Ferramentas de administración remota

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Neste apartado verase como administrar remotamente un equipo, neste caso o servidor.
  • O explicado aquí tamén vale para os clientes Linux.
  • Vaise redirixir un porto en VirtualBox para poder conectarse dende o equipo host ou calquera equipo da LAN física á MV dserver00 a través de ssh.

Comandos/ferramentas que se usaran nesta sección

Á parte dos seguintes comandos:

Usaranse os seguintes comandos:

ssh

ssh: secure shell baséase en que con openssh podemos iniciar sesións remotas no servidor Gnu/Linux de forma segura (xa que o protocolo ssh cifra toda a información transmitida incluíndo os contrasinais introducidos para a autenticación do usuario).

Nun servidor só teremos que instalar o paquete openssh-server para instalar o servidor ssh se este non foi instalado no momento da instalación do sistema.

Deste xeito xa teremos instalado o servizo ssh, e podemos conectarnos a el dende outro equipo da rede no que teñamos instalado o cliente ssh (paquete openssh-client) usando a seguinte sintaxe:

ssh usuario@enderezo_ip_equipo

Se non se especifica o usuario, tomará por defecto o usuario co que se está no cliente.

Como se pode ver na seguinte imaxe:

Conexionssh.png

  • IMPORTANTE:
  • Nas versións recentes dos SOs vén deshabilitado iniciar sesión remota como root usando ssh. Se desexa habilitar o acceso remoto ao usuario root é preciso:
    • Modificar a entrada PermitRootLogin a yes no ficheiro /etc/ssh/sshd_config.
    • Reinicar o servizo: systemctl restart ssh

scp

scp: secury copy baséase no protocolo ssh e permite realizar copias seguras entre equipos. A sintaxe é:

scp usuario@host:directorio/ArquivoOrixe ArquivoDestino  -- de remoto a local.
scp ArquivoOrixe usuario@host:directorio/ArquivoDestino  -- de local a remoto.

putty

Putty é un cliente ssh para:

  • Windows: Hai que descargalo de http://www.putty.org/.
  • Linux: apt-get install putty
  • Para copiar/pegar debemos seleccionar e co botón dereito xa se copia directamente ao portapapeis. Para pegar tamén se usa o botón dereito.

wget

wget permite realizar descargas da web en modo liña de comandos. A sintaxe máis usada é:

wget <url do paquete a descargar>

Conexión ssh dende o host ao servidor dserver00

  • Os problemas que se teñen co servidor dserver00 son:
    • que para que administralo hai que ir fisicamente a traballar nel.
    • que se desexamos pegar algunha instrución ou ficheiro de configuración non podemos.


  • Solución: conectarse por ssh a dserver00.
  • Problema: dserver00 está detrás dun router, por tanto haberá que abrir portos nese router, isto é na configuración da Rede NAT de VirtualBox, neste caso.
  • Con ssh poderase facer o mesmo que dende a consola do servidor pero remotamente e temos as vantaxes anteriores.
  • Se o host é Windows pódese realizar o mesmo con putty. Putty pódese instalar tamén en Linux.

Conexión remota dende MS Windows: putty

  • Outras veces o administrador deséxase administrar dende un equipo MS Windows: para iso úsase o comando putty
  • NOTA IMPORTANTE: Para esta ocasión ilústrase cun servidor Ubuntu noutro equipo, noutra IP e noutro porto.

Copia segura entre equipos: scp

  • scp: secure cp, ou secure copy, permite realizar copias seguras entre entre equipos Linux.
  • Usamos para ilustrar este comando un exemplo con Ubuntu.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez