Outros xestores de arranque

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 08:21 28 ago 2016 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

GAG: GESTOR DE ARRANQUE GRÁFICO (Xestor de Arranque Gráfico)

GAG é un programa xestor de arranque, isto é, un programa que se carga no momento de arrancar o ordenador e que permite elixir que sistema operativo, de entre os que se atopen instalados no disco duro, se quere cargar.

As súas características mais importantes son:

  • Permite arrancar ata 9 sistemas operativos diferentes.
  • Pode arrancar sistemas operativos instalados tanto en particións primarias como estendidas, en calquera dos discos duros instalados no ordenador.
  • Pode ser instalado dende case calquera sistema operativo.
  • Non necesita unha partición propia, senón que se instala na primeira pista do disco duro, a cal se atopa, por deseño, reservada para este tipo de funcións. Tamén pode ser instalado en disquete, sen tocar para nada o disco duro.
  • Inclúe un temporizador que permite arrancar un sistema operativo por defecto.
  • A configuración do programa pode ser protexida con clave.
  • Todo o programa funciona en modo gráfico (necesita unha VGA ou superior para funcionar), e inclúe multitude de iconas para cada tipo de sistema operativo dispoñible en PC.
  • Oculta particións primarias de modo que se poidan ter varios DOS e/ou Windows nun mesmo disco duro.
  • Permite poñer claves independentes a cada sistema operativo, para restrinxir o acceso a cada un.
  • Fácil de traducir a calquera lingua.
  • Pode intercambiar discos duros, permitindo arrancar dende o segundo disco duro sistemas operativos como MS-DOS.
  • Inclúe o sistema SafeBoot, que permite seguir arrancando o disco duro incluso en caso de que GAG sexa sobrescrito por accidente.
  • Soporta varios tipos de teclados internacionais (QWERTY, AZERTY e QWERTZ).
  • Soporta discos duros de ata 4 terabytes (4096 gigabytes).
  • Totalmente gratuíto (distribúese baixo licenza GPL con fontes incluídas).

Fagamos a seguinte práctica con GAG empregando máquinas virtuais:

1.- Creamos un equipo virtual con tres discos duros, cada un deles é o disco duro de sistema dun previamente instalado. Por exemplo crearemos un equipo co primeiro disco duro o Windows 7, de segundo disco duro o do Windows XP e de terceiro disco duro o dun Ubuntu Desktop.
Gag-imaxe1.png
2.- Iniciado o sistema virtual vemos que se carga o sistema operativo instalado no Disco duro 1. Non hai xeito de iniciar ningún dos outros dous discos duros.
3.- Descargamos o GAG e descomprimímolo. Entre os ficheiros que contén hai unha imaxe de CD cdrom.iso que utilizaremos para arrancar a máquina virtual e instalar o GAG.
4.- Pasos para instalar o GAG no primeiro disco duro.
Arrancamos a máquina virtual dende o CD de GAG
Gag-imaxe2.png
Pulsamos 4 para instalar GAG
Gag-imaxe3.png
O programa de instalación pregunta que clase de teclado se vai usar. Pulsamos 1 para utilizar un teclado QWERTY.
Gag-imaxe4.png
A continuación hai que escoller o idioma. Neste caso pulsamos A para escoller galego.


5.- Configuramos arranques...
Gag-imaxe5.png
Pulsamos C para acceder ao menú de configuración. Imos ir engadindo os sistemas operativos instalados no equipo para poder inicialos dende GAG.
Gag-imaxe6b.png
Pulsamos E para engadir un novo sistema operativo.
Gag-imaxe7b.png
Nesta ventá aparece unha lista con todas as particións do primeiro disco duro (as particións primarias aparecerán en negro e as estendidas en azul). Cada partición ven acompañada dunha letra (A para a disqueteira, B para a primeira partición primaria, ...). Hai que escoller a partición que permitirá iniciar o sistema operativo pulsando a letra correspondente. Neste caso pulsamos B.
NOTA: O primeiro disco duro da máquina virtual só ten Windows 7 instalado e na ventá anterior aparecen dúas particións. Isto é debido a que Windows 7 crea unha partición de sistema que permanece oculta aos usuarios. Para que GAG inicie Windows 7 debemos escoller a primeira partición (B).
Gag-imaxe8.png
Escribimos unha descrición (máximo 15 caracteres) para o sistema operativo a engadir, neste caso Windows 7.
Gag-imaxe9.png
Podemos escribir unha clave para protexer o arranque deste sistema operativo, de forma que haxa que tecleala cada vez que se vaia iniciar o sistema. Neste caso non escribimos ningunha clave (pulsamos ENTER).
Gag-imaxe10c.png
Escollemos o icono asociado a este sistema operativo. Escollemos C porque se trata de Windows 7.
Estes son os pasos necesarios para engadir Windows 7 ao xestor de arranque GAG. Agora debemos repetir o mesmo proceso para engadir o resto dos sistemas operativos.


Gag-imaxe6b.png
Pulsamos E para engadir un novo sistema operativo.
Gag-imaxe7d.png
Nesta ventá móstranse as particións existentes no primeiro disco duro. Como agora queremos configurar o sistema operativo instalado no segundo disco duro debemos pulsar 2 para que se mostren as súas particións.
Gag-imaxe11.png
O segundo disco duro ten instalado Windows XP. Nesta ventá aparece a única partición primaria que existe no segundo disco duro. Pulsamos B para configurar o arranque de Windows XP.
Gag-imaxe12s.png
Se escollemos unha partición dun disco duro que non é o primeiro, GAG pregunta se queremos intercambiar os discos duros. Se escollemos SI, cada vez que arranque ese sistema operativo, instalarase un pequeno programa residente que cambiará ambas unidades, de forma que o sistema operativo crerá que o segundo disco duro é o primeiro e viceversa. Neste caso, pulsamos S e isto permitirá arrancar Windows XP dende un disco duro que non sexa o primeiro.
Gag-imaxe13.png
Escribimos unha descrición (máximo 15 caracteres) para o sistema operativo a engadir, neste caso Windows XP.
Gag-imaxe9.png
Neste caso, coma no anterior, non imos escribir ningunha clave para protexer o arranque do sistema. Pulsamos ENTER.
Gag-imaxe10c.png
Escollemos o icono asociado a este sistema operativo. Escollemos C porque se trata de Windows XP.
Aquí finalizan os pasos necesarios para engadir Windows XP ao xestor de arranque GAG. Agora debemos repetir o mesmo proceso para o último sistema operativo que nos queda configurar: Ubuntu.


Gag-imaxe6b.png
Pulsamos E para engadir un novo sistema operativo.
Gag-imaxe7d.png
Nesta ventá móstranse as particións existentes no primeiro disco duro. Como agora queremos configurar o sistema operativo instalado no terceiro disco duro debemos pulsar 3 para que se mostren as súas particións.
Gag-imaxe14.png
Esta imaxe mostra as particións existentes no terceiro disco duro. Neste caso Ubuntu está instalado nunha partición primaria (B) e a partición de swap é lóxica (aparece en cor azul). Para configurar o arranque de Ubuntu debemos pulsar B.
Gag-imaxe15.png
Neste caso seleccionamos N para non intercambiar as unidades. (Linux non necesita estar no primeiro disco duro para iniciarse).
NOTA: Para poder iniciar Linux con GAG, é necesario que o cargador de arranque (neste caso GRUB2) estea instalado na partición e non no MBR do disco duro.
Gag-imaxe16.png
Escribimos unha descrición (máximo 15 caracteres) para o sistema operativo a engadir, neste caso Ubuntu 11.10.
Gag-imaxe9.png
Neste caso, coma no anterior, non imos escribir ningunha clave para protexer o arranque do sistema. Pulsamos ENTER.
Gag-imaxe10d.png
Escollemos o icono asociado a este sistema operativo. Escollemos D porque se trata de Ubuntu.
Gag-imaxe6d.png
Unha vez configuradas todas as entradas do menú de arranque, gardamos os cambios no disco duro pulsando a letra D.
Esta opción modifica o MBR do disco duro, para que se cargue o GAG cada vez que arranque o ordenador. Como GAG ocupa máis de 512 bytes, só un pequeno cargador é almacenado no MBR, o resto do código gárdase nos seguintes sectores da primeira pista, que xa están reservados para esta clase de programas.
Gag-imaxe18.png
Imaxe que se mostra cando o GAG se instalou correctamente.
Gag-imaxe6v.png
Se pulsamos V para volver ao menú principal, veremos a ventá que se nos mostrará cada vez que iniciemos o equipo e que nos permite escoller que sistema operativo iniciar.
Gag-imaxe17.png
Imaxe que mostra os sistemas operativos que temos configurados para ser iniciados co GAG.


6.- Podemos configurar que pida un contrasinal de arranque dun sistema operativo en concreto...
No apartado anterior non configuramos ningunha clave para protexer o arranque dun sistema operativo, pero podemos facelo.
Gag-imaxe19.png
Ao engadir un novo sistema operativo podemos configurar unha clave. Neste caso abc.
Gag-imaxe20.png
Cando queiramos iniciar o sistema operativo protexido por unha clave, vemos que é necesario escribila para poder inicialo.


7.- Configuración dun temporizador.
Esta opción permite configurar o tempo en segundos que GAG esperará antes de arrancar o sistema operativo por defecto.
Gag-imaxe6t.png
Pulsamos T para configurar o temporizador.
Gag-imaxe21.png
Escribimos o tempo en segundos que esperará GAG a que o usuario escolla unha opción. Neste caso escribimos 10 segundos. Debemos escribir un número entre 0 e 99. Se escribimos 0 ou pulsamos ENTER o temporizador desactívase.
Gag-imaxe22.png
A continuación GAG mostra a lista de sistemas operativos instalados para que escollamos cal queremos que arranque por defecto.


7.- Configuración dunha clave de acceso.
Esta opción permite configurar unha clave de acceso que será necesario teclear cada vez que queiramos modificar a configuración de GAG.
Gag-imaxe6c.png
Pulsamos C para configurar a clave de acceso.
Gag-imaxe23.png
Escribimos unha clave. Neste caso escribimos xyz.
Agora cada vez que queiramos modificar a configuración do GAG, debemos escribir a clave.


-- Cristina París