casos en que haxa algunha diferenza entre un caso e o outro).
Administración do DNS con RSAT
- Dentro das RSAT tamén temos unha aplicación para xestionar o servidor de DNS
Estrutura do DNS e xestión de rexistros
- Administración do DNS
-
Iniciamos sesión con Administrator en wclient01 e lanzamos a aplicación DNS.
-
Indicamos que o servidor de DNS estase a executar en dserver00.
-
Dentro das zonas de busca directa, podemos atopar unha zona co nome do dominio. Dentro dela están as entradas necesarias para o funcionamento do dominio, así como os equipos que están integrados nel.
-
Imos dar de alta un novo equipo na zona, picando do botón dereito sobre ela e seleccionando a opción de Host nuevo.
-
Introducimos o nome do equipo (só o nome do equipo, non fai falta poñer o sufixo de DNS, que será iescalquera.local), que neste caso é www. Introducimos a dirección IP asociada ao nome, que será a dirección IP de dserver00.
-
Vemos o rexistro creado na zona. Podemos ver as súas propiedades picando co botón dereito do rato sobre el.
-
Vemos o nome do equipo, a dirección IP e nome completo de DNS: www.iescalquera.local.
-
Comprobamos dende o propio equipo wclient01 que podemos facer ping a ese nome.
Crear novas zonas
- Administración do DNS
-
Aínda que seguramente non sexa o máis habitual, tamén podemos crear outras zonas no servidor DNS ademais da zona asociada ao noso dominio local. Picamos co botón dereito sobre a carpeta de Zonas de busca directa (ou inversa, dependendo do que precisemos), e picamos en Zona nueva...
-
Iníciase un asistente para crear a nova zona. Seguimos...
-
Seleccionamos o tipo de zona, que no noso caso é principal.
-
Poderíamos replicar a zona noutros servidores DNS dentro do dominio, aínda que no noso caso non os temos.
-
Introducimos o nome da zona, por exemplo iescalquera.xunta.es
-
Podemos indicar se queremos ou non permitir actualizacións dinámicas sobre esta zona.
-
Finalizamos o asistente.
-
Vemos a zona creada, e igual que fixemos antes creamos un equipo co nome www asociado á dirección IP de dserver00
-
Se utilizamos o servidor DNS interno de samba, temos que reiniciar o servizo de Samba para que cargue a nova zona (se usamos o servidor bind, isto non é necesario).
-
Comprobamos dende wclient01 que podemos facer ping ao nome de DNS dese equipo da nova zona.
Administración do DNS con samba-tool
- samba-tool permite xestionar o servizo de DNS co subcomando dns. Móstrase a continuación as súas opcións principais:
Available subcommands: add - Add a DNS record delete - Delete a DNS record query - Query a name. roothints - Query root hints. serverinfo - Query for Server information. update - Update a DNS record zonecreate - Create a zone. zonedelete - Delete a zone. zoneinfo - Query for zone information. zonelist - Query for zones.
Xestión de rexistros
- Engadimos un rexistro co nome w3 á zona iescalquera.local:
root@dserver00:~# samba-tool dns add dserver00 iescalquera.local w3.iescalquera.local A 172.16.5.10 -U Administrator
Password for [IESCALQUERA\Administrator]:
Record added successfully
- Para variar, neste caso comprobamos o efecto dende wclient01 con nslookup w3.iescalquera.local:

- Cambiamos a dirección IP asociada a ese equipo:
root@dserver00:~# samba-tool dns update dserver00 iescalquera.local w3 A 172.16.5.10 172.16.5.11 -U Administrator
Password for [IESCALQUERA\Administrator]:
Record updated successfully
- Comprobamos o efecto dende wclient01 facendo de novo nslookup w3.iescalquera.local:

Crear novas zonas
- A continuación móstrase como crear unha nova zona no servidor de DNS:
root@dserver00:~# samba-tool dns zonecreate dserver00 iescalquera.edu.xunta.es -U Administrator
Password for [IESCALQUERA\Administrator]:
Zone iescalquera.edu.xunta.es created successfully
root@dserver00:~# samba-tool dns add dserver00 iescalquera.edu.xunta.es www A 172.16.5.10 -U Administrator
Password for [IESCALQUERA\Administrator]:
Record added successfully
- Se estamos usando o servidor DNS integrado de samba, teremos que reiniciar o servizo de samba para cargar a nova zona:
root@dserver00:~# systemctl restart samba-ad-dc
- Comprobamos a nova zona creada, xa dende o propio dserver00, co comando ping:
root@dserver00:~# ping www.iescalquera.edu.xunta.es
PING www.iescalquera.edu.xunta.es (172.16.5.10) 56(84) bytes of data.
64 bytes from 172.16.5.10: icmp_req=1 ttl=64 time=0.032 ms
