ListView

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:53 28 jul 2015 de Angelfg (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Un ListView é unha view de que lle permite ao usuario seleccionar un elemento.
  • A diferencia dun Spinner unha lista amosa todos os seus elementos na pantalla.

Listview.png

  • A imaxe recolle un exemplo de lista, cada item pode conter un só dato, ou múltiples datos. O primeiro caso é o que se vai ver neste curso.



  • Ao igual que no Spinner usaremos unha fonte de datos (array estático, array dinñamico, recurso xml, etc) para enlazalo co adaptador e este co ListView.


Caso Práctico

  • Comezar creando o proxecto: U4_03_ListView


XML do Layout

  • Definimos no Layout unha vista de tipo ListView (Liñas 12-15).
<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical" >

    <TextView
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:text="Selecciona unha froita" />

    <ListView
        android:id="@+id/lv_froitas"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content" />

</LinearLayout>


O código Java da aplicación

  • A filosofía do código Java é moi semellante ao do Spinner.
package com.example.u4_03_listview;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.view.Menu;
import android.view.MenuItem;
import android.view.View;
import android.widget.AdapterView;
import android.widget.AdapterView.OnItemClickListener;
import android.widget.ArrayAdapter;
import android.widget.ListView;
import android.widget.TextView;
import android.widget.Toast;

public class U4_03_ListView extends Activity {

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u4_03__list_view);
		ListView lvFroitas = (ListView) findViewById(R.id.lv_froitas);

		//Fonte de datos
		String[] froitas = new String[] { "Pera", "Mazá", "Plátano" };

		//Enlace do adaptador coa fonte de datos	
		ArrayAdapter<String> adaptador = new ArrayAdapter<String>(this, android.R.layout.simple_list_item_1, froitas);

		//Enlace do adaptador co ListView
		lvFroitas.setAdapter(adaptador);

		//Escoitador
		lvFroitas.setOnItemClickListener(new OnItemClickListener() {

			@Override
			public void onItemClick(AdapterView<?> parent, View view, int position, long id) {
				// TODO Auto-generated method stub
				//Toast.makeText(getBaseContext(), "Seleccionaches: " + parent.getItemAtPosition(position), Toast.LENGTH_SHORT).show();
				Toast.makeText(getBaseContext(), "Seleccionaches: " + ((TextView) view).getText(), Toast.LENGTH_SHORT).show();

			}
		});
	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u4_03__list_view, menu);
		return true;
	}

}
  • Liña 24: Ao igual que no Spinner, creamos unha fonte de datos, neste caso cun array estático.
  • Liña 27: Do mesmo xeito creamos o adaptador
  • Liña 30: E finalmente, vinculamos o adaptador ao ListView
  • Liña 33: O Escoitador asociado ao ListView.
  • Liñas 38,39: Ao igual que no spinner, neste caso a vista que recibimos cando facemos click nun ítem da view é do tipo TextView.

ListView usando un recurso XML ou un array dinámico

  • Neste caso funciona igual que o visto no Spinner que fai uso dun adaptador.





-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).