Escenario 3.B: Exportación de unidades por NFS con FreeNAS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Abordaremos neste apartado a compartición de carpetas en rede con FreeNAS usando NFS, así como a configuración do acceso a estas carpetas tanto dende equipos Linux como dende equipos Windows.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 03b.jpg

Compartir unha carpeta por NFS en FreeNAS

Administración dos usuarios de acceso á carpeta compartida

A administración dos usuarios é a mesma que a que vimos no apartado anterior con CIFS, de feito son os mesmos usuarios os que se validan nos dous servizos. Fixarse neste caso nos identificadores dos usuarios noa (1001) e pia (1002), xa que estes identificadores son a base da seguridade en NFS:

Sv 2013 nfs 06.png

Acceso á carpeta compartida dende Ubuntu/Linux

Como dixemos, NFS é o servizo de compartición de carpetas propio de Linux. Porén, o explorador de ficheiros de Ubuntu non ofrece a opción de conectarse a unha carpeta compartida por NFS; así que imos ver como montar a carpeta usando comandos.

  • IMPORTANTE: Observar máis adiante como acceso ao recurso segue o formato URL:
    • servidor:/ruta completa até o recurso compartido no servidor,
    • cando en CIFS é: \\servidor\recurso compartido (Sen ter en conta a ruta física no servidor para chegar até o recurso compartido).
    • Isto é aplicable tanto a clientes Windows como clientes Linux

Acceso á carpeta compartida dende Windows

  • Aínda que o protocolo NFS foi deseñado e utilizado fundamentalmente para redes Unix e Linux, tamén podemos acceder a unha carpeta compartida por NFS dende un equipo Windows.





-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --