Ficheiros

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 00:49 26 oct 2015 de Carrion (discusión | contribs.) (→‎Memoria Externa: XML do Layaout)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • O tratamento dos ficheiros en Android é idéntico a Java.

Introdución á E/S en Java

  • O paquete java.io contén as clases para manipular a E/S.
  • En java a entrada/saída xestionase a través de streams (fluxos) , e estes poden interactuar cun teclado, a consola, un porto, un ficheiro, outro stream, etc.
  • Todo stream ten un orixe e un destino.


  • O fluxo máis básico de E/S son os fluxos de bytes, pero un fluxo de bytes pode ser a entrada doutro fluxo máis complexo, até chegar a ter fluxos de caracteres, e de buffers e o mesmo á inversa.
  • Para aquel usuario que desexe repasar ou afondar na E/S en java déixanse os seguintes enlaces:
    • Curso de Java nos Manuais do IES San Clemente: Entrada/Saída
    • Diagramas moi gráficos (valga a redundancia) das xerarquías de clases de E/S, onde se poden ver as clases, atributos, construtores, métodos, etc dun modo moi claro:
    • http://www.falkhausen.de/en/diagram/html/java.io.Writer.html (Neste caso da xerarquía writer).
    • A modo de exemplo amósase un exemplo de diagrama da xerarquía Reader:
    • Observar no diagrama como os costrutores da clase InputStreamReader reciben como parámetro outro stream/fluxo de tipo InputStream (Que está noutra xerarquía).

Java-io-class-hierarchy-diagram.gif

Introdución aos ficheiros en Android

  • Os ficheiros en Android poden servirnos para almacenar información de modo temporal, para pasar información entre dispositivos, para ter unha "mini" base de datos, etc.
  • En Android os ficheiros poden almacenarse en tres sitios (e dentro dun deles en 2 directorios distintos).
    • Na propia aplicación a modo de recurso (como cando incluímos unha imaxe): /res/raw/ficheiro... (raw significa cru).
    • Na memoria interna, no subdirectorio files da carpeta da aplicación: /data/data/paquete_java/files/ficheiro...
    • Na tarxeta SD, se existe, en 2 posibles subdirectorios:
      • /storage/sdcard/directorio que indique o programador, se indica/ficheiro...
      • /storage/sdcard/Android/data/paquete_java/files/ficheiro... (Algo parecido á memoria interna). Deste xeito se se desinstala a aplicación, tamén se borraría o ficheiro automaticamente, cousa que non pasaría no caso anterior

Ficheiro como recurso da aplicación

  • Este ficheiro xa vai no instalable, no *.apk.
  • O ficheiro debe estar en: /res/raw/ficheiro...
  • Imos traballar cun poema de Rosalía de Castro, que máis dun século despois está de vigorosa actualidade.

Ficheiro raw: Caso práctico

  • Crear o proxecto: U4_10_FicheiroRaw


Ficheiro raw: O XML do layout

  • Observar como envolvemos o TextView nun scroll.
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical" >

    <Button
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_gravity="center"
        android:onClick="onButtonClick"
        android:text="Amosar poesía" />

    <ScrollView
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="wrap_content" >

        <TextView
            android:id="@+id/tv"
            android:layout_width="match_parent"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:gravity="center"
            android:text="Aquí amosarase unha poesía de\nRosalía de Castro:\n&apos;A xustiza pola Man&apos;" />
    </ScrollView>

</LinearLayout>

Ficheiro raw: O recurso raw

  • Creamos o cartafol raw dentro da carpeta /res
  • Introducimos o seguinte ficheiro (ou outro calquera): Archivo:Xustiza.txt (Ollo que o ficheiro debe ter o nome en minúscula).
  • Android 2014 U4 10 FicheiroRaw 03.jpg

Ficheiro raw: Código java da aplicación

package com.example.u4_10_ficheiroraw;

import java.io.BufferedReader;
import java.io.InputStream;
import java.io.InputStreamReader;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.util.Log;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.widget.TextView;

public class U4_10_FicheiroRaw extends Activity {

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u4_10__ficheiro_raw);
	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u4_10__ficheiro_raw, menu);
		return true;
	}

	public void onButtonClick(View v) {
		TextView tv = (TextView) findViewById(R.id.tv);
		String verso;

		tv.setText("");

		try {
			InputStream is = getResources().openRawResource(R.raw.xustiza);
			BufferedReader br = new BufferedReader(new InputStreamReader(is));

			while ((verso = br.readLine()) != null)
				tv.append(verso + "\n");

			br.close();
			is.close();
		} catch (Exception ex) {
			Log.e("FICHEIROS", "Error ao ler ficheiro dende recurso raw");
		}
	}
}
  • Liña 36: Creamos un fluxo de tipo InputStream cuxa entrada é o ficheiro xustiza. Ollo que non se lle puxo a extensión.
  • Liña 37: A partir do fluxo anterior creamos un fluxo de tipo BufferReader.
  • Liña 38: Lemos cada liña do ficheiro e asignámoslla a verso, até que sexa fin de ficheiro.
  • Liña 39: Engádese ao TextView cada unha das liñas cun retorno de carro ao final de cada unha delas.
  • Liñas 42-43: Pechamos os fluxos abertos no momento da súa creación.
  • Liñas 35 e 44: habilitamos un control de excepcións, por se hai problemas cos fluxos.

Ficheiro na memoria interna

  • Como sabemos cando se instala a aplicación no dispositivo esta instálase na memoria interna (salvo que se diga o contraio) na ruta /data/data/paquete_java.
  • No subdirectorio files dese directorio é onde se crea o ficheiro por defecto.
  • Ollo que cando se almacena na memoria interna debemos ter en conta o espazo que ten o dispositivo asignado a esta memoria.
  • Para crear un ficheiro na memoria interna, Android facilítanos o método: openFileOutput (ficheiro, modo_acceso_ao_ficheiro).
    • Este método abre o ficheiro indicado no modo indicado, que pode ser:
      • MODE_PRIVATE: para acceso privado dende a nosa app, e non dende outras.
      • MODE_APPEND: para engadir datos a un ficheiro existente
      • MODE_WORLD_READABLE: permitir que outras app lean o ficheiro
      • MODE_WORLD_WRITEABLE: permitir que outras app lean/escriban o ficheiro
    • O método devolve un stream asociado ao ficheiro de tipo FileOutputStream, a partir de aquí xa podemos operar con ese fluxo como o faríamos en Java.
    • O método crea o ficheiro no directorio: /data/data/paquete_java/files/ficheiro.
    • Tamén poderíamos crear ese ficheiro cunha clase tradicional de java como é: FileOutputStream(ficheiro) ou fileOutputStream(ficheiro,engadir), onde:
      • Ficheiro: é a ruta ao ficheiro que lle temos que indicar nós ou ben a lume (/data/data/.../files) ou facendo uso do método: getFilesDir(), que devolve a ruta ao directorio files da aplicación.
      • Engadir: se o ficheiro se abre en modo sobrescritura ou append.
      • Recoméndase consultar a clase Java FileOutputStream se se desexa operar con ela.


  • Para ler un ficheiro da memoria interna, temos o método: openFileInput(ficheiro)
    • E xa abre directamente o ficheiro que se atopa en:/data/data/paquete_java/files/ficheiro (Se existe, claro).
    • Devolve un stream, manipulable dende Java, do tipo InputStreamReader.


  • Nos dous casos operaremos aínda con fluxos de nivel superior (OutputStreamWriter e BufferReader, respectivamente) para poder manipular cadeas de texto directamente.

Memoria Interna: Caso práctico

  • Crear o proxecto: U4_11_FicheiroInterna
  • Imos realizar nun só proxecto todas as operacións con ficheiros na memoria interna:
    • Escribir: tanto en modo append como sobrescribindo.
    • Ler: o ficheiro se existe, e senón dar un aviso
    • Borrar: o ficheiro se existe, e senón dar un erro
    • Listar: o contido dun directorio.


Memoria Interna: XML do Layout

  • Observar que os botóns, neste caso, foron organizados facendo uso dun TableLayout.
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical"
    android:padding="2dp" >

    <EditText
        android:id="@+id/etTexto"
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:hint="Escribe algún texto"
        android:inputType="textMultiLine" />

    <CheckBox
        android:id="@+id/cbSobrescribir"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_gravity="center_horizontal"
        android:text="Sobrescribir ficheiro" />

    <TableLayout
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:stretchColumns="*" >

        <TableRow>

            <Button
                android:id="@+id/bEscribirEngadir"
                android:layout_width="wrap_content"
                android:layout_height="wrap_content"
                android:onClick="onEscribirEngadirClick"
                android:text="Escribir/\nEngadir" />

            <Button
                android:id="@+id/bLer"
                android:layout_width="wrap_content"
                android:layout_height="wrap_content"
                android:onClick="onLerClick"
                android:text="Ler\n" />

            <Button
                android:id="@+id/bBorrar"
                android:layout_width="wrap_content"
                android:layout_height="wrap_content"
                android:onClick="onBorrarClick"
                android:text="Borrar\n" />

            <Button
                android:id="@+id/bListar"
                android:layout_width="wrap_content"
                android:layout_height="wrap_content"
                android:onClick="onListarClick"
                android:text="Listar\n" />
        </TableRow>
    </TableLayout>

    <ScrollView
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content" >

        <TextView
            android:id="@+id/tvAmosar"
            android:layout_width="match_parent"
            android:layout_height="match_parent" />
    </ScrollView>

</LinearLayout>
  • Liñas 33,40,47,54: observar a que métodos chaman ao facer Click nos botóns.
  • Liñas 59-67: O TextView está dentro dun ScrollView por se desbordamos a pantalla pola parte inferior á hora de amosar o contido do ficheiro.

Memoria Interna: O código java da aplicación

  • Imos analizar cada un dos bloques de código.
package com.example.u4_11_ficheirointerna;

import java.io.BufferedReader;
import java.io.File;
import java.io.InputStreamReader;
import java.io.OutputStreamWriter;

import android.app.Activity;
import android.content.Context;
import android.os.Bundle;
import android.util.Log;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.widget.CheckBox;
import android.widget.EditText;
import android.widget.TextView;
import android.widget.Toast;

public class U4_11_FicheiroInterna extends Activity {
	TextView tv;
	public static String nomeFicheiro = "ficheiro_interno.txt";

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u4_11__ficheiro_interna);

		tv = (TextView) findViewById(R.id.tvAmosar);

	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u4_11__ficheiro_interna, menu);
		return true;
	}

	public void onEscribirEngadirClick(View v) {
		EditText etTexto = (EditText) findViewById(R.id.etTexto);
		CheckBox cbSobrescribir = (CheckBox) findViewById(R.id.cbSobrescribir);
		int contexto;
		tv.setText("");

		if (cbSobrescribir.isChecked())
			contexto = Context.MODE_PRIVATE;
		else
			contexto = Context.MODE_APPEND;

		try {

			OutputStreamWriter osw = new OutputStreamWriter(openFileOutput(nomeFicheiro, contexto));

			osw.write(etTexto.getText() + "\n");
			osw.close();

			etTexto.setText("");

		} catch (Exception ex) {
			Log.e("INTERNA", "Error escribindo no ficheiro");
		}
	}

	public void onLerClick(View v) {
		String linha = "";
		TextView tv = (TextView) findViewById(R.id.tvAmosar);
		tv.setText(linha);

		try {

			BufferedReader br = new BufferedReader(new InputStreamReader(openFileInput(nomeFicheiro)));

			while ((linha = br.readLine()) != null)
				tv.append(linha + "\n");

			br.close();

		} catch (Exception ex) {
			Toast.makeText(this, "Problemas lendo o ficheiro", Toast.LENGTH_SHORT).show();
			Log.e("INTERNA", "Erro lendo o ficheiro. ");

		}
	}

	public void onBorrarClick(View v) {
		File directorio_app = getFilesDir();
		File ruta_completa = new File(directorio_app, "/" + nomeFicheiro);

		if (ruta_completa.delete())
			Log.i("INTERNA", "Ficheiro borrado");
		else {
			Log.e("INTERNA", "Problemas borrando o ficheiro");
			Toast.makeText(this, "Problemas borrando o ficheiro", Toast.LENGTH_SHORT).show();

		}
	}

	public void onListarClick(View v) {
		tv.setText("");
		File directorio_app = getFilesDir();
		// File directorio_app = new File ("/");

		tv.append(directorio_app.getAbsolutePath() + "\nContido:");
		try {
			String[] files = directorio_app.list();

			for (int i = 0; i < files.length; i++) {
				File subdir = new File(directorio_app, "/" + files[i]);
				if (subdir.isDirectory())
					tv.append("\n  Subdirectorio: " + files[i]);
				else
					tv.append("\n  Ficheiro: " + files[i]);
			}
			Log.i("INTERNA", "Listado realizado");

		} catch (Exception ex) {
			Log.e("INTERNA", "Erro listando o directorio");
		}

	}
}
  • Liñas 39-62: Escribir/Engadir no ficheiro
    • Liñas 45-48: revisamos o estado do botón Sobrescribir e actuamos en consecuencia
    • Liña 52: obtemos un fluxo de tipo OuputStreamWriter que nos permite manipular cadeas de texto. Pero como parámetro recibe o ficheiro creado en función do contexto. Observar que non lle indicamos ningunha ruta para o ficheiro.
    • Liña 54: Escribimos no ficheiro o contido do EditText. Pero Ollo!!! engadimos ao final un retorno de carro, para que cada entrada vaia nunha única liña e non concatenadas.
    • Liña 55: Pechamos o fluxo.
    • Liña 60: Se se produciu algunha excepción no manipulación do fluxo sacamos unha mensaxe a través de LogCat.


  • Liñas 64-83: Ler o ficheiro.
    • Liña 67: Limpamos o TextView
    • Liña 71: Creamos un fluxo de tipo BufferReader para poder manipular cadeas de texto. Este fluxo recibe como a apertura do ficheiro indicado. Observar que non lle indicamos ningunha ruta para o ficheiro.
    • Liñas 73-74: Mentres non sexa fin de ficheiro imos lendo liña a liña e presentándoa no TextView. Observar que introducimos un retorno de carro ao final de cada liña.
    • Liñas 79-80: se se produciu algunha excepción, por exemplo o ficheiro non existe, sacamos un Toast e unha mensaxe por LogCat.


  • Liñas 85-96: Borrar o ficheiro
    • Neste caso hai método (deleteFile(ficheiro)) que xa nos borra o ficheiro e devolve un boolean indicando o éxito da operación.
    • Pero para introducir a clase File imos facelo de outra maneira.
    • Liñas 86-87: creamos unha ruta completa até o ficheiro. Para iso usamos o método getFilesDir() que nos devolve a ruta até o directorio files da aplicación. E logo construímos un novo obxecto File concatenando esa ruta coa barra de directorio e o nome do ficheiro.
    • Liña 89: comprobamos o éxito do proceso de borrado do ficheiro. Esa liña podería ser substituída por "if (deleteFile(nomeFicheiro))" e non precisaríamos o código das liñas 86 e 87.
    • Tamén controlamos as posibles excepcións.


  • Liñas 98-120: Listar o contido dun directorio.
    • Ao igual que no caso anterior existe un método que xa nos devolve a lista de ficheiros do directorio files da aplicación: fileList(). Pero imos apoiarnos outra vez na clase File, para obter o listado de ficheiros dun directorio.
    • Liña 100: Obtemos a ruta ao directorio files da aplicación.
    • Liña 103: Amosamos a ruta completa a ese directorio.
    • Liña 105: Obtemos un array de obxectos (directorios e ficheiros) que contén o directorio en cuestión. Esta liña podería ser substituída por: String[] files = fileList(nomeFicheiro); e non precisaríamos a liña 100.
    • Liñas 107-113: Percorremos o array anterior e comprobamos se cada elemento é un ficheiro o un directorio e amosamos o seu nome.
    • Liña 101: descomentar esa liña e realizar un listado da raíz do sistema.


Memoria Externa - Tarxeta SD

  • Todo canto se vai ver nesta parte apóiase no visto no apartado anterior de Memoria Interna.
  • Vaise realizar o mesmo proceso que no caso anterior, so que neste caso na Memoria Externa.
  • Co cal antes de pasar a este caso asegurarse de ter asimilado o referente a Memoria Interna.
  • Aquí simplemente imos explicar as diferenzas co caso anterior.

Memoria Externa: Caso práctico

  • Comezar creando o proxecto: U4_12_FicheiroSD.
  • As seguintes imaxes amosan un aplicación semellante á anterior, so que esta traballa coa tarxeta SD no canto de coa memoria interna.
  • En ámbolos dous casos o ficheiro pode ser borrado, manipulado polo usuario, ben dende o propio dispositivo usando calquera explorador de ficheiros ou ben montando a tarxeta SD nun ordenador, por exemplo, e actuando dende aí.

Memoria Externa: permisos de escritura na tarxeta SD

  • Se imos ler na tarxeta SD:
  • Se a versión do S.O. Android é inferior á 4.1 non precisamos ningún permiso.
  • Se a versión do S.O. Android é superior ou igual á 4.1 debemos engadir o permiso: <uses-permission android:name="android.permission.READ_EXTERNAL_STORAGE"/>
  • Se imos escribir na tarxeta SD:
  • Se a versión do S.O. Android é inferior á 4.4 o permiso é: <uses-permission android:name="android.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE"/> .
  • Se a versión do S.O. Android é a 4.4 ou superior. Podemos poñer o mesmo permiso anterior pero as aplicacións dispoñen dun cartafol para escribir na SD (cartafol Android/data/paquete/) sen necesidade de ter o permiso anterior.

Os permisos necesarios son postos no ficheiro AndroidManifest.xml da aplicación.

Memoria Externa: XML do Layout

  • O layout, neste caso é o mesmo, que o que se usou para a aplicación de Memoria Interna.

Memoria Externa: o código Java da Aplicación

  • O código é o mesmo que o da aplicación Memoria Interna, salvo nos detalles que a continuación se relatan.
  • No caso de usar a tarxeta SD, é preciso comprobar se esta está dispoñible e en que estado: modo lectura ou escritura.


  • Para iso faremos uso do método: Environment.getExternalStorageState(), que nos pode devolver un dos seguintes estados:


package com.example.u4_12_ficheirosd;

import java.io.BufferedReader;
import java.io.File;
import java.io.FileInputStream;
import java.io.FileOutputStream;
import java.io.InputStreamReader;
import java.io.OutputStreamWriter;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.os.Environment;
import android.util.Log;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.widget.CheckBox;
import android.widget.EditText;
import android.widget.TextView;
import android.widget.Toast;

public class U4_12_FicheiroSD extends Activity {
	boolean sdDisponhible = false;
	boolean sdAccesoEscritura = false;
	File dirFicheiroSD;
	File rutaCompleta;
	public static String nomeFicheiro = "ficheiro_SD.txt";

	TextView tv;


	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u4_12__ficheiro_sd);

		tv = (TextView) findViewById(R.id.tvAmosar);

		comprobarEstadoSD();
		establecerDirectorioFicheiro();

	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u4_12__ficheiro_sd, menu);
		return true;
	}

	public void comprobarEstadoSD() {
		String estado = Environment.getExternalStorageState();
		Log.e("SD", estado);

		if (estado.equals(Environment.MEDIA_MOUNTED)) {
			sdDisponhible = true;
			sdAccesoEscritura = true;
		} else if (estado.equals(Environment.MEDIA_MOUNTED_READ_ONLY))
			sdDisponhible = true;
	}

	public void establecerDirectorioFicheiro() {

		if (sdDisponhible) {
			// dirFicheiroSD = Environment.getExternalStorageDirectory();
			dirFicheiroSD = getExternalFilesDir(null);
			rutaCompleta = new File(dirFicheiroSD.getAbsolutePath(), nomeFicheiro);

		}
	}

	public void onEscribirEngadirClick(View v) {

		EditText etTexto = (EditText) findViewById(R.id.etTexto);
		CheckBox cbSobrescribir = (CheckBox) findViewById(R.id.cbSobrescribir);

		boolean sobrescribir = false;

		sobrescribir = !(cbSobrescribir.isChecked());

		tv.setText("");

		if (sdAccesoEscritura) {

			try {

				OutputStreamWriter osw = new OutputStreamWriter(new FileOutputStream(rutaCompleta, sobrescribir));

				osw.write(etTexto.getText() + "\n");
				osw.close();

				etTexto.setText("");

			} catch (Exception ex) {
				Log.e("SD", "Error escribindo no ficheiro");
			}
		} else
			Toast.makeText(this, "A tarxeta SD non está en modo acceso escritura", Toast.LENGTH_SHORT).show();

	}

	public void onLerClick(View v) {
		String linha = "";
		TextView tv = (TextView) findViewById(R.id.tvAmosar);
		tv.setText(linha);

		if (sdDisponhible) {
			try {

				BufferedReader br = new BufferedReader(new InputStreamReader(new FileInputStream(rutaCompleta)));

				while ((linha = br.readLine()) != null)
					tv.append(linha + "\n");

				br.close();

			} catch (Exception ex) {
				Toast.makeText(this, "Problemas lendo o ficheiro", Toast.LENGTH_SHORT).show();
				Log.e("SD", "Erro lendo o ficheiro. ");

			}
		} else
			Toast.makeText(this, "A tarxeta SD non está dispoñible", Toast.LENGTH_SHORT).show();

	}

	public void onBorrarClick(View v) {

		if (sdAccesoEscritura) {

			if (rutaCompleta.delete())
				Log.i("SD", "Ficheiro borrado");
			else {
				Log.e("SD", "Problemas borrando o ficheiro");
				Toast.makeText(this, "Problemas borrando o ficheiro", Toast.LENGTH_SHORT).show();

			}
		} else
			Toast.makeText(this, "A tarxeta SD non está en modo acceso escritura", Toast.LENGTH_SHORT).show();
	}

	public void onListarClick(View v) {
		tv.setText("");

		if (sdDisponhible) {

			tv.append(dirFicheiroSD.getAbsolutePath() + "\nContido:");

			try {
				String[] files = dirFicheiroSD.list();

				for (int i = 0; i < files.length; i++) {
					File subdir = new File(dirFicheiroSD, "/" + files[i]);
					if (subdir.isDirectory())
						tv.append("\n  Subdirectorio: " + files[i]);
					else
						tv.append("\n  Ficheiro: " + files[i]);
				}
				Log.i("SD", "Listado realizado");

			} catch (Exception ex) {
				Log.e("SD", "Erro listando o directorio");
			}

		} else
			Toast.makeText(this, "A tarxeta SD non está dispoñible", Toast.LENGTH_SHORT).show();
	}

}
  • Liñas 22-26: Definición de atributos.
    • Liña 22: sdDisponhible: boolean que usaremos para antes de realizar calquera operación na SD card comprobar se está dispoñible.
    • Liña 23: sdAccesoEscritura: boolean que usaremos para antes de escribir na SD card comprobar se poida realizar esa operación.
    • Liña 24: dirFicheiroSD: imos usar esta variable para indicar para decidir se o ficheiro se vai crear na raíz da SD Card ou no directorio de aplicación na SD Card.
    • Liña 25: rutaCompleta: nesta variable teremos a ruta ao directorio concatenada co nome do ficheiro.


  • Comprobar estado da SD Card
    • Liña 28: chamamos ao método que comproba o estado da SD Card.
    • Liñas 50-58: comprobamos o estado
      • Liña 51: obtemos o estado da tarxeta.
      • Liña 54: comprobamos se a tarxeta está en modo escritura.
      • Liña 57: comprobamos se a tarxeta está accesible en modo lectura.


  • Determinar o directorio no que escribir/ler o ficheiro na SD Card.
    • Liña 27: chamamos ao método.
    • Liñas 61-69: definimos as rutas ao directorio e ao ficheiro.
      • Liña 64: //dirFicheiroSD = Environment.getExternalStorageDirectory(); devolvería a ruta da raíz da SD card:(/storage/sdcard)
      • Liña 65: dirFicheiroSD = getExternalFilesDir(null); devolve a ruta de files no directorio da aplicación na SD card (/storage/sdcard/Android/data/paquete_java/files).



  • Liñas 71-99: Escribir/Engadir no ficheiro
    • É basicamente igual ao proceso de Memoria Interna, salvo:
    • Liña 78: como imos usar un fluxo dos de Java imos indicarlle no construtor se o ficheiro se abre en modo escritura ou append a través dun boolean.
    • Liña 82: Comprobamos se a tarxeta SD está dispoñible en modo escritura, en caso contrario sacamos un Toast.
    • Liña 86: non dispomos dun método que nos permita abrir o ficheiro, con simplemente indicarlle o nome, por tanto usamos a clase FileOutputStream pasándolle a ruta completa ao ficheiro e se se abre en modo append ou non.


  • Liñas 101-124: Ler o ficheiro.
    • É basicamente igual ao proceso de Memoria Interna, salvo:
    • Liña 82: Comprobamos se a tarxeta SD está dispoñible (dá igual o modo), en caso contrario sacamos un Toast.
    • Liña 86: non dispomos dun método que nos permita abrir o ficheiro, con simplemente indicarlle o nome, por tanto usamos a clase FileInputStream pasándolle a ruta completa ao ficheiro.


  • Liñas 126-139: Borrar o ficheiro
    • A estas alturas o usuario xa debe ser quen de interpretar ese código, estudando as explicacións anteriores e a correspondente para Memoria Interna.


  • Liñas 141-166: Listar o contido dun directorio.
    • A estas alturas o usuario xa debe ser quen de interpretar ese código, estudando as explicacións anteriores e a correspondente para Memoria Interna.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).